Recuperando un (cremos que san) costume dos últimos anos, comezamos esta semana coas proxeccións temáticas durante os recreos na nosa Biblioteca.
Nesta ocasión compartimos con todos vós unha presentación elaborada polo Departamento de Latín na que se explica a orixe etimolóxica dalgúns topónimos dos concellos de Muros e Carnota. Poderá verse (ademais de neste blog) nos recreos desta semana e máis da vindeira.
Aproveitamos esta primeira proxección do curso para convidar a calquera membro da nosa Comunidade Educativa (profesores, alumnos, PAS, familias) a que nos fagan as súas achegas: poden ser traballos elaborados para as materias ou carpetas con fotografías, por poñer dous exemplos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario