25/9/18

Inicio do curso

Un curso máis, a Biblioteca do IES Fontexería abre as súas portas para ofrecer os seus servizos a toda a Comunidade Educativa.

Deixamos aquí unha presentación na que damos algunha información sobre ela, pero o que máis nos interesa é que a veñades visitar e que nos comentedes todo aquilo que vos pareza interesante para mellorar o servizo.

Saúdos e ánimos para o curso que comeza.


11/6/18

Recomendacións para as vacacións de verán

Achégase o final de curso e, como cada ano, desde o Equipo de Biblioteca facemos unhas recomendación de lectura para estas próximas semanas de lecer.

Coma sempre, están clasificadas por sectores da nosa Comunidade Educativa.

Lembrámosvos que podedes levar en préstamo para o verán, non só os libros que recomendamos neste documento, senón calquera outro (ata tres), co compromiso de devolvelos nos primeiros días de setembro.

6/6/18

Doazón de Emiliano Morenza

O profesor Emiliano Morenza, que se traslada do noso centro logo de case 20 anos no mesmo, fíxonos doazón dunha selección de libros da súa biblioteca persoal, que acollemos con ledicia.


Emiliano Morenza formou parte durante varios cursos do Equipo de Biblioteca, e desde aquí agradecémoslle o seu traballo nel e desexámoslle, ademais, moita sorte no seu novo destino docente.

Unha aperta, Emiliano.

1/6/18

Novidades Xuño (II) / Novedades Junio (II)

LIBRO DO MES
Uno de los cómics referencia del género en España en el siglo XXI. A través de la figura de su padre, Antonio Altarriba, con los dibujos de Kim, entra en el drama que afectó a tantas familias españolas vencidas en la Guerra Civil y obligadas a sobrevivir durante el franquismo.

Mentres acompaña á súa nai nas súas horas finais nun hospital, Miguel Mendiguren lembra os seus anos de infancia, coincidentes coa fazaña do cosmonauta soviético Iuri Gagarin, o primeiro humano no espazo. Fernández Paz viaxa, con este personaxe, á Coruña dos anos 1960.

Novidades Xuño (I) / Novedades Junio (I)


A finais do século XV, en Venecia, un banqueiro é asasinado, e decontado as sospeitas caen sobre un taller de mapas. Segundo avanza o relato deste cómic, a intriga vaise enguedellando, até chegar a un final sorprendente, como é de desexar en toda narración de misterio.






El atentado contra la revista satírica francesa Charlie Hebdo supuso una conmoción para la sociedad francesa y europea. Catherine Meurisse, trabajadora del semanario, expone durante este relato en forma de cómic el impacto psicológico que supuso para ella.

23/5/18

Outro moble novo

Debido ó incremento de fondos que vimos experimentando nos últimos cursos, maiormente neste que está a piques de rematar e mais o anterior, decidimos instalar un novo andel baixo.

Nel expoñeranse as recomendacións da Biblioteca, as dos Departamentos, a maior parte da sección dedicada ó cómic, e tamén as obras de lectura obrigada nas diferentes materias. Pensamos que a súa situación, preto do centro da sala e a carón do espazo de lectura informal, favorece o acceso dos fondos nel albergados, que son os de máis uso.

Esperamos que vos guste e, sobre todo, que vos atraia



14/5/18

Día das Letras Galegas: Mª Victoria Moreno

Durante esta vindeira quincena, a nosa Biblioteca homenaxea a María Victoria Moreno, autora á que este ano se dedica o Día das Letras Galegas.

Por unha banda, expoñeremos en lugar preferente unha escolma dos títulos que dela posuímos dentro dos nosos fondos.

Pola outra, proxectaremos, durante os recreos, unha presentación informativa sobre a súa figura.