O cine leva máis de 100 anos acompañándonos. Durante ese tempo foi formando parte esencial do que comunmente chamamos "cultura popular" ou "cultura de masas".
O cine, ademais de arte, é unha industria, e ningún lugar entendeu esta dualidade como os EE.UU. e, dentro deles, Hollywood. Desde moi cedo, os productores de películas entenderon que os actores debían ser o principal reclamo para o público.
Nós tamén queremos atraer a un público con fame de coñecemento, e temos que recoñecer que o cine non ocupou ata agora o lugar que merecía nos nosos obxectos de atención. Así, comezamos con dúas pequenas montaxes nas que se repasan un eito de rostros coñecidos da grande pantalla: caras de homes e mulleres que están na memoria de moitas persoas.
Nos recreos desta semana teremos ós homes, mentres as mulleres virán a vindeira:
No hay comentarios:
Publicar un comentario