Entre os nosos fondos audiovisuais contamos coa Aula Interactiva de Ciencias da editorial Océano.
Consta de 10 DVDs (con audio en castelán, portugués e inglés), cada un dos cales funciona da seguinte maneira:
- Desde o menú principal accédese a cada un dos bloques principais nos que se estructura o DVD interactivo, e tamén a un xogo.
- Cada bloque divídese en tres seccións: Laboratorio de Traballo (acceso ós diferentes temas, cada un dos cales acompañado dun vídeo), Prácticas e Experiencias (desenvolve unha serie de preguntas con varias opcións de resposta), Ampliación (con informacións complementarias) e una sinopse de todos os temas tocados (reproduce o video de principio a fin)
- Desde cada bloque pódese acceder a calquera dos demais.
Os temas e contidos de cada DVD son os seguintes:
1. El átomo:
- Universo microscópico (modelos atómicos de Dalton, Rutherford e Bohr, modelo atómico moderno, radiactividade, datación...)
- Elementos químicos (táboa periódica, configuración electrónica do átomo...)
- Estrutura da materia (enlaces químicos, fórmulas químicas, ácidos, bases...)
- Xogo sobre os elementos químicos na táboa periódica
2. La luz y la energía:
- Electricidade (electricidade estática, corrente eléctrica, condutores, voltaxe, circuítos, resistencia...)
- Enerxía en movemento (ondas transversais, lonxitudinais, estacionarias, de reflexión, de refracción, de difracción, interferencias...)
- Luz visible e invisible (microondas, raios infravermellos, raios ultravioletas, luz reflectida, espellos, luz refractada, espellismos, prismas...)
- Xogo sobre os sons (identificar instrumentos musicais)
3. Las fuerzas de la materia:
- Calor e estados da materia (temperatura, enerxía térmica, sólidos, líquidos, gases, plasma, calor de fusión, calor de vaporización, conducción, convección...)
- O movemento e as tres leis de Newton (movemento, velocidade, inercia de Newton, aceleración, forza, gravedade, proxectís...)
- Forza e traballo (forzas mecánicas, forzas electromagnéticas, forza nuclear, presión, traballo, enerxía cinética, enerxía potencial, máquinas...)
- Xogo sobre os xeitos de transformarse a enerxía
4. La célula:
- Compoñentes básicos da vida (organismos vivos, células eucariotas e procariotas, núcleo, citoplasma, vacuolas, cloroplastos, fotosíntese...)
- O mapa da vida (ADN, xens e cromosomas, mitose, meiose, diagrama de Punnett, enxeñería xenética...)
- Xogo sobre as partes da célula
5. La biodiversidad:
- Os seres vivos (do simple ó complexo, os cinco reinos)
- Clasificación (o reino Monera, o reino Protista, o reino Fungi, o reino Plantae, plantas non vasculares e vasculares, ximnospermas, anxiospermas...)
- Xogo sobre a diversidade da Natureza
6. El cuerpo humano:
- O noso corpo (a pel, o sistema muscular, o esqueleto, o sangue, o sistema linfático, o sistema urinario, o aparello circulatorio, o sistema nervioso...)
- Os pilares do corpo humano (a función do esqueleto, o movemento, a protección, o almacenamento, a formación das células sanguíneas, ósos e cartílagos...)
- Xogo sobre o corpo humano
7. La Naturaleza:
- O ciclo do nitróxeno e o ciclo do carbono
- O ciclo da vida (comunidades, nutrintes, o Sol, produtores e consumidores, saprófitos e descompoñedores, poboacións, competencia...)
- Xogo sobre a cadea alimentaria
8. Los ecosistemas:
- Os biomas (requerimentos para a vida, clima e altitude, clima e latitude, tundra, bosque boreal, bosque caducifolio, bosque chuvioso, deserto...)
- A vida e o seu entorno (as redes tróficas, o fluxo de enerxía, os ciclos químicos, as relacións entre seres vivos...)
- Xogo sobre ecosistemas e tipos de fauna
9. La Tierra:
- As idades da Terra (o Precámbrico, a era Paleozoica, o Ordovícico, o Silúrico, o Devónico, o Carbonífero, o Pérmico, a era Mesozoica, o Triásico, o Xurásico, a era Cenozoica)
- Continentes e montañas (xeoloxía, montañas, volcáns e terremotos)
- Os océanos (a profundidade dos océanos, correntes oceánicas, xeoloxía do solo mariño, arrecifes de coral, charcas de marea...)
- Xogo: cando apareceron?
10. El Universo:
- Un mundo sen límites (as galaxias, os cuásares, materia interestelar e nebulosas, o Sol, as outras estrelas, supernovas, estrelas de neutróns e furados negros)
- O Sistema Solar (planetas interiores e exteriores, asteroides, satélites)
- Xogo sobre o Sistema Solar
No hay comentarios:
Publicar un comentario