10/12/15

Recomendacións de lectura para as vacacións de inverno

Están xa preto as desexadas vacacións de inverno, que esperamos que vos sexan de proveito. Tamén vos desexamos un feliz ano 2016.

Son 19 días.

Desde a Biblioteca facémosvos unha serie de propostas librarias por se neses 19 días atopades algún intre para ler.

Velaquí:



9/12/15

Concienciar da diversidade: a cegueira

O pasado venres día 4 a Biblioteca acolleu unha actividade organizada polo Departamento de Orientación, en colaboración coa propia Biblioteca.

Recibimos a agradable visita da psicóloga Mª Emma Mayo Pais, quen explicou ós alumnos de 1º da ESO as particularidades da vida cotiá das persoas cegas: como se orientan, como escriben, como empregan os dispositivos móbiles e informáticos...

O alumnado recibiu as súas explicacións con moito interese e curiosidade.

Ademais, Emma deixou de agasallo na Biblioteca varios exemplares de alfabetos braille, e tamén un caderno dos que empregan as persoas cegas para tomar notas rápidas (pautas).

Aquí deixamos o noso agradecemento a Emma, Susana Blanco (Dpto. de Orientación), Ramón Beltrán e Manuela Carballude (titores de 1º ESO).

Tamén incluímos unhas poucas fotografías da actividade:


3/12/15

A nosa homenaxe a Xosé Neira Vilas

Como é ben sabido, o pasado día 27 de novembro faleceu Xosé Neira Vilas, escritor e persoa comprometida ao 100%  coa defensa da lingua e a cultura galegas.

Na nosa Biblioteca queremos sumarnos ás homenaxes que se lle están facendo en toda Galicia, e facémolo mediante dúas pequenas aportacións (unha delas de prestado):

 

 - Na mesa da entrada temos expostos varios exemplares de obras de Neira Vilas, entre eles unha 6ª edición de Memorias dun neno labrego (1976), que presenta a cuberta elaborada por Luis Seoane para a primeira edición (de 1961).



 

- Durante os recreos ven soando, xa desde hoxe á mañá, un podcast do programa de radio escolar que elaboraron as nosas compañeiras do Equipo de Biblioteca do IES Lamas de Castelo (Carnota), en colaboración cos alumnos de PDC de 4º ESO e outro persoal do Centro. Podedes escoitar este programa tamén aquí.





ATA SEMPRE, DON XOSÉ: QUEDA CONNOSCO A SÚA OBRA E A SÚA PERSONALIDADE

1/12/15

Novidades Decembro (II) / Novedades Diciembre (II)

 LIBRO DO MES

Con esta a súa primeira novela, Elena Gallego Abad inauguraba a súa, xa de moita sona, triloxía de Dragal. Unha historia de intriga e fantasía na que os adolescentes Hadrián e Mónica vivirán unha aventura que os levará moitos séculos atrás. E só é a primeira parte.

En este libro, ilustrado con más de 550 fotografías, se pasa revista a los yacimientos arqueológicos y tesoros culturales más importantes del mundo. Incluye además una introducción sobre las principales técnicas arqueológicas. Un pequeño tesoro para los aficionados al tema.

Novidades Decembro (I) / Novedades Diciembre (I)

É este un pequeno pero moi interesante folleto sobre os castros da provincia de Lugo, elaborado polo Museo do Castro de Viladonga. Inclúe as localizacións dos castros e unha breve descrición sobre as súas características. Ideal para unha primeira toma de contacto.





César Mallorquí es un consumado autor de literatura fantástica, que en 1999 recibió el premio Gran Angular con esta narración sobre un artesano que participa en la construcción de una catedral en la Bretaña francesa. Los trabajos se verán afectados por una serie de extraños crímenes...

24/11/15

A Biblioteca na Aula Virtual (actualización)

http://www.edu.xunta.es/centros/iesfontexeria/aulavirtual/course/category.php?id=28


Estes días vimos de rematar a actualización dos cursos que temos en funcionamento dentro do espazo do que dispoñemos na Aula Virtual do Centro.

Están todos a disposición de quen queira facer (bo) uso deles.

O titulado Actividades constitúe, ó seu xeito, unha memoria das iniciativas que poñemos en marcha desde a Biblioteca, ou das que a mesma se fai eco. Está estructurado por cursos académicos, comezando no 2008-09 e chegando ata o presente.

No chamado Presentacións Audiovisuais ubicamos todos os materiais dese tipo que a Biblioteca difunde e fai públicos a través de actividades e proxeccións nos recreos. Inclúense os elaborados polos membros do Equipo de Biblioteca ó longo destes últimos anos, así como por outros compañeiros do Centro e, como non, polos nosos alumnos. Está organizado por áreas de coñecemento.

Se queredes acceder á páxina que vos dá acceso ós dous cursos, premede aquí.

Queda tamén unha ligazón permanente na lista de enlaces que aparece á dereita desta páxina.

23/11/15

Os nosos fondos audiovisuais: Grandes enigmas da Humanidade






A colección Grandes Enigmas de la Humanidad, da editorial Océano, ofrece 10 DVDs sobre senllos enigmas ou misterios que teñen intrigado ó ser humano desde hai bastante tempo.

Cada DVD contén un documental de aproximadamente 50 minutos de duración. Estes son os títulos:

     1. El Triángulo de las Bermudas

     2. La Atlántida: el continente perdido

     3. Milagros de la Fe (o creaciones de la Química)

     4. Zombis: enterrados vivos

     5. Monumentos misteriosos

     6. El Rey Arturo

     7. Los monstruos de los lagos

     8. Reencarnación: vidas antes de la vida

     9. Vida extraterrestre

     10. La hipnosis: el poder de la sugestión


20/11/15

A Relatividade rula!




O pasado mércores tivemos na Biblioteca a agradable visita dos alumnos de 2º curso do Ciclo de Instalacións Eléctricas e Automáticas, que viñeron acompañados dos seus profesores Ramón González e Juan Díaz. Viñan ver a exposición que organizamos sobre os 100 anos da publicación da Teoría da Relatividade Xeral.

Botaron unha ollada ós libros da exposición e vimos dous documentais sobre Albert Einstein e a Relatividade:
     - un está incluído no DVD nº 6 da colección Grandes genios e inventos de la Humanidad, de editorial Océano, que se conta entre os fondos da Biblioteca.
     - o outro pódese atopar en Youtube: trátase dunha curtametraxe animada sobre o tema, e que deixamos aquí:





Ó remate das proxeccións, o profesor Ramón González respondeu a algunhas dúbidas que os rapaces manifestaron arredor do tema.

Por outra banda, recibimos con ledicia a nova de que a Biblioteca  do IES Ramón Mª Aller Ulloa (Lalín) está a celebrar tamén o centenario da Teoría da Relatividade, e que están a proxectar a presentación que preparamos na nosa Biblioteca, e que estamos a exhibir durante os recreos.



16/11/15

Exposición temática: 100 anos da Teoría da Relatividade Xeral

Durante esta semana e a vindeira, a nosa Biblioteca conmemora o centenario da publicación, por parte de Albert Einstein, da Teoría da Relatividade Xeral.

Por unha banda, proxectaremos nos recreos unha presentación divulgativa sobre este fito da Ciencia (e que podedes ver máis abaixo nesta mesma entrada)

Ademais, exporemos na mesa da entrada unha serie de libros sobre o tema, tomados de entre os nosos fondos (e que podedes ver na fotografía de embaixo).

Ademais, no monitor con DVD integrado que temos, estará en reprodución continua un documental sobre Albert Einstein e as súas aportacións científicas.

Quedades todos convidados a pasar pola Biblioteca.




9/11/15

Os nosos fondos audiovisuais: Xenios e inventos da Humanidade

A serie Genios e Inventos de la Humanidad, da editorial Océano, ofrece un eito de documentais sobre o tema, recollidos en 10 DVDs.

Cada un deles inclúe catro curtametraxes de 15 minutos. Estes son os seus contidos:

     - DVD 1:
          a. La draisina de KARL FRIEDRICH DRAIS
          b. ALFRED NOBEL y la dinamita
          c. KARL BENZ, GOTTLIEB DAIMLER y el automóvil
          d. El avión de los hermanos WRIGHT

     - DVD 2:
          a. JOHANNES GUTEMBERG y la imprenta
          b. LOUIS BRAILLE y la escritura para invidentes
          c. CHARLES BABBAGE, KONRAD ZUSE y el ordenador
          d. SIR TIMOTHY BERNERS-LEE y la World Wide Web 

     - DVD 3:
          a. LAS CÉLULAS: elemento constitutivo de la vida
          b. El átomo: JOHN DALTON y NIELS BOHR
          c. Moléculas de la vida: EMIL FISCHER y la proteína
          d. Las células nerviosas: SANTIAGO RAMÓN Y CAJAL

     - DVD 4:
          a. LEONARDO DA VINCI y la antomía
          b. LOUIS PASTEUR, ROBERT KOCH y la bacteriología
          c. El cáncer: KARL HEINRICH BAUER
          d. ALEXANDER FLEMING, HOWARD FLOREY, ERNST BORIS CHAIN y la penicilina

     - DVD 5:
          a. LAS PIRÁMIDES de los faraones
          b. BENJAMIN FRANKLIN y la corriente del Océano
          c. EMIL WIECHERT y el sismógrafo
          d. KARL FRIEDRICH GAUSS y el magnetismo de la Tierra

     - DVD 6:
          a. La concepción del mundo de NICOLÁS COPÉRNICO
          b. GALILEO GALILEI: la investigación de la Vía Láctea
          c. ISAAC NEWTON y la gravedad
          d. ALBERT EINSTEIN: E = mc2

     - DVD 7:
          a.  HEINRICH HERTZ y las ondas electromagnéticas
          b. LOS RAYOS X
          c. Radioactividad: HENRI BECQUEREL
          d. MARIE y PIERRE CURIE, OTTO HAHN y la fisión nuclear

     - DVD 8:
          a. La fotografía de LOUIS DAGUERRE
          b. El fonógrafo de THOMAS ALVA EDISON
          c. El cinematógrado de los HERMANOS LUMIÈRE
          d. NIPKOW, BAIRD, ZWORYKIN y la invención de la televisión

     - DVD 9:
          a. SAMUEL MORSE y el telégrafo
          b. El teléfono de ALEXANDER GRAHAM BELL
          c. La bombilla de THOMAS EDISON
          d. GUGLIELMO MARCONI y la radiotelegrafía

     - DVD 10:
          a. HERMAN OBERTH, WERNHER VON BRAUN y el cohete
          b. ROBERT WATSON-WATT y el radar
          c. TOWNES, SCHAWLOW, MAIMAN y la técnica láser
          d. SERGUÉI KOROLIOV y el primer satélite en el espacio


 






6/11/15

8ª Recollida de Nanocontos

Chegou novembro.

Chegou o momento de convocar a 8ª Recollida de Nanocontos.

(Nanoconto: Relato de 100 palabras ou menos).

Velaquí as bases deste concurso:



4/11/15

O catálogo da nosa Biblioteca en Internet

Deixamos aquí un pequeno vídeo que elaboramos no que explicamos o xeito de consultar o noso catálogo de fondos desde calquera punto do planeta con acceso á rede Internet.


3/11/15

Novidades novembro (II) / Novedades noviembre (II)

LIBRO DEL MES
Una novela de intriga de un autor que convirtió el misterio en una forma de vida. Poco se sabe de Albert Boissière, pero no importa: interesan sus obras, y sobre todo El hombre sin cara, que es un ejemplo de cómo se pueden mezclar los géneros policíaco y de ciencia-ficción.


Faltaba na nosa Biblioteca un atlas histórico de Galicia. O Departamento de Filosofía vén de facernos a achega de esta obra elaborada por profesores da Facultade de Xeografía e Historia da USC. Resulta útil para botar unha ollada de conxunto á nosa Historia.

Novidades novembro (I) / Novedades noviembre (I)

 
 
 
Este poemario é unha reivindicación ca cultura bretona, que ata hai pouco tempo sufriu en Francia un inxusto menosprezo. Esta edición ten ademais un valor histórico engadido, pois foi publicada en galego en 1978 por Edicións do Rueiro, editora xa desaparecida.
 


Sodio, Potasio, Francio, Magnesio… Este libro constituye un útil breviario sobre los 50 elementos químicos más importantes. A cada uno se le dedican dos páginas, poco más de 300 palabras y una ilustración. Sin duda, una herramienta rápida para un aprendizaje elemental.
 


21/10/15

Os nosos fondos audiovisuais: Os grandes descubrimentos

Entre os fondos da nosa Biblioteca contamos con, coidamos, interesantes recursos que combinan o tomo tradicional e o material audiovisual.

A colección Los grandes descubrimientos, da Editorial Planeta, é un exemplo.



Componse dos seguintes elementos:

      - 6 tomos, cos seguintes títulos:
        1. El tiempo
          2. & 3. La tierra y los mares (I & II)
          4. La naturaleza
          5. & 6. La sociedad (I & II)

       - 24 DVDs, que conteñen cada un deles dous documentais de arredor de 30 min. de duración, con audio dispoñible en galego, castelán, catalán e euskera. Divídense en 4 bloques temáticos:
          1. Epopeias do home, que contén:
              a. Descubrir a cidade: A cidade - Troia
              b. As primeiras expedicións: O comercio - A civilización
              c. Mundos perdidos: Os indios Pueblo - Os cabaleiros templarios
              d. Descubrimentos precolombinos: Secretos do Imperio Azteca - Os Maia
              e. Cidades secretas: A cidade perdida dos incas - A Cidade Prohibida
              f. Odiseas do home: Os exploradores vikingos - Exploracións españolas en México
              g. Descubrir a civilización: Grecia, berce do saber - A Atlántida
              h. As Sete Marabillas: Pirámides e deuses gregos - Grandes obras de enxeñería 

          2. Grandes descubridores, que contén:
             a. Entre a terra e o ceo: Cartografía - Observatorios
             b. Astronomía e aeronáutica: A estación espacial - Globos aerostáticos
             c. A conquista do mar: Barcos - Somerxibles
             d. Da roda ó rotor: A roda - Helicópteros e o autoxiro de De La Cierva
             e. Grandes inventos I: Inventos antigos - Inventos de guerra na vida civil
              f. Grandes inventos II: O vidro - O motor
              g. Ferramentas cotiás: O reloxio - Machados, espadas e coitelos
              h. Imáns e plásticos: Aplicacións dos imáns - A revolución do plástico

          3. Evolución dos inventos, que contén:
              a. Navegantes: Cristóbal Colón - Amelia Earhart
              b. Grandes viaxeiros: Ponce de León - James Cook
              c. Exploradores e estrategas: Genghis Khan - Stanley & Livingstone
              d. Os homes do xeo: Robert Falcon Scott - Ernest Shackleton 
              e. Homes de Ciencia: Leonardo Da Vinci - Isaac Newton
              f. Inventores: Thomas Edison - George Eastman
              g. A aventura do saber: Marco Polo - Arquímedes
              h. A pegada no ceo: Sir Edmund Hillary - Neil Armstrong


12/10/15

Proxeccións nos recreos: Topónimos da nosa bisbarra

Recuperando un (cremos que san) costume dos últimos anos, comezamos esta semana coas proxeccións temáticas durante os recreos na nosa Biblioteca.

Nesta ocasión compartimos con todos vós unha presentación elaborada polo Departamento de Latín na que se explica a orixe etimolóxica dalgúns topónimos dos concellos de Muros e Carnota. Poderá verse (ademais de neste blog) nos recreos desta semana e máis da vindeira.


Aproveitamos esta primeira proxección do curso para convidar a calquera membro da nosa Comunidade Educativa (profesores, alumnos, PAS, familias) a que nos fagan as súas achegas: poden ser traballos elaborados para as materias ou carpetas con fotografías, por poñer dous exemplos.

4/10/15

Novidades Outubro (II) / Novedades Octubre (II)

 LIBRO DO MES
Nunha cultura como a galega, tantos séculos sen cultivo escrito, a transmisión oral xogou o único papel posible para conservar un dos aspectos comúns a todos os colectivos humanos: a ficción curta. Camiño Noia recolle un eito de contos populares galegos, acompañados de breves análises nas marxes de cada páxina.


 
 
 
 
Uno de los best-sellers de más éxito en los últimos años, cuenta la historia de una ladrona de libros en una época convulsa y en un país obsesionado por la pureza racial. Nos lo cuenta alguien de personalidad, digamos, oscura. En estas páginas se cocina crueldad con ternura.

Novidades Outubro (I) / Novedades Octubre (I)

 


Incansable investigador dos modos de vida tradicionais galegos, Xaquín Lorenzo explica neste breviario a transición da vivenda rural a un modelo de casa vilega. Acompaña tamén descricións das estructuras dos dous tipos de residencia. Un recanto de nós mesmos.
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
Este es un libro para experimentar. Lo es porque a base de experimentos ha sido cómo la Humanidad ha alcanzado el progreso tecnológico. Innovaciones como la rueda, el fuego o el microscopio se han producido gracias a la incontenible ansia humana por experimentar.

30/9/15

Inicio de curso (2015-16)



Outro ano máis.

Outro curso máis.

Non todo o persoal e horas que serían necesarios para ofrecer un servizo realmente axeitado.

A nosa Biblioteca segue a ofrecer, na medida das súas posibilidades, recursos para todos os colectivos que integran a Comunidade Educativa do IES Fontexería.

- Un espazo dotado de varios puntos con acceso a internet (catro ordenadores de sobremesa, un portátil e dúas tablets), incluíndo un emisor wi-fi.

- Proxector e equipo de son 5.1.

- Disco duro externo activo de 1 TB.

- Un lector de libros electrónicos.

- Mesas para traballo en grupo e individual, con diferentes graos de aillamento a elección do usuario.

- Uns fondos que acollen case 15.000 títulos (libros e material audiovisual en formato dixital), entre os que se cobren moitos campos do saber humano. Case todos eles son susceptibles de ser emprestados (ata 3 títulos á vez durante 15 días). O préstamo está dispoñible para alumnos, profesores e familias.

- Un apartado na Aula Virtual do Centro no que se deposita todo o material que a Biblioteca difunde (ben elaborado pola propia Biblioteca, ben por outros Departamentos Didácticos). Serve tamén como memoria das actividades que se realizan nela.

En suma: un espazo abondo equipado para desenvolver labores lectivas, preparar traballos ou, simplemente, ter uns momentos de lecer repousado.

Ó voso servizo.

Aquí estamos.

15/6/15

Recomendacións para as vacacións de verán

Estamos a piques de rematar o curso e comezar as ben merecidas vacacións de verán.

Como cada ano, na Biblioteca pensamos que estes meses que temos por diante son excelentes para dedicalos á lectura.

Por iso vos deixamos aquí as nosas recomendacións e os nosos desexos dun pracenteiro verán.



2/6/15

Proxeccións nos recreos: Remise de prix du concours d'affiches

Pendant les récrées de cette semaine on projette les images de la remise de prix du concours d'affiches. Ce concours fut organisé par le département de Français qui a, encore une fois, mené sa remise de prix aux participants dans l´Expo d´affiches de cette année. Cette fois-ci, les magnifiques travaux des élèves avaient pour théme (choisi par l´APFG) un personnage francophone (réel ou fictif).

1/6/15

Novidades Xuño (II) / Novedades Junio (II)

LIBRO DO MES
Jaume Plensa é un escultor, debuxante e gravador que traballa moito sobre os conceptos de espazo e volume. A partir de agora contamos na nosa Biblioteca cun espléndido libro sobre a súa obra con ilustracións de gran calidade, nas que podemos apreciar, sequera en parte, a capacidade creativa deste artista universal.




As bruxas e meigas teñen estado presentes na nosa cultura tradicional desde sempre. En gran medida, a súa caracterización como seres malvados e perigosos respondía á incomprensión secular do home respecto da realidade feminina. Este é o punto de vista de Maite Carranza nesta novela, primeira parte dunha triloxía sobre o tema.

Novidades Xuño (I) / Novedades Junio (I)

 

Con este ben ilustrado breviario podemos achegarnos ó patrimonio natural da comarca de Muros. Non por estar moi preto coñecemos suficientemente ben o noso entorno natural máis próximo, xunto coa súa toponimia. Por iso este libriño do Equipo Xea pode resultar unha guía moi útil para todos.



 


Quien guste de los enigmas, los problemas matemáticos o los juegos de lógica tiene aquí una mina: un reto para el ingenio por cada día del año... o más, dependiendo de lo que nos cueste resolverlos. Ejercitar el cerebro, dicen los médicos, es un buen modo de mejorar su funcionamiento. Así que, si no uno al día, por lo menos uno de vez en cuando.

10/5/15

Letras Galegas 2015: Xosé Filgueira Valverde

Con motivo da xa próxima celebración do Día das Letras Galegas, durante esta semana que está a piques de principiar e máis a vindeira, proxectaremos nos recreos da nosa Biblioteca unha presentación que elaboramos sobre a figura de Xosé Filgueira Valverde, o homenaxeado neste 2015.

Quedades todos convidados a pasar pola Biblioteca para vela. Mais se non queredes ou non podedes, aquí a deixamos:



6/5/15

Novidades Maio (II) / Novedades Mayo (II)

LIBRO DO MES
Entre as moitas facetas do autor homenaxeado no Día das Letras Galegas deste ano cóntase a de narrador. Neste volume recóllense cincuenta contos, os máis deles moi breves, nos que Filgueira Valverde retrata paisaxes e personaxes que observou na súa adolescencia, aló polos anos vinte do pasado século.

Junto con Miguel Ángel Buonarroti, Leonardo Da Vinci es el ejemplo máximo de humanista: el tipo de hombre que durante el Renacimiento aspiraba a tener un conocimiento amplio y profundo de las ciencias y las artes. Este libro repasa la obra de Leonardo desde varios puntos de vista, y además con unas ilustraciones de gran calidad.

5/5/15

Novidades Maio (I) / Novedades Mayo (I)

 

Moitas veces escoitamos a expresión “comercio xusto”. Para saber con precisión o que é, cómpre botar unha ollada a este breviario sobre o tema. Os autores poñen o acento sobre a necesidade de sermos consumidores informados para poder comprar responsablemente. Xa que logo, primeiro saber, e despois decidir.







A veces se oye que la Matemática tiene fama de árida y aburrida. Este libro demuestra todo lo contrario: además de ser necesaria por estar en la base de gran cantidad de experiencias humanas, las matemáticas encierran grandes posibilidades para la curiosidad, la imaginación y la creatividad. Lean este libro y compruébenlo.

29/4/15

Nova donación de libros: Daniel Castreño

Daniel Castreño, profesor do Departamento de Debuxo do noso Centro, vén de nos facer un agasallo en forma de 12 libros.

A maior parte deles son guías de viaxe, moi útiles para informarnos de posibles destinos que queiramos visitar e coñecer.

Polo tanto, constitúen un novo enriquecemento dos fondos na nosa Biblioteca.

Graciñas, Daniel: boas viaxes e boas lecturas!


16/4/15

Na morte de Eduardo Galeano

Non cremos que haxa que esperar á morte dun autor para declarar a súa importancia para a Literatura, se é que a ten. Por iso neste blog raramente nos facemos eco de acontecementos deste tipo.

Con todo, si cremos que Eduardo Galeano foi un escritor moi interesante, e por moitos motivos.

Por iso damos publicidade a un sitio de internet, onde se poden descargar legal e gratuitamente varias obras do autor uruguaio.




13/4/15

Os libros de Suso

O pasado 24 de marzo, dentro da Semana Cultural do noso Centro, na Biblioteca rendemos homenaxe a Xesús Fabeiro Gómez.

Suso Fabeiro foi propietario de máis de 5.000 libros que hoxe acollemos na nosa Biblioteca.

Durante o acto o coordinador do Equipo de Biblioteca, Alfonso Blanco, describíu o proceso mediante o cal eses libros chegaron a nós, así como o xeito como foron catalogados e ubicados; pola súa banda, o albacea testamentario de Xesús Fabeiro, Bernardino Fernández Lloréns, falou do seu perfil humano.

Como conmemoración, aquí deixamos unha presentación sobre Suso Fabeiro e os seus libros:

10/4/15

Novidades Abril (II) / Novedades Abril (II)

LIBRO DEL MES
Gracias a las tecnologías de la información y la comunicación, cada vez estamos más interconectados. Este hecho ofrece, como tantos otros, una cara positiva y una negativa. Dentro de esta última, es conveniente conocer los peligros a que nos exponemos a la hora de compartir en el mundo virtual lo que pensamos y creemos.




A fidalguía ou baixa nobreza ten xogado un papel importante na Historia de Galicia, e a súa acción foi fundamental á hora de conformar a nosa paisaxe social. Este libro describe as estratexias que tal clase social levou a cabo para manter a súa preeminencia, xeración tras xeración, durante a Idade Moderna (séculos XVI a XVIII).

Novidades Abril (I) / Novedades Abril (I)

 


Nos últimos anos vense prestando atención a este eido do noso patrimonio arqueolóxico. Na nosa bisbarra contamos con varios lugares nos que se poden ver petroglifos. Razón de máis, polo tanto, para botar unha ollada a este breviario sobre o tema, que nos fala de onde están, como son, e de cando son, entre outras cousas.





 
El ser humano ha transformado el paisaje del planeta. Una de las formas en que lo ha hecho ha sido mediante la práctica del arte de la Arquitectura. En este atlas podemos pasear la vista por múltiples edificios y técnicas a lo largo del espacio y el tiempo. Además, se incluye un repaso histórico y un glosario de términos técnicos.

18/3/15

Instalación dun reproductor de Blue-Ray

Os recursos audiovisuais da nosa Biblioteca medran un pouco coa instalación dun reproductor de discos Blue-Ray, un formato que mellora en definición as prestacións do DVD.

De momento, servirá para proxectar varias coleccións documentais que posuímos entre os nosos fondos.

Deixámosvos unhas fotografías:




2/3/15

Novidades Marzo (II) / Novedades Marzo (II)

LIBRO DO MES

Cando se cumpren 130 anos da morte de Rosalía de Castro, destacamos este libro no que podemos ler toda a poesía que escribíu no noso idioma. Sendo como é un clásico imprescindible da literatura galega, cómpre voltar de cando en vez a Rosalía, que soubo xunguir a súa creatividade ó acervo poético popular da nosa terra.

Las dos obras con las que comienza la literatura occidental... en versión manga. Aunque no se trata de una adaptación demasiado fiel, puede servir de primer acercamiento a unos libros que suelen asustar a los lectores de hoy en día debido a su extensión. Porque lo cierto es que Aquiles, Agamenón, Ulises, Paris, Héctor... siguen entre nosotros.

Novidades Marzo (I) / Novedades Marzo (I)

 

Desde os tempos máis antigos, as sociedades humanas posúen celebracións para sinalar os acontecementos máis destacados da vida: nacementos, vodas, colleitas, a propia morte... Este breviario preséntanos de xeito moi accesible e directo unha escolma de entre as máis importantes festas rituais de Galicia.







La música ha sido y es un elemento fundamental en el desarrollo del ser humano: difícilmente podemos imaginarnos la vida sin ella. Este libro nos ayuda a conocer un poco más de cerca su historia, repasando un gran número de lugares, épocas y estilos. Ideal para consultar y para leer, por qué no, con música de fondo.

24/2/15

Falardlibros (I): Oliver Sacks e "El tío Tungsteno"

O vindeiro venres inauguramos unha nova actividade na nosa Biblioteca.

Chamámoslle FALARDLIBROS

Con ela queremos invitar a calquera membro da nosa Comunidade Educativa a que veña nun recreo (de 10,10 a 10,30 e de 12,10 a 12,30, de luns a venres), a falarnos dun libro que fose especial para el como persoa, e que por iso considera recomendable para os demais. Se o libro en cuestión está xa nos fondos da Biblioteca, mellor que mellor; en caso contrario, será adquirido con anterioridade á charla, para que todos podamos disfrutar del.

O primeiro en abrirnos esta porta cultural será Antón Díaz Blanco, profesor de Tecnoloxía do noso Centro, que nos falará sobre El tío Tungsteno, do médico e escritor estadounidense Oliver Sacks.

Quedades convidados.


11/2/15

Fotos da entrega de agasallos da VII Recollida de Nanocontos

O mércores pasado fixemos entrega dos agasallos ós catro premiados da VII Recollida de Nanocontos, en cada unha das súas dúas categorías.

O Equipo de Biblioteca quere agradecer a participación neste certame de todos os rapaces que así o fixeron. Tamén estamos moi agradecidos pola asistencia ó acto, tanto de alumnos como de profesores. Levamos sete anos consecutivos con esta iniciativa, e a resposta obtida ó longo de todo este tempo anímanos a continuar nos vindeiros cursos.

Como testemuño do acto, aquí vos deixamos unha pequena presentación con algunhas das fotografías que se tiraron (graciñas a Chus e Chindo).


10/2/15

Presentacións nos recreos: Nanocontos premiados

Esta semana e os dous días lectivos da vindeira, durante os recreos da nosa Biblioteca, proxectaremos unha presentación na que se poden ver os catro relatos premiados na VII Recollida de Nanocontos.

Próximamente subiremos a este blog unhas fotos do acto de entrega de agasallos, que tivo lugar, como estaba anunciado, o pasado mércores día 4.

Velaquí os Nanocontos:


2/2/15

Novidades Febreiro (II) / Novedades Febrero (II)

LIBRO DEL MES
Es el primer volumen de una colección dedicada a los cuentos de Oscar Wilde, uno de los escritores más imaginativos e ingeniosos en lengua inglesa, ilustrado por P. Craig Russell. El gigante egoísta es una emocionada defensa de la infancia, mientras que El niño de las estrellas representa las dificultades de un niño para formar su personalidad.

A relixión é un feito indisociable da realidade humana. O intento por comprender a propia existencia e a do que nos arrodea levou a moitas civilizacións a atopar explicacións no sobrenatural. Este breviario ofrece un útil repaso ás relixións máis importantes da actualidade, desde o punto de vista do número de seguidores que teñen.