12/12/14

Unha "librárbore" no IES Fontexería

De cando en vez podemos escoitar que se teñen derrubado moitas árbores para elaborar papel, co que á súa vez se fan os libros.

Hoxe comprobamos que a circunstancia contraria tamén se dá: cos libros pódese construír unha árbore, aínda que as súas pólas, follas e froitos non sexan estritamente vexetais.

A nosa compañeira María Mansilla, do Departamento de Lingua e Literatura Galegas, tivo a idea; nela foi secundada por Gloria Bouzas (P.A.S.) e a nosa Vicedirectora e membro do Departamento de Inglés Adelina Rodríguez. Algúns dos libros, verdes case todos eles, proceden da nosa Biblioteca, como se pode apreciar polas etiquetas dos cantos.

Como debe ser ben sabido, o Nadal cristián toma máis dun elemento das relixións pagás: a extensión das novas crenzas contra o final do Imperio Romano e os inicios da Idade Media en Europa non foi quen de eliminar mitos e ritos de tradición secular entre a xente. Neste senso, parece que o ornato de árbores de folla perenne ten sido un costume de antigos exipcios, xudeos, e tamén dos pobos xermánicos de Escandinavia; e este hábito pretendía simbolizar e celebrar a perdurabilidade da vida na época do ano na que estamos: a do solsticio de inverno (a "morte e resurrección" do Sol, coa noite máis longa do ano), e a do final dun ano solar co inicio doutro.

E así aproveitamos tamén para desexarvos unhas boas vacacións (se entre tanta viaxe, comida e agasallo hai un tempiño para ler -e aproveitar a lectura-, non será tempo estragado).

Velaquí unhas fotos da "librárbore":





1/12/14

Novidades Decembro (II) / Novedades Diciembre (II)

LIBRO DEL MES

¿Conduce el capitalismo sin regulaciones indefectiblemente a la desigualdad? O, por lo menos, ¿lleva a la desigualdad extrema que supone el hecho de que el 1% de la población del planeta disfrute del mejor nivel de vida, frente al restante 99%? El premio Nobel de Economía Joseph E. Stiglitz así lo cree y argumenta en este libro.

Ás veces non coñecemos ben o que máis preto temos. Por iso, moitos galegos non saben demasiado da configuración do seu propio territorio. Este breviario dános unha concisa descrición do noso medio físico (relevo, clima, hidroloxía, xeomorfoloxía) e natural (pisos bioclimáticos, hábitats, paisaxe). Case obrigado.


Novidades Decembro (I) / Novedades Diciembre (I)

 

Os castros foron un tipo de poboamento característico do noroeste da Península Ibérica, que se documentan desde a Idade do Ferro e que perviviron mesmo logo da conquista romana. Este libriño axúdanos a coñecer onde están os principais restos castrexos de Galicia, e tamén nos achéganos ó modo de vida dos seus moradores.








Aunque la normativa del castellano está, en su conjunto, sólidamente fijada desde hace ya mucho tiempo, siempre surgen dudas: ortográficas, morfológicas, expresivas... Para ayudar a solucionarlas, la RAE y la Asociación de Academias de la Lengua Española han publicado esta útil herramienta, con la que desde ahora contamos.

24/11/14

Presentacións nos recreos: A Sala de Ámbar

Durante esta semana, nos recreos da nosa Biblioteca, proxectaremos unha presentación sobre a mundialmente famosa Sala de Ámbar.

Trátase dunha estancia dun pazo dos Tsares de Rusia que é un testemuño, tanto da habilidade duns artesáns, como da riqueza que chegaron a atesourar as monarquías europeas.

Aquí vola deixamos:


12/11/14

Convocatoria da 7ª Recollida de Nanocontos

Menos de 100 palabras. Unha historia.

Hai xa 7 cursos que definimos así un Nanoconto.

E velaquí a convocatoria deste ano (as datas de recollida van do 3 de novembro ata o 1 de decembro deste ano 2014):


ESCRIBIDE E PARTICIPADE!

4/11/14

Novidades Novembro (II) / Novedades Noviembre (II)

LIBRO DO MES


Para Calpurnia Tate a natureza é un mundo marabilloso que a súa curiosidade devece por explorar. A pesar de que a súa nai pretende que Calpurnia se convirta nunha rapaza da boa sociedade do Texas de 1899, ela combátea coa axuda do seu avó, con quen seguirá o camiño aberto polo gran biólogo e naturalista Charles Darwin.

Un arqueólogo francés llega a Estambul en 1838 para buscar un tesoro bizantino perdido. Allí es acogido por un Yashim Togalu, un detective eunuco, que además debe protegerlo. A los pocos días, el arqueólogo aparece asesinado, y Yashim se convierte en el principal sospechoso del crimen. Un clásico best-seller de intriga policial.

Novidades Novembro (I) / Novedades Noviembre (I)

 

Aphra Behn foi unha dramaturga que escribíu na chamada época da Restauración (s. XVII). A través das súas obras de teatro ergueu a voz para denunciar a inferioridade social e política da muller. Estas dúas comedias, ambientadas en Madrid e Nápoles respectivamente, son un bo exemplo do facer desta autora.








Los edificios en los que habitamos y que contemplamos son un reflejo de lo que poseemos, de lo que queremos mostrar (y de lo que deseamos ocultar), y también de nuestras ansias de felicidad. Desde esta perspectiva, Alain de Botton nos invita a conocer y analizar las construcciones que han marcado la historia de la Arquitectura.