E este é o vídeo das lecturas nunha das aulas do noso Centro.
Non se escoita moi alto por momentos, así que subide ben o volume. Esperamos que vos guste
Benvidos ó noso blog. É un espazo aberto para compartir o pracer da lectura e o amor pola cultura en xeral. -///- Bienvenidos a nuestro blog. Es un espacio abierto para compartir el placer de la lectura y el amor por la cultura en general -///- Welcome to our blog. It is an open space for those who want to share their pleasure in reading and their love for culture -///- Bienvenus à notre blog. C’est un espace ouvert pour partager le plaisir de la lecture et de l'amour par la culture en général
26/4/12
Poetizando as aulas (II)
Como avanzabamos na anterior entrada, velaqui vos deixamos unhas cantas fotos da actividade que realizamos hoxe.
As imaxes corresponden ás lecturas realizadas nos talleres do Ciclo Medio de Instalacións Eléctricas e Automáticas, e tamén na Aula de Tecnoloxía da ESO.
Etiquetas:
Lecturas en Vivo
Poetizando as aulas (I)
Hoxe, e sen demasiados anuncios previos porque queriamos que fose algo sorprendente para os alumnos, levamos a cabo a 4ª hora (11,20-12,10) a actividade Poetizando as aulas. Foi a nosa maneira de conmemorar o Día do Libro, que foi, en realidade, o pasado luns día 23.
Consistíu en que un grupo de lectores, integrado por 15 alumnos e unha profesora, entrase nas aulas de case todo o Centro para ler uns poemas seleccionados por eles mesmos. Deste xeito, en cada aula producíuse un recitado continuo durante toda a hora.
Por suposto, no Equipo de Biblioteca estamos moi
agradecidos a todos os rapaces e profesores que colaboraron con esta
iniciativa, na que pretendiamos darlle algo de protagonismo á poesía,
que é probablemente a manifestación literaria máis antiga da Humanidade.
Proximamente colgaremos aquí fotografías e videos da actividade, mais de momento deixamos o caderniño cos poemas seleccionados, e que foi repartido entre o público:
Etiquetas:
Lecturas en Vivo
23/4/12
Biblioteca Virtual Miguel de Cervantes
A Biblioteca Virtual Miguel de Cervantes é un sitio web que nos permite acceder a un gran número de textos e autores clásicos da Literatura Española, en formato html.
Estes textos son de dominio público, polo que é totalmente legal dispoñer dos textos, tanto para lelos on line como para copialos: Cervantes, Lope de Vega, Quevedo, Góngora, Calderón de la Barca... Por iso, se na nosa Biblioteca xa non quedan volumes para préstamo dalgunha destas lecturas, sempre podedes acudir a esta web.
Os dous lugares máis inmediatos da páxina para buscar un autor ou obra indícanse mediante óvalos nesta imaxe:
O enlace queda incorporado na nosa sección do blog dedicado a outros sitios de internet (na columna da dereita, arriba)
16/4/12
Presentacións nos recreos: Inventos e inventores
Durante esta semana, nos recreos da nosa Biblioteca, proxectaremos a presentación Inventos e inventores, na que aprenderemos algunhas cousas sobre certos inventos e inventores da II Revolución Industrial cunha influencia decisiva na nosa vida actual.
O chicle, a máquina de escribir, o auténtico inventor do teléfono, o plástico, a máquina de barbear...
Velaquí a tedes:
O chicle, a máquina de escribir, o auténtico inventor do teléfono, o plástico, a máquina de barbear...
Velaquí a tedes:
Etiquetas:
Proxeccións nos recreos
11/4/12
Novidades Abril (II) / Novedades Abril (II)
LIBRO DO MES
Darío Xohán Cabana recibíu o Premio Xerais en 1989 con esta narración inscrita no ciclo artúrico, tan querido por moitos lectores e escritores europeos ó longo da Historia. Na súa primeira novela, Cabana ceiba a súa imaxinación para conseguir un relato cheo de fantasía e humor que é unha homenaxe á antiga lírica.
El protagonista de El Faro es Francisco, un soldado republicano español de 17 años que cruza la frontera francesa huyendo de las tropas de Franco a finales de la Guerra Civil. Llegará hasta un faro, donde conocerá a Telmo, el farero, quien le ayudará a recuperar la ilusión por vivir. Paco Roca comunica la historia toda la ilusión de un narrador.
Novidades Abril (I) / Novedades Abril (I)
En tempos de crise e prediccións apocalípticas para 2012, non é mala idea botar unha ollada a este libro de José María Kaydeda. Publicado no momento da chegada do ano 2000, que tamén fixo desatar todo tipo de especulacións sobre a fin do mundo, este libro axuda a confiar máis na ciencia que na superstición.
Las biografías de los grandes personajes de la Historia ayudan a comprender la importancia de sus logros y a situarlos en su contexto concreto. Las dos que presentamos este mes, dedicadas a Sócrates y a Averroes, tienen la forma de un relato breve, por el que van desfilando los protagonistas y otros personajes importantes en su vida.
Las biografías de los grandes personajes de la Historia ayudan a comprender la importancia de sus logros y a situarlos en su contexto concreto. Las dos que presentamos este mes, dedicadas a Sócrates y a Averroes, tienen la forma de un relato breve, por el que van desfilando los protagonistas y otros personajes importantes en su vida.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)