24/2/10

Exposición sobre o manga


O vindeiro xoves día 4 abriremos unha exposición temática sobre o manga xaponés, que se poderá visitar durante todo o mes de marzo.
O día da apertura dous alumnos, consumados "otakus", explicarán o porqué da súa afición a este tipo de comic, e amosarannos exemplares dos mangas que len.
Haberá tamén expostos 6 paneis con información sobre este auténtico fenómeno de masas, ademais de proxeccións variadas nos recreos.
Por suposto, estades todos convidados a asistir.

5/2/10

Nanocontos agasallados (II)



Dentro da Categoría B (matriculados en cursos superiores a 2º ESO), os Nanocontos gañadores dos agasallos foron os seguintes:

O segundo premio recaíu neste relato de José Rama, de 2º BAC B (por certo, ex-alumno do IES Lamas de Castelo de Carnota, a cuxo Equipo de Biblioteca enviamos un saúdo), quen asinou co seudónimo Lord Byron (2):

[SEN TÍTULO]
O son do mar fai que os recordos volvan á mente. Volvo ollar as ondas. O mar bate forte contra as rochas, uns penedos ríxidos, erguidos pola man dun Deus, moldeados pola auga, polo sal. Volvo a prender un cigarro. O alcatrán entra nos meus pulmóns como unha frecha dun indíxena que atravesa o que máis tarde será a súa comida. Quito a boina, o abrigo. Estamos sos, eu e o mar. Tento pensar nuns versos, rogo a Deus que me dea unha idea. O meu maxín está pechado. O mar encargaráse de abrilo. Lembranzas dun futuro, idealismo, imaxe de postal.


E o primeiro premio foi parar a Tamara Castro, de 1º BAC B (e autora de máis relatos agasallados noutras convocatorias):

ANÓNIMO
Eu son un ser anónimo. Son calquera persoa enterrada nunha fosa común a causa da Guerra Civil. Tamén podo ser calquer estudante asasinado en Tiananmen, ou unha persoa do Terceiro Mundo. Dende logo son un mariñeiro, un obreiro, un mineiro, persoas que arriscan a súa vida para dar de comer ás súas familias. Xamais poderei ser un cirurxán, un rico empresario, un famoso. Nunca haberá unha rúa co meu nome, nin me darán unha placa polo mérito ao traballo, aínda que leve cincuenta anos facéndoo. E todo isto, por que? Porque eu son un ser anónimo.



Proximamente, como o ano anterior, editaremos un caderniño cunha escolma máis ampla.

LEGERE ET SCRIBERE, SCRIBERE ET LEGERE

2/2/10

Nanocontos agasallados (I)


Como anticipo do caderno que hemos publicar cunha escolma dos Nanocontos recollidos este ano, amosámosvos os relatos que recibiron os agasallos. Hoxe presentamos os da Categoría A (1º Ciclo da ESO).


En primeiro lugar, o que recibiu o 2º premio, obra de Victoria Otero Rodríguez, de 1º ESO B:

MUÑECAS SUICIDAS
Compré una preciosa colección de muñecas de porcelana, con sus vestidos preciosos, sus originales zapatitos, sus rostros únicos. Las puse en fila sobre sus soportes en lo alto de una estantería, y al siguiente día vi que una de ellas había caído, destrozándose. Comprobé que las demás permanecieran allí, pero al día siguiente otras dos se habían caído. Intenté afianzarlas con alambres, pero fue inútil. Ya sólo me quedan dos. Esta tarde, mientras las aseguraba a sus soportes, capté por un instante la mirada fugaz de una de ellas y supe, con certeza indemostrable, que se trataba de suicidios.


E agora, o Nanoconto merecedor do 1º premio, pertencente a Carlos Navarro de Simón:

INSTRUCCIONES PARA MI ENTIERRO
No habrá oraciones en mi entierro. No habrá plegarias, pero podrán venir los reyes y los sacerdotes a llorar por mí. Quiero un panteón de mármol, con imágenes e inscripciones, y mi tumba situada en el centro. Quiero canciones cuando llegue el verano. Quiero el olor del mar, o aroma a incienso. Quiero velas a mi alrededor, siempre ardiendo. Quiero que las más hermosas doncellas del tempo velen mi féretro, que se turnen para que en mi panteón siempre haya alguna. Y la tapa debe abrirse desde dentro para cuando tenga hambre.

1/2/10

Novidades Febreiro / Novedades Febrero (II)




A que se xogaba
cando non había ordenadores, videoconsolas, teléfonos móbiles ou nin sequera televisión? Este libro describe unha boa cantidade de xoguetes antigos empregados polos nenos galegos nos seus momentos de lecer. Nas súas páxinas veremos que para xogar e entreterse só cómpre unha cousa: unha pouca imaxinación






Atención, alumnos (y profesores), sobre todo de 2º BAC
: Fernando Savater, en palabras suyas, “sin temor ni temblor”, repasa, demostrando una gran capacidad de concisión, nada menos que toda la Historia de la Filosofía. O sea, que se trata de un manual sobre esa materia de lectura más ligera de lo que es habitual. Muy recomendable para ir consultando a medida que se avanza en el curso

Novidades Febreiro / Novedades Febrero (I)



Xosé Ramón Mariño Ferro
leva moitos anos traballando no eido da Antropoloxía e a Etnografía. En 2004 publicou un manual de introducción a estas materias, que intentan comprender os nosos costumes e maneiras de actuar en sociedade. Constitúe a primeira aproximación global a este aspecto do saber humano en lingua galega. Benvida sexa á nosa Biblioteca





La tecnología del inmediato futuro, sino ya presente, pasa por reducir los tamaños de los componentes activos de los aparatos que usamos todos los días,y cada vez más: se trata de introducir más información y más capacidades en menos espacio. La nanociencia y la nanotecnología están llevando hasta extremos increíbles esta tendencia, como se puede comprobar en este ameno libro