Este libro pode resultar un xeito ameno de coñecer cómo é o espacio exterior. E unha vez que somos conscientes desa realidade, decatámonos de que somos infinitesimalmente pequenos. ¿Tamén insignificantes? Iso que o decida cada quen. Pensade unha cousa: se somos capaces de tirar pracer das pequenas cousas da nosa vida, algo de significativos seremos, ¿non é? Lucy e Stephen Hawking (si: o segundo é o famoso científico; a primeira é a súa filla) escribiron unha sinxela noveliña de intriga, pero pode resultar apta para dúas cousas: gustarse na súa doada lectura e aprender algo sobre o Universo. Quizais algún lector se convirta co paso do tempo (¿e do espacio tamén?) nun astrónomo ou nun novelista digno de lembranza, ou as dúas cousas; ou, se lle dá pola informática, pode que constrúa un ordenador tan fantástico como o Cosmos do libro.
En fin, que temos tres exemplares na nosa Biblioteca. ¿Alguén quere viaxar ás estrelas? Velaquí un anaquiño:
El cometa viajaba a través de los asteroides a toda velocidad. Una nueva roca impactó contra el cometa, justo delante de ellos, y empezaron a llover fragmentos de roca más pequeños sobre sus cascos y sus trajes espaciales. George oyó gritar a Annie a través del micrófono del casco hasta que los chillidos cesaron de repente. El sonido se había detenido como si hubieran apagado una radio
ALFONSO BLANCO
No hay comentarios:
Publicar un comentario