29/3/16

Os nosos fondos audiovisuais: Naturaleza Salvaje

Entre os nosos fondos audiovisuais contamos coa colección Naturaleza Salvaje, da Editorial Océano, composta por 10 DVDs cos seguintes contidos:

     1. Drama en la sabana
     2. El nacimiento de Tinga
     3. Clanes y manadas
     4. El retorno de Duma
     5. Fuego
     6. Herencia salvaje
     7. La gran migración
     8. La muerte de Simba
     9. Hambre en la sabana
     10. Cachorros en libertad

No seu menú inicial, cada un deles ofrece varias posibilidades de visualización:
   - visionado continuo (El vídeo): 60 minutos de duración.
   - visionado por capítulos.
   - sinopse dos DVDs anteriores (La historia continúa...).
   - visionado con información adicional sobreimpresa (Información adicional)
   - índice alfabético dos animais que aparecen na colección (Guía de animales).



17/3/16

Entrega de agasallos do Concurso de Cartas de Amor e Amizade (EDNL) (II)


Tal como dixemos, velaquí deixamos a carta gañadora do Concurso de Cartas de Amor e Amizade, organizado polo Equipo de Dinamización e Normalización Lingüística.

A autora, como mencionamos na entrada anterior deste blog, é Marta León.

Querido eu:
Hai tempo que non sentamos a falar un a carón do outro: corpo e conciencia, dúas partes esenciais dun mesmo ser. Hai tempo que tratas de vivir sen min como se iso non implicase perderte a ti mesmo, por que?
Por que choras? Que te aflixe?
Ás veces sinto o teu medo e a túa dor mentres deslizas o coitelo sobre a pel. Coma un neno pequeno busca a protección da súa nai, ti, vello amigo, acodes ó breve alivio que che proporciona o filo. Pechas os ollos e foxes instantaneamente da realidade, mais os choros da túa nai, implorándote que vaias comer dende o outro lado da porta, devólvente aquí e agora.
Onde quedou aquel rapaz feliz, sempre capaz de facer fronte ás adversidades e que adicaba a súa vida a axudar aos demais por velos tamén sorrir? Que foi del? A túa familia estraña esas apertas sen motivo, aquelas cálidas e longas conversas onde o tempo semellaba deterse.
Recordas que día é hoxe?
Din que é o día dos namorados, o día do amor.
Canto hai que non te dás amor?
Érguete, veña, é hora. É hora de que comeces a aceptarte, de que mostres a túa fortaleza ó mundo. Érguete, hoxe é o día de saír da penumbra e volver en ti.
Mírate ó espello: velos cortes? Ves ese corpo desnutrido, case sen vida? É iso amor? É aceptación? Ou é acaso covardía?
Inda son quen de lembrar os teus ollos brillantes, alumeados polo desexo de vivir e acadar as túas metas. Loita, loita por quen amas e polos teus propósitos como un día fixeches. Valórate
e se íntegro a ti mesmo.
Simplemente... Ámate.

Entrega de agasallos do Concurso de Cartas de Amor e Amizade do ENDL (I)

O pasado venres día 11 tivo lugar na nosa Biblioteca a entrega do premio do Concurso de Cartas de Amor e Amizade, organizado polo Equipo de Dinamización e Normalización Lingüística do noso Centro.

A gañadora do concurso resultou ser Marta León, de 4º ESO, cunha carta cuxo texto publicaremos neste blog proximamente.

Polo de agora, deixámosvos unhas fotos do acto:




1/3/16

Novidades Marzo (II) / Novedades Marzo (II)

 LIBRO DEL MES
 
Tenemos aquí una de las obras más enigmáticas de su también enigmático autor. Arthur Gordon Pym embarca clandestinamente en un balllenero. En él tendrá una travesía extraordinaria, que culminará en una sobrecogedora revelación… para Pym y para los lectores.


Este fascículo, moi ben editado e ilustrado, constitúe un pequeno breviario para coñecer a historia da nosa lingua, con especial atención ós anos nos que careceu de recoñecemento oficial. E é misión nosa non deixar esmorecer este patrimonio.

Novidades Marzo (I) / Novedades Marzo (I)

 
 
 
 
O autor reúne neste volume cinco relatos sobre a fraxilidade humana e animal. De todos eles podemos extraer a ensinanza de que a violencia e a intolerancia se poden resistir por medios pacíficos e de que, asemade, o ser humano procura a felicidade, pase o que pase.





 
 
 
 La figura del emperador romano Claudio ha sido magistralmente novelada por Robert Graves. Esta novela histórica se centra en sus años de juventud. Todavía en vida de Augusto, Claudio tuvo que sobreponerse a sus defectos físicos y al desprecio de sus allegados.

29/2/16

Os nosos fondos audiovisuais: Reservas da Biosfera en España


Entre os fondos audiovisuais da nosa Biblioteca contamos cunha obra sobre as 36 reservas da biosfera que a UNESCO ten declaradas en España. Manexar este material constitúe un xeito útil de concienciarnos da necesidade de conservar o noso medio ambiente, comezando polo máis próximo.

Editada por Planeta, a obra consta de dous tomos de gran formato e dous DVDs, estes últimos con opción de audio en castelán e inglés.




25/2/16

Nanocontos premiados na 8ª Recollida (I) - Categoría B (3º & 4º ESO, Bacharelato, Ciclos e ESA)


1º PREMIO
-"¡Al fin se fue!"
-"¿Cómo estáis ahí abajo?"
-"Yo entre Anatomía y Vademecum. Bien aplastado. Soy un libro con patas adormecidas y tengo contracturada la tapa. Llamad al Cid. Me descuelgo. Que traiga el caballo. Necesito transporte, que el estante es largo. Que suba la Celestina. A ver si los lía y me dejan en paz. Como son de ciencias, se dan unos aires... Nada que ver con nosotros: creativos, originales, sensibles, imaginativos, inteligentes... Que venga también la Regenta, que tiene carácter".
-"¡Sshhhh! ¡Que vuelve el bibliotecario!"
-¿Has vuelto a escaparte? ¡¡¡Esta vez te meto en la vitrina con llave!!!"
Aldara Formoso Gómez (2º BAC)

2º PREMIO
O libro achegouse camiñando pola mesa. A luz do flexo alumeouno mentres se plantaba diante dos ollos dilatados e vermellos do mozo.
Preguntoulle pola súa vida, a súa ferrosa familia, os seus amigos de plástico, o seu soño de atopar a alguén que soubese chorar coma el, que soubese escribir e debuxar trazos de fume e café no ar.
Acordou entre suores, o cabalo xa galopaba polas súas veas.
María Romero Lago (4º ESO)