Benvidos ó noso blog. É un espazo aberto para compartir o pracer da lectura e o amor pola cultura en xeral. -///- Bienvenidos a nuestro blog. Es un espacio abierto para compartir el placer de la lectura y el amor por la cultura en general -///- Welcome to our blog. It is an open space for those who want to share their pleasure in reading and their love for culture -///- Bienvenus à notre blog. C’est un espace ouvert pour partager le plaisir de la lecture et de l'amour par la culture en général
28/11/08
Lecturas en Vivo (II): PLATÓN
Continuamos coa serie de Lecturas en Vivo. Nesta ocasión, por iniciativa do profesor Emiliano Morenza (tamén membro do Equipo de Biblioteca), a vindeira semana uns alumnos de 2º de Bacharelato escenificarán un pequeno fragmento do diálogo O banquete, de Platón. Estades todos convidados.
27/11/08
Novidades Novembro (III)
Este manual évos unha ferramenta útil a alumnos e profesores para adquirir coñecementos propios da actividade físico-deportiva: conceptos básicos de anatomía, ou como realizar un quentamento, ou como se poden traballar os fundamentos básicos dun deporte, con propostas de exercicios. Ademais, inclúe CD-ROM.
Miguelanxo Prado, debuxante e guionista de comics apreciado, entre outros, por Steven Spielberg, pon en xogo a súa imaxinación e a súa capacidade plástica ó servicio dunha historia que ilustra unha serie de conductas típicas de moitos galegos, e que teñen que ver cunha certa obsesión pola propiedade inmobiliaria, tema tan de moda nos últimos anos na nosa sociedade. O propio autor tivo a xentileza de dedicarnos este exemplar.
Estes tres volumes titulados en conxunto ¿Sabes quién? constitúen un acceso rápido a coñecementos puntuais de cultura xeral. A fórmula consiste nunha serie de preguntas tipo ¿Sabes quién compuso la sinfonía más famosa de la historia de la música?, que de seguido son contestadas de xeito breve e acompañadas de ilustracións en cor. Inclúe, para non perdérmonos, un índice alfabético dos personaxes históricos que se citan.
Novidades Novembro (II)
A colección “Que me dis de...” da editorial Nova Galicia pasa revista a unha serie de contidos importantes para medrarmos en conductas sas para nós mesmos, os demáis e o noso entorno. Son libros con abondosas ilustracións e textos breves, que se prestan tanto para a lectura individual como para o traballo na aula sobre temas como os estados de ánimo, os dereitos humanos, a alimentación e a hixiene ou o medio ambiente.
Neste mundo noso os cambios na situación política global (e, polo tanto, na Historia), están á orde do día. Por iso agradécese a edición dun libro de consulta como este, no que podemos consultar de maneira rápida calquera dato concreto que precisemos sobre aparición-desaparición de países, cambios nos réximes políticos, ou mesmo protagonistas deses procesos.
Novidades Novembro (I)
Darwin, Einstein e Chaplin.
Dous científicos e un cineasta. Tras o paso polo mundo de calquera destes tres homes, os seres humanos cambiaron a súa percepción do lugar que ocupan no Universo, ademais de aprender a se riren un pouco máis de si mesmos.
Nestes libros atoparás información áxil sobre quen foron e que supuxeron.
A editorial Lóstrego pon á túa disposición uns breviarios sobre temas moi concretos. Así, cunha lectura rápida, haste facer cos conceptos fundamentais relativos eses eidos. Por exemplo, a historia dos xudeus en Galicia, as vidas e aportacións de artistas, científicos, escritores e filósofos, o camiño de Santiago ou as relixións do mundo.
25/11/08
40 anos: tanto e tan pouco
Este ano cúmprense 40 desde a estrea da película 2001: Una odisea del espacio (2001: A Space Odyssey). O argumento e guión foron elaborados polo cineasta Stanley Kubrick e o novelista Arthur C. Clarke a partir dun relato deste último titulado The Sentinel ("O centinela"). A medida que se desenvolvía a rodaxe, o escritor ía completando unha versión novelística, que completa algúns aspectos presentados no film. Quizais iso foi o que motivou os desencontros producidos entre os dous artistas, que finalmente non tiveron maiores consecuencias.
E, se antes ou despois da novela (que temos na nosa Biblioteca, por suposto), te decides pola película, dúas recomendacións: paciencia (ó mellor o seu ritmo é demorado de máis para ti) e relax para poder disfrutar dun espectáculo visual impropio dunha época na que o cine era máis artesanal que agora; a pesar diso, creo que ningún film destes últimos anos realizado con apoio dixital mellora o resultado deste fito indiscutible da historia do cine.
Tanto a película como a novela propoñen unha reflexión sobre o lugar da especie humana nun Universo que naqueles anos 60, nos principios da carreira espacial, xa se revelara como inmensamente enorme. As vellas preguntas "quen somos, de onde vimos, cara onde vamos": nada orixinal. Mais tampouco se trata diso; no fondo, nunca se tratou diso na arte, mais iso é outro tema.
Como moitas boas novelas, ten varias lecturas. Da máis filosófica xa falamos; se non tes tanta gaña de romper a cabeza, quizais te chame a atención a capacidade visionaria do(s) autor(es): por poñer un só exemplo, os ordenadores fan algunas cousas que en 1968 podían parecer incribles, pero que hoxe son realidade, como o envío de datos a distancia (ou sexa, internet), e tamén a xestión de complexas actividades mecánicas. O certo é que Arthur C. Clarke estaba en contacto directo coa NASA, que lle facilitaba información sobre as liñas de investigación en marcha: el engadiu unha fértil imaxinación: por iso describe con tanto detalle os problemas cotiáns que tería vivir sen gravedade, por exemplo. É certo que noutros eidos do avance tecnolóxico aínda non chegamos ó que se describe na novela... pero iso é mellor que o descubras ti mesmo. Só pensa que a conquista do espacio non seguiu nestes 40 anos o ritmo tan acelerado co que principiou.
E, se antes ou despois da novela (que temos na nosa Biblioteca, por suposto), te decides pola película, dúas recomendacións: paciencia (ó mellor o seu ritmo é demorado de máis para ti) e relax para poder disfrutar dun espectáculo visual impropio dunha época na que o cine era máis artesanal que agora; a pesar diso, creo que ningún film destes últimos anos realizado con apoio dixital mellora o resultado deste fito indiscutible da historia do cine.
LER + MIRAR + OÍR = APRENDER E SER
ALFONSO BLANCO
Etiquetas:
Reseñas de libros e/ou autores
20/11/08
Aliae Ibericae Linguae (II)
Hoxe, por fin, tivo lugar a primeira das Lecturas en Vivo na nosa Biblioteca. Como xa fora anunciado, tres profesores leron tres textos breves en portugués, eusquera e catalán: logo de ser presentados por Emiliano Morenza, Alfonso González recitou dous poemas de Fernando Pessoa ("Nevoeiro" e "Liberdade"), Alfonso Blanco leu un fragmento do conto "Finis coronat opus", do libro de relatos Obabakoak, de Bernardo Atxaga; e Ramón Beltrán prestou a súa voz a un poema de Ramon Guillem ("Desig de estar mort"), ademais de recitar a canción L'estaca de Lluís Llach.
O Equipo de Biblioteca quere agradecer a alumnos e profesores a asistencia coa que nos arrouparon. Velaquí as fotografías testemuño do evento (cortesía de Pepe Sacau e Adelina Rodríguez). Logo de ver as fotos, non marchedes, que temos máis cousas que dicirvos.
O Equipo de Biblioteca quere agradecer a alumnos e profesores a asistencia coa que nos arrouparon. Velaquí as fotografías testemuño do evento (cortesía de Pepe Sacau e Adelina Rodríguez). Logo de ver as fotos, non marchedes, que temos máis cousas que dicirvos.
Xa estamos aquí de novo. Reiteramos o noso agradecemento e lembrámosvos que, a partir de agora, é desexable que profesores, pero sobre todo alumnos, tomen a iniciativa de encher este espacio con actividades semellantes. Ler de viva voz un texto literario, de creación propia ou allea, fainos máis conscientes dese proceso polo que aprendemos unha morea das cousas que sabemos: a lectura.
VOSA É A PALABRA
VOSA É A VOZ
VOSA É ESTA BIBLIOTECA
VOSA É A VOZ
VOSA É ESTA BIBLIOTECA
19/11/08
Aliae Ibericae Linguae
l
Mañá xoves día 20, no 1º recreo (de 10,10 a 10,30), principian as LECTURAS EN VIVO na nosa Biblioteca.
O protagonismo será nesta ocasión para as linguas da Península Ibérica distintas das nosas: dúas linguas romances (portugués e catalán) e outra de orixe descoñecida (eusquera). Nun ambiente lumínico e sónico moi essspecccial leranse textos, entre outros, de Fernando Pessoa, Bernardo Atxaga e Ramon Guillem.
Ó remate da actividade os asistentes recibirán un literario agasallo.
LEMBRADE QUE AS LINGUAS SON, ANTES QUE NADA, ORAIS.
VIDE ESCOITAR O SON DOUTRAS LINGUAS!
Mañá xoves día 20, no 1º recreo (de 10,10 a 10,30), principian as LECTURAS EN VIVO na nosa Biblioteca.
O protagonismo será nesta ocasión para as linguas da Península Ibérica distintas das nosas: dúas linguas romances (portugués e catalán) e outra de orixe descoñecida (eusquera). Nun ambiente lumínico e sónico moi essspecccial leranse textos, entre outros, de Fernando Pessoa, Bernardo Atxaga e Ramon Guillem.
Ó remate da actividade os asistentes recibirán un literario agasallo.
LEMBRADE QUE AS LINGUAS SON, ANTES QUE NADA, ORAIS.
VIDE ESCOITAR O SON DOUTRAS LINGUAS!
Etiquetas:
Lecturas en Vivo
Suscribirse a:
Entradas (Atom)