15/4/18

Obradoiro de xornalismo na Biblioteca

O pasado mércores día 4, a Biblioteca prestou a súa colaboración para un obradoiro de xornalismo, organizado polo profesor Manuel Verdes Abella, dentro da materia de Habilidades de Comunicación Oral e Escrita, de 2º ESO.

O poñente, Luis Fraga Pombo (para saber cousas sobre el, velaquí o seu blog: elblogdeluisfraga) introduciu o alumnado no feito xornalístico, atendendo sobre todo ás actitudes necesarias para ser bos profesionais. O obradoiro desenvolveuse promovendo a participación directa dos rapaces, para quen supuxo unha experiencia novidosa e interesante, a xulgar polas expresións dos seus rostros e mais polo seu comportamento.

Deixamos aquí dúas fotografías como testemuño da actividade, agradecendo a Manuel Verdes que pensase na Biblioteca como o espazo máis axeitado para ela, e lembrando ós demais membros do profesorado que a Biblioteca está sempre aberta a iniciativas deste tipo.



No hay comentarios: