12/12/16

Recomendacións para as vacacións de inverno

Están xa preto as vacacións de inverno deste curso 2016-17 e, como cada ano por estas datas, facemos desde aquí unhas recomendacións de lectura, pois sempre o tempo de lecer nos dá oportunidade para descubrir novas historias e ideas a través dos libros.

Aquí volas deixamos, desexándovos, ademais, que teñades uns días ben ledos e unha venturosa entrada no ano 2017.

8/12/16

Formación de usuarios (II)

O pasado venres día 2 levamos a cabo na nosa Biblioteca a segunda actividade deste curso orientada á formación de usuarios.

O alumnado de 1º ESO B recibiu información sobre o xeito como está organizada a Biblioteca, a maneira correcta de comportarse nela, e o sistema de préstamo. Despois da explicación inicial, levamos a cabo un pequeno exercicio de busca de títulos nos andeis.

Dirixiron a actividade a profesora Manuela Carballude Blanco (titora de 1º ESO B) e Alfonso Blanco Quintela (Coordinador do Equipo de Biblioteca).

Aquí vos deixamos un arquivo que recolle algunhas das fotografías que tiramos durante a experiencia.


1/12/16

Novidades Decembro (II) / Novedades Diciembre (II)

LIBRO DO MES
A mestría de Rafael Dieste no relato curto queda patente neste clásico da literatura galega, que en 2016 cumpre 90 anos. Os vinte contos que conforman o volume están cheos de encanto e poesía, ademais de ter un título común dun atractivo innegable. Non se pode non ler.




Paco Roca, uno de los nombres indispensables del cómic español actual, se acerca a la Guerra Civil. De la mano del dibujante y guionista conocemos la azarosa vida de Miguel, un combatiente republicano que abandonó España pero que no dejó de luchar.




Novidades Decembro (I) / Novedades Diciembre (I)



O de Viladonga é un dos castros mellor coñecidos e traballados pola arqueoloxía, e é unha importante fonte de coñecemento sobre a vida dos habitantes da antiga Gallaecia. Esta obra pasa revista ós resultados da investigación sobre o castro, e que se expoñen no seu museo.



 

Estamos rodeados de símbolos. Y eso es así porque el ser humano siempre ha querido plasmar su realidad, sus emociones y los procesos de su mente a través de representaciones visuales. Este libro analiza esta expresión humana, que comienza ya con las pinturas rupestres.

13/11/16

Presentacións nos recreos: Agustín Fernández Paz

En homenaxe a Agustín Fernández Paz, recentemente falecido, a nosa Biblioteca proxectará, durante os recreos desta quincena, unha presentación de elaboración propia sobre a súa figura e a súa obra.

Ademais, expoñeremos en lugar preferente algúns títulos deste autor cos que contamos entre os nosos fondos.

Quedades todos convidados a vir vela. Velaquí:


3/11/16

Convocatoria da 9ª Recollida de Nanocontos

Un ano máis (e xa van 9) desde a Biblioteca convocamos este concurso de relato breve. Velaquí as bases:



2/11/16

Novidades Novembro (II) / Novedades Noviembre (II)

LIBRO DEL MES


A los 22 años, Charles Darwin inició el viaje que dio lugar a la teoría evolutiva, la cual cambiaría el modo como el ser humano contempla el planeta. En este libro se narra esa travesía, centrada en tres hombres: el propio Darwin, el capitán del barco, y un indígena de Tierra del Fuego.

Claro José Sendón Lamela era anarquista, e era de Louro. Pepe Sendón acomete neste libro o relato da biografía dunha persoa que dedicou a súa curta vida (40 anos), case desde a infancia, á defensa e difusión dos ideais libertarios, cousa que fixo de viva voz e por escrito.


Novidades Novembro (I) / Novedades Noviembre (I)




Aunque en nuestra sociedad ha habido avances en la equiparación de derechos de la mujer respecto al hombre, aún queda mucho camino por recorrer. Este comic nos cuenta la historia de una mujer que decide pasar al activismo, harta de verse sometida al machismo que la rodea.





Os seres humanos estamos cheos de emocións e sentimentos. A adolescencia adoita ser un período no que esas sensacións se amorean dentro de nós sen que, moitas veces, saibamos como xestionalas. Quizais este pequeno manual nos sirva de axuda.

27/10/16

Os nosos fondos: un atlas do corpo humano


Entre os nosos fondos audiovisuais contamos con tres exemplares en DVD do Gran Atlas del Cuerpo Humano, editado por Planeta (contamos tamén cun tomo de gran formato que amplía os contidos do DVD).



O DVD consta dos seguintes elementos:

- El Cuerpo Humano: Dentro del, a sección El cuerpo humano en su conjunto informa dos principios que rexen o funcionamento do noso organismo, atendendo ás características xerais do corpo humano e á súa estrutura material; por outra banda, o apartado Estructura interna del cuerpo humano aborda temas máis específicos (estrutura e reprodución das células, a función dos cromosomas, o ADN, etc.).

- El Cuerpo Humano Interactivo: Neste sector do DVD realízase un percorrido por toda a xeografía anatómica, a través dos catorce sistemas principais que compoñen o noso corpo, facilitando unha exploración versátil cada zona do organismo.

- Zona de Juegos: Consta de dous módulos, titulados El constructor e El juego de la mente. No primeiro deles aplícanse de xeito lúdico os contidos do Atlas (consiste en colocar correctamente determinadas partes do noso organismo); o segundo propón unha serie de preguntas e respostas tipo test, con tres niveles de complexidade.

- Buscador: Permítenos localizar alfabeticamente as diferentes partes que compoñen o noso corpo para coñecer as súas definicións e acceder ás láminas nas que aparecen.

26/10/16

Formación de usuarios (I)

Onte levamos a cabo na nosa Biblioteca a primeira actividade deste curso orientada á formación de usuarios.

O alumnado de 1º ESO A recibiu información sobre o xeito como está organizada a Biblioteca, a maneira correcta de comportarse nela, e o sistema de préstamo. Despois da explicación inicial, levamos a cabo un pequeno exercicio de busca de títulos nos andeis.

Dirixiron a actividade os profesores Ramón X. Beltrán Carballeira (titor de 1º ESO A e membro do Equipo de Biblioteca) e Alfonso Blanco Quintela (Coordinador do Equipo de Biblioteca).

Aquí vos deixamos un arquivo que recolle algunhas das fotografías que tiramos durante a experiencia (que proximamente repetiremos cos rapaces de 1º ESO B).


10/10/16

Presentacións nos recreos: Que cousas!

Durante esta semana e a vindeira, nos recreos da nosa Biblioteca, proxectaremos unha presentación de elaboración propia sobre varios feitos curiosos do ámbito da ciencia, a natureza, a arte e outros. Como fondo, soará a canción La vie en rose, por Edith Piaf.

Quedades todos convidados a vir.

Aquí a deixamos, para quen lle interese ollala e/ou compartila:

2/10/16

Novidades Outubro (I) / Novedades Octubre (I)

Neste  libriño cóntase o proceso de rehabilitación do popularmente coñecido como “Muíño do Cachón”, que, xunto co espazo circundante, a finais da década de 1980 precisaba unha intervención urxente, e que se acometeu a partir de 1990.

 



La doctora forense Kay Scarpetta se enfrenta en esta novela a una situación personal llena de desasosiego (ha muerto su amante y su último caso aún está abierto), y también a una serie de asesinatos relacionados con una conspiración y un entramado oculto de intereses económicos.



 

1/10/16

Novidades Outubro (II) / Novedades Octubre (II)

LIBRO DO MES
Esta é unha das novelas fundamentais do s. XIX: a historia dun orfo abandonado nun hospicio e empurrado logo, por circunstancias, a unha vida nada desexable para un neno. Un relato sobre a opresión social e a dominación do home polo home, escrita con pulo e mestría.




Cada una de estas dos películas es un hito del arte cinematográfico, sobre todo en su versión más orientada al gran público. Los chirridos del violín de la escena de la ducha de Psicosis y los sables-láser están, desde hace mucho tiempo, insertados en nuestra cultura popular.

28/9/16

Carnés listos!

Como anunciamos no taboleiro de novas que está a carón da entrada da nosa Biblioteca, xa están dispoñibles os carnés para os usuarios que son novos no Centro, e pódense vir recoller á propia Biblioteca. Os dos cursos anteriores seguen vixentes.

Aínda que non son indispensables para formalizar o préstamo de fondos, a nós facilítannos o labor, polo que agradeceriamos que os empreguedes.

Graciñas.


26/9/16

Inicio do Curso 2016-17

Outro curso máis, coa sa intención de ofrecer un servizo axeitado, aquí estamos.

A nosa Biblioteca segue a ofrecer, na medida das súas posibilidades, recursos para todos os colectivos que integran a Comunidade Educativa do IES Fontexería.

- Un espazo dotado de varios puntos con acceso a internet (catro ordenadores de sobremesa, un portátil e dúas tablets), incluíndo un emisor wi-fi.

- Proxector e equipo de son 5.1.

- Disco duro externo activo de 1 TB.

- Dous lectores de libros electrónicos.

- Mesas para traballo en grupo e individual, con diferentes graos de aillamento a elección do usuario.

- Uns fondos que acollen máis de 15.000 títulos (libros e material audiovisual en formato dixital), entre os que se cobren moitos campos do saber humano. Case todos eles son susceptibles de ser emprestados (ata 3 títulos á vez durante 15 días). O préstamo está dispoñible para alumnos, profesores e familias.

- Un apartado na Aula Virtual do Centro no que se deposita todo o material que a Biblioteca difunde (ben elaborado pola propia Biblioteca, ben por outros Departamentos Didácticos). Serve tamén como memoria das actividades que se realizan nela.

En suma: un espazo abondo equipado para desenvolver labores lectivas, preparar traballos ou, simplemente, ter uns momentos de lecer repousado.

Ó voso servizo.




13/6/16

Recomendacións de lectura para o verán

Están próximas as vacacións de verán, un tempo moi desexado, e por moitas razóns.

Unha delas quizais sexa a de que nos proporciona tempo para ler.

Por iso nos permitimos facervos as seguintes propostas, escollidas de entre os fondos da nosa Biblioteca:






Desde este blog despedímonos ata o inicio do vindeiro curso, desexándovos que teñades un pracenteiro tempo de lecer.

3/6/16

Doazón de libros

Fermoso agasallo o que acabamos de recibir do noso compañeiro Juan Díaz, que nos achega 38 volumes da colección que a editorial Molino dedicou, hai xa bastantes anos, á famosa escritora británica Agatha Christie.

Acollemos esta intrigante doazón con ledicia, cun sentido agradecemento a Juan, a quen lle desexamos moita sorte no seu novo destino.


1/6/16

Novidades Xuño (II) / Novedades Junio (II)

LIBRO DEL MES

A través de recetas gastronómicas, Laura Esquivel cocina una narración en la que una fuerte pasión amorosa mueve los destinos de los personajes de esta novela. El estilo de la autora se aproxima, por momentos, al realismo mágico típico de algunos narradores hispanoamericanos.


A lírica dos trobadores medievais galego-portugueses é unha xoia literaria. Esta edición céntrase nos poemas que teñen o mar por eixo temático ou fondo paisaxístico. Xunto ó texto orixinal, inclúense versión en galego actual, unha introdución e biografías dos autores.

Novidades Xuño (I) / Novedades Junio (I)


O Pórtico da Gloria da Catedral de Santiago de Compostela é unha das maiores obras de arte do patrimonio galego. Neste libriño podemos aprender como foi elaborado, cales son os seus rasgos artísticos de estilo, e tamén como interpretar as figuras que nel aparecen. Para non perder.


 


Entre 2014 y 2018 el mundo conmemora el 100º aniversario de la primera contienda que tuvo carácter plenamente global. Estudiar nuestro pasado bélico puede ayudarnos a comprender las causas de los conflictos y así, con buena voluntad, evitar que se reproduzcan.

8/5/16

Día das Letras Galegas 2016: Manuel María

A nosa Biblioteca súmase ás homenaxes que neste mes se están a facer ó poeta Manuel María, a quen se dedica o Día das Letras Galegas deste ano 2016.

E contribuímos cunha presentación que nos informa sobre a figura deste sobranceiro defensor da lingua, a literatura e a cultura galegas. Proxectarémola nos recreos desta semana e tamén nos da vindeira.

Aquí a deixamos:



2/5/16

Novidades Maio (II) / Novedades Mayo (II)


LIBRO DO MES

 
 Terra Chá é a colección de poemas máis coñecida de Manuel María. Publicado por primeira vez en 1954, recolle máis de 50 composicións, cuxo eixo temático é a evocación da terra natal do poeta, a comarca da Terra Chá, no interior do norte da provincia de Lugo.







Mientras pinta tres de sus cuadros más conocidos, Goya hace un repaso de su vida. Desde esta perspectiva, Vicente Muñoz Puelles compone un relato que nos sirve para transportarnos a la España de Carlos IV, de la invasión francesa y la Guerra de la Independencia.

Novidades Maio (I) / Novedades Mayo (I)



 


Cando miramos ó noso arredor, é doado decatármonos do papel que xogan na nosa vida as nosas tecnoloxías. Mais, para o noso equilibrio psicolóxico, non debemos deixar que nos dominen. Este libro axúdanos a identificar os hábitos que poden desembocar en adicción.


 





Mucho nos falta conocer del Mundo Antiguo pero, al mismo tiempo, no es poco lo que sabemos. Este libro, ricamente ilustrado, nos pone al día de cuánto hay de verdad y cuánto de ficción en ciertas ideas sobre aquella época: el rey Arturo, la Atlántida, las pirámides de Egipto...