22/10/08

O Universo a través dun libro


Este libro pode resultar un xeito ameno de coñecer cómo é o espacio exterior. E unha vez que somos conscientes desa realidade, decatámonos de que somos infinitesimalmente pequenos. ¿Tamén insignificantes? Iso que o decida cada quen. Pensade unha cousa: se somos capaces de tirar pracer das pequenas cousas da nosa vida, algo de significativos seremos, ¿non é? Lucy e Stephen Hawking (si: o segundo é o famoso científico; a primeira é a súa filla) escribiron unha sinxela noveliña de intriga, pero pode resultar apta para dúas cousas: gustarse na súa doada lectura e aprender algo sobre o Universo. Quizais algún lector se convirta co paso do tempo (¿e do espacio tamén?) nun astrónomo ou nun novelista digno de lembranza, ou as dúas cousas; ou, se lle dá pola informática, pode que constrúa un ordenador tan fantástico como o Cosmos do libro.
En fin, que temos tres exemplares na nosa Biblioteca. ¿Alguén quere viaxar ás estrelas? Velaquí un anaquiño:

El cometa viajaba a través de los asteroides a toda velocidad. Una nueva roca impactó contra el cometa, justo delante de ellos, y empezaron a llover fragmentos de roca más pequeños sobre sus cascos y sus trajes espaciales. George oyó gritar a Annie a través del micrófono del casco hasta que los chillidos cesaron de repente. El sonido se había detenido como si hubieran apagado una radio


ALFONSO BLANCO

Lecturas en vivo na Biblioteca

En breve comezarán as lecturas en vivo
(nun ambiente moi esssspecialllll) na
nosa Biblioteca. De momento só vos
podemos avanzar que terán lugar na

derradeira semana de cada mes durante
os segundos recreos (12:10 a 12:30), e que
estarán abertas ó público en xeral.

¡ACUDIDE A ESCOITAR ÓS VOSOS COMPAÑEIROS!

LEGERE ET DELECTARE

Colaborade para encher o concentrado

15/10/08

Agasallos para os mellores nanocontos

8/10/08

- é +

7/10/08

Concentrado de Contos