O vindeiro xoves é día 8 de marzo, unha data sinalada no calendario como propicia para reivindicar o papel das mulleres na sociedade, que dista aínda moito de ser recoñecido ó mesmo nivel que os dos homes.
Con tal motivo, na nosa Biblioteca dedicaremos o día a unha actividade relacionada con esta celebración.
Durante toda a mañá faremos lecturas públicas extraídas dos cómics Valerosas 1 e Valerosas 2, de Pénélope Bagieu. Como complemento ás lecturas haberá comentarios e debates abertos aos asistentes que queiran participar.
No hay comentarios:
Publicar un comentario