Hoxe, e sen demasiados anuncios previos porque queriamos que fose algo sorprendente para os alumnos, levamos a cabo a 4ª hora (11,20-12,10) a actividade Poetizando as aulas. Foi a nosa maneira de conmemorar o Día do Libro, que foi, en realidade, o pasado luns día 23.
Consistíu en que un grupo de lectores, integrado por 15 alumnos e unha profesora, entrase nas aulas de case todo o Centro para ler uns poemas seleccionados por eles mesmos. Deste xeito, en cada aula producíuse un recitado continuo durante toda a hora.
Por suposto, no Equipo de Biblioteca estamos moi
agradecidos a todos os rapaces e profesores que colaboraron con esta
iniciativa, na que pretendiamos darlle algo de protagonismo á poesía,
que é probablemente a manifestación literaria máis antiga da Humanidade.
Proximamente colgaremos aquí fotografías e videos da actividade, mais de momento deixamos o caderniño cos poemas seleccionados, e que foi repartido entre o público:
No hay comentarios:
Publicar un comentario