17/4/18

Presentacións nos recreos: Forges

O pasado 22 de febreiro morreu en Madrid unha das máis importantes figuras do humor gráfico español contemporáneo: Antonio Fraguas de Pablo, coñecido como Forges.

Na nosa Biblioteca queremos facerlle unha pequena homenaxe e, con tal motivo, proxectaremos unha presentación informativa sobre o seu labor, que inclúe unha ampla escolma das súas viñetas. Será durante os recreos desta segunda quincena do mes de abril

Quedades todos convidados a vir vela.


15/4/18

Obradoiro de xornalismo na Biblioteca

O pasado mércores día 4, a Biblioteca prestou a súa colaboración para un obradoiro de xornalismo, organizado polo profesor Manuel Verdes Abella, dentro da materia de Habilidades de Comunicación Oral e Escrita, de 2º ESO.

O poñente, Luis Fraga Pombo (para saber cousas sobre el, velaquí o seu blog: elblogdeluisfraga) introduciu o alumnado no feito xornalístico, atendendo sobre todo ás actitudes necesarias para ser bos profesionais. O obradoiro desenvolveuse promovendo a participación directa dos rapaces, para quen supuxo unha experiencia novidosa e interesante, a xulgar polas expresións dos seus rostros e mais polo seu comportamento.

Deixamos aquí dúas fotografías como testemuño da actividade, agradecendo a Manuel Verdes que pensase na Biblioteca como o espazo máis axeitado para ela, e lembrando ós demais membros do profesorado que a Biblioteca está sempre aberta a iniciativas deste tipo.



11/4/18

A Biblioteca na Semana Cultural

Cada ano, contra o final do segundo trimestre, o noso centro celebra a Semana Cultural.

Son uns días nos que se programan, a través da coordinación exercida pola Vicedirección do IES, abondas actividades educativas que pretenden formar o alumnado a partir dunha dinámica diferente á da actividade académica diaria.

Tamén, como cada ano, o Equipo de Biblioteca prestou a súa colaboración para adecuar o espazo da mesma a diversas actividades: proxeccións, charlas, obradoiros.

Aquí deixamos un par de fotografías sobre a preparación do espazo para estes eventos:



1/4/18

Novidades Abril (II) / Novedades Abril (II)

  LIBRO DO MES


O que nos acontece na infancia adoita marcarnos para a toda a vida. Se ademais temos unha capacidade imaxinativa e narrativa como a de Roald Dahl, pódenos saír un libro de relatos como este, que se le con pracer e pode deixar en nós, el tamén, unha fonda pegada.


No se puede negar que el título es sorprendente: el libro trata de acercarnos a un tema que, en principio, hace huir a mucha gente. A juzgar por su contenido, los autores lo han conseguido; como dice su subtítulo, “La ciencia más loca explicada de forma sencilla”.

Novidades Abril (I) / Novedades Abril (I)



O golfiño Espelido percorre os mares, océanos e as rías de Galicia, intentando chamar a atención dos humanos sobre a precaria situación da súa especie. Na súa viaxe topará con Carolina, unha rapaza que o tratará con agarimo, e que, xunto con el, aprenderá abondas cousas.







La guerra de Vietnam es, sin duda, una de las mayores tragedias de la segunda mitad del siglo XX. A través de su peripecia vital, Marcelino Truong nos da una visión del conflicto bastante diferente de la que estamos habituados a recibir, sobre todo a través del cine estadounidense.