23/5/11

Revista "Meigas Fóra"


Temos a ledicia de anunciarvos a saída do prelo dixital de Meigas Fóra, a revista do noso Centro, coordinada por Ramón Beltrán, membro ademais do Equipo de Biblioteca.

Pensamos que deberiades botarlle unha ollada, pois ten todo o que se podería esperar dunha revista escolar: artigos, reportaxes, creación literaria... e máis contidos que vos poden interesar.

Aquí vos deixamos o enlace:
Meigas Fóra


19/5/11

A Lingua é Nosa, Vosa, Súa

18/5/11

Lois Pereiro

Mañá comezaremos os días que dedicamos ás Letras Galegas con esta presentación dedicada a Lois Pereiro.

Durante todas estas xornadas, como música de ambiente, soarán temas do Lp Nas beiras de Lethes, do grupo Kérkennai.

Por outra banda, poñemos a disposición dos usuarios, nunha mesa da entrada, varios libros de poemas do autor homenaxeado este ano.


Todos os días son das Letras Galegas


Os tres días que quedan nesta semana, e tamén durante a vindeira, nos recreos da nosa Biblioteca proxectaremos tres presentacións audiovisuais sobre o Día das Letras Galegas:

- Unha presentación sobre Lois Pereiro, con datos sobre a súa vida e obras, xunto con textos dos seus poemas.

- Dúas presentacións sobre os autores galegos homenaxeados nesta data desde a súa instauración en 1963. Nunha delas amósanse as caricaturas dos escritores que La Voz de Galicia publicou en 2004 , mentres que a outra consiste nunha serie de diapositivas dedicadas a cada un deles, que inclúen imaxes acompañadas de breves textos.

En sucesivas entradas publicaremos neste blog estas presentacións.

A LINGUA É NOSA, VOSA, SÚA

9/5/11

Premios Nobel en lengua española (VI)-Jacinto Benavente

Seguimos exponiendo en nuestra Biblioteca los trabajos elaborados en las clases de Lengua Española de 4º ESO sobre autores en idioma castellano galardonados con el Premio Nobel.

En esta ocasión, durante los recreos de esta semana, veremos la presentación que Marcos Costa, Sergio Dosil y Diego García han realizado sobre Jacinto Benavente. La música que escucharemos de ambiente será el tema Frente a Palacio, por Los Pekenikes.

2/5/11

Novidades Maio (II) / Novedades Mayo (II)




Seguimos a presentar novidades relacionadas co poeta Lois Pereiro, a quen se dedica este ano o Día das Letras Galegas. Agora é a vez dos derradeiros poemas que compuxo, que transmiten a actitude do autor diante da enfermidade e a inminencia da morte. Catro anos de vida a través dunha serie de poemas elaborados en seis meses.





La mecánica del corazón fue un éxito de ventas de Mathias Malzieu en 2009. Este escritor, vocalista además del grupo pop Dionysos, continúa en los puestos altos de las listas de ventas gracias a esta nueva novela, en la que explora, con fantasía, los modos de enfrentarse al dolor causado por la muerte de un padre, con una ayuda inesperada.

Novidades Maio (I) / Novedades Mayo (I)


María Aurora Lestón Mayo, alumna que foi deste Centro, estudiou Filoloxía Inglesa na Universidade de Santiago. Combinou esta orientación cun gran interese pola etnografía, froito do cal é esta investigación sobre un ser mítico, o vákner, que enchía de medo a imaxinación dos viaxeiros da Galicia medieval. Benvida á nosa Biblioteca.






Leopoldo Abadía saltó a la fama hace casi dos años por su explicación sencilla y humorística de la crisis financiera que dio origen a la situación económica difícil que ahora estamos viviendo. Para contribuir a su mejor comprensión, el Departamento de Economía nos ha acercado este ejemplar de su libro más conocido hasta la fecha.