Outro curso máis, coa sa intención de ofrecer un servizo axeitado, aquí estamos.
A nosa Biblioteca segue a ofrecer, na medida das súas posibilidades, recursos para todos os colectivos que integran a Comunidade Educativa do IES Fontexería.
- Un espazo dotado de varios puntos con acceso a internet (catro ordenadores de sobremesa, un portátil e dúas tablets), incluíndo un emisor wi-fi.
- Proxector e equipo de son 5.1.
- Disco duro externo activo de 1 TB.
- Dous lectores de libros electrónicos.
- Mesas para traballo en grupo e individual, con diferentes graos de aillamento a elección do usuario.
- Uns fondos que acollen máis de 15.000 títulos (libros e material audiovisual en formato dixital), entre os que se cobren moitos campos do saber humano. Case todos eles son susceptibles de ser emprestados (ata 3 títulos á vez durante 15 días). O préstamo está dispoñible para alumnos, profesores e familias.
- Un apartado na Aula Virtual do Centro no que se deposita todo o material que a Biblioteca difunde (ben elaborado pola propia Biblioteca, ben por outros Departamentos Didácticos). Serve tamén como memoria das actividades que se realizan nela.
En suma: un espazo abondo equipado para desenvolver labores lectivas,
preparar traballos ou, simplemente, ter uns momentos de lecer repousado.
Ó voso servizo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario