21/11/11

Presentacións nos recreos: Cidades maias

Esta semana e máis a vindeira, nos recreos da nosa Biblioteca, poderemos ver unha presentación sobre os restos arqueolóxicos das cidades maias conservados no actual México. Coidamos que é unha boa ocasión para tomar conciencia de que houbo civilizacións antigas que, case en paralelo coa grega e a romana, chegaron a un alto grao de desenvolvemento.

A música que nos acompañará será a do tema Paris, Texas, por Ry Cooder, extraído da banda sonora da película do mesmo título.

Aquí vos deixamos a presentación:

15/11/11

Museo virtual


Gracias e este enlace que vos deixamos aquí poderedes facer unha viaxe moi interesante polo mundo da pintura, unha arte que tan grandes mestres ten dado á Humanidade.

Com se adoita dicir, non están todos os que son, pero si son todos os que están.

Que o disfrutedes.

9/11/11

Presentacións nos recreos: Nanocontos e fotos

Aquí vos deixamos a presentación que veremos durante estes días nos recreos da nosa Biblioteca. Nela recóllense os relatos publicados no caderno que vimos de editar cunha escolma dos Nanocontos presentados ó concurso do ano pasado. Incluímos tamén as fotos do acto de presentación do devandito caderno.

Proxección nanocontos 2010 11a
View more presentations from fontexeriabib


O concurso deste ano está en marcha. Participade!

As bases están publicadas neste blog e tamén en abondosos anuncios nos espazos comúns do centro

3/11/11

Fotografías da presentación do caderno "3ª Escrita de Nanocontos"

Como se anunciou neste blog, o pasado xoves día 27 celebramos na Biblioteca a presentación do caderno 3ª Escrita de Nanocontos, no que recollemos unha escolma dos relatos breves que se presentaron ó certame do curso pasado.

Velaquí tedes as fotografías do acto. Aproveitamos para agradecer a asistencia todos os alumnos e profesores que nos acompañaron.

E lembrade, rapaces:

XA ESTÁ CONVOCADO O CONCURSO DESTE ANO. TEDES ATA O 30 DESTE MES DE NOVEMBRO. AS BASES ESTÁN NESTE BLOG, E MÁIS EN CARTEIS EN VARIOS LUGARES DO CENTRO

Presentación caderno Nanocontos 2011

2/11/11

Novidades Novembro (II) / Novedades Noviembre (II)




Agustín Fernández Paz
, exitoso escritor de narrativa xuvenil, publicou en 1993 un conxunto de cinco relatos breves cun denominador común: o protagonismo dunha rapaza. Case 15 anos despois, o autor revisou estes contos, modificándoos levemente, e engadindo un máis. Extraterrestres, fantasmas e pedras misteriosas poboan este libro.








Desde hace ya bastantes años, noviembre es un mes que se asocia al mundo del miedo. La literatura ha tratado desde siempre con mucha amplitud este tema, y en el libro que os presentamos se recogen 21 relatos cortos llenos de motivos para temblar, y no de frío: Dickens, Bécquer, Stevenson y Allan Poe, entre otros, desfilan por él.

Novidades Novembro (I) / Novedades Noviembre (I)



El título de este libro incita a hablar, y precisamente de algo de lo que no siempre se habla con naturalidad. Sin embargo, el sexo es algo totalmente natural, a lo que los seres humanos despertamos plenamente en la adolescencia, y para lo que necesitamos buena información, tanto fisiológica como emocional.










Como xa temos dito máis veces, as traducións das grandes obras da literatura universal serven para normalizar, e mesmo dignificar, o emprego dunha lingua. Desde 1972 contamos coa versión en galego de O principiño, traducida por Carlos Casares, e presentada nunha nova edición