26/4/16

We Celebrate Shakespeare

O vindeiro martes, no 2º recreo, e a proposta do Departamento de Inglés, parte do alumnado de 4º ESO vai realizar na nosa Biblioteca unha exposición divulgativa sobre a figura de William Shakespeare. Como seguramente xa sabedes, estes días está a conmemorarse o 400º aniversario da súa morte (xunto co da de Miguel de Cervantes).

Everybody is welcome!

Café Parisien (II)

Pois si: o Café Parisien foi un éxito de público. Quizais a expectativa dunha oportunidade de desenvolverse fóra da aula nunha lingua que se está a aprender, quizais as pastiñas que ofrecemos... Sexa como for, houbo que citar á metade dos asistentes para este vindeiro venres, e quedaron só os de 1º e 2º ESO que acudiron.

Cómpre dicir que a profesora que moderou o encontro, a nosa compañeira Carmen Vigo, fixo un labor importante poñendo orde na inquietude propia do alumnado desa idade. Os nosos parabéns para ela.

O máis importante: quedamos todos con ganas de repetir.

Vendredi prochain, à la Bibliothèque (CDI), on parle français!

Et voilà les photos!


10/4/16

Proxeccións nos recreos: o Cadrado Máxico de Alberto Durero

En 1514, o artista alemán Alberto Durero realizou un gravado coñecido co título de Melancolía.

Nel incluíu un cadrado dividido en celas, e cada unha das celas contén un número.

Se observamos con detemento os números incluídos nas celas, poderemos descubrir un curioso xogo matemático.

Durante estes días proxectaremos nos recreos unha presentación sobre este tema. Velaquí:



1/4/16

Novidades Abril (II) / Novedades Abril (II)

LIBRO DO MES
A última novela, ata o momento, de Agustín Fernández Paz narra a historia dun equipo de guionistas que recibe a encarga de escribir uns guións televisivos. Xúntanse nun solitario hostal, e unha tormenta de neve interrompe as comunicacións co exterior… e non dicimos máis.

La ciencia y la tecnología han avanzado gracias al empeño de ciertos seres humanos que querían ampliar nuestros límites. Este libro reúne las intuiciones y descubrimientos de doce grandes sabios, gracias a los cuales nuestra vida es hoy diferente.

Novidades Abril (I) / Novedades Abril (I)

Este pequeno volume conmemora os 25 anos de Gálix (Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil) con textos de diversos autores: Marilar Aleixandre, Xoán Babarro, Concha Blanco e outros danse cita nas súas páxinas e convídannos a deixar planear a nosa fantasía.

 
Este libro recoge un conjunto ilustrado de cuentos tradicionales de varias culturas del mundo. En él aparecen héroes, gigantes, dioses, diosas, monstruos, magia… Son relatos simplificados y resumidos, que pretenden introducir al lector en el universo de la Mitología.