14/12/11

Recomendacións de lectura para as vacacións

Un ano máis, chegan as vacacións coas que tomamos un merecido descanso ó rematar o primeiro trimestre do curso.

Desde a Biblioteca saudamos este feito e desexamos a todos os que nos seguen uns días moi ledos, e tamén unha feliz entrada en 2012, e estendemos estes bos desexos para ese ano vindeiro.

E como o tempo de lecer é ideal para a lectura, aquí vos deixamos as nosas recomendacións de lectura, que tamén proxectaremos nos recreos da Biblioteca de aquí ó remate das clases:


Recomendacións vacacións inverno 2011-12

13/12/11

Novidades Decembro (II) / Novedades Diciembre (II)





LIBRO DO MES

Agustín Fernández Paz é o afortunado autor desta novela, pola que pasan unha serie de personaxes cunha experiencia común: a do amor, mais tamén xunguido ó desamor ou amor roto. É unha sincera homenaxe a un dos sentimentos humanos máis poderosos.











Laura Gallego se ha convertido en una autora de best-sellers juveniles, con su propuesta de literatura fantástica articulada en sagas. Hace unos meses adquirimos las Memorias de Idhún, y ahora nos hemos hecho con las Crónicas de la Torre: hechicería, traiciones, y amor más allá de la muerte son sus ingredientes

Novidades Decembro (I) / Novedades Diciembre (I)


Cada año la UNESCO añade nuevos elementos a su lista de lugares declarados Patrimonio de la Humanidad. Y, como cada año, recibimos en nuestra Biblioteca el volumen correspondiente, en el que se ilustran y comentan los sitios declarados en 2010 en los cinco continentes: en España, se incluye el arte rupestre de Siega Verde.




Marilar Aleixandre
, unha das máis coñecidas autoras de literatura xuvenil, levou o Premio Fundación Caixa Galicia 2008 con esta historia de dúas violacións inspirada no mito grego da gorgona Medusa, castigada, logo de ser violada, a levar serpes por cabeleira. A novela é tamén un alegato en favor do amor e a amizade para resistir á vergoña.

12/12/11

Novo mobiliario

Estamos moi ledos porque vimos de instalar novo mobiliario na nosa Biblioteca.

Dispoñemos dun novo expositor vertical no que a partir de agora amosaremos as Novidades de cada mes, e inauguramos unha nova sección, O LIBRO DO MES, coa que daremos protagonismo a unha obra que consideramos especialmente destacable.

Moi preto do expositor situamos uns andeis baixos de dobre cara, na que situaremos as recomendacións da Biblioteca e os Departamentos, así como unha selección de comics (esta última orientada cara a Zona de Lectura Informal).

Velaquí as fotos