Durante os recreos do que queda desta semana e tamén na vindeira, proxectaremos na nosa Biblioteca unha presentación sobre Xosé María Díaz Castro, autor homenaxeado este ano no Día das Letras Galegas.
Tamén expoñeremos varios exemplares da súa obra Nimbos en lugar destacado.
Velaquí vos deixamos o documento:
Benvidos ó noso blog. É un espazo aberto para compartir o pracer da lectura e o amor pola cultura en xeral. -///- Bienvenidos a nuestro blog. Es un espacio abierto para compartir el placer de la lectura y el amor por la cultura en general -///- Welcome to our blog. It is an open space for those who want to share their pleasure in reading and their love for culture -///- Bienvenus à notre blog. C’est un espace ouvert pour partager le plaisir de la lecture et de l'amour par la culture en général
15/5/14
5/5/14
Novidades Maio (II) / Novedades Mayo (II)
LIBRO DEL MES
Del Quijote se pueden decir muchas cosas. Alguno dirá, seguramente, que le asusta lanzarse a la lectura de un libro muy largo y escrito en una versión del idioma castellano demasiado antigua y elaborada para el uso común de la actualidad. ¿Quizá cambiaría de opinión con una edición adaptada? ¿Por qué no darle una oportunidad?
Neste ano de conmemoracións rosalianas ofrecémosvos unha edición facsimilar da obra coa que comeza o Rexurdimento literario da lingua galega, aló por 1863. Nunca está de máis voltar a Cantares Gallegos; e, nesta ocasión, para satisfacer, ademais, unha curiosidade: a do aspecto gráfico que tiñan os poemas no seu momento.
Novidades Maio (I) / Novedades Mayo (I)
Laura Gallego García es una famosa y reconocida narradora de literatura fantástica para público juvenil, que además ya conocemos bien en nuestra Biblioteca. En esta ocasión, nos cuenta la historia de Jonathan, un chico que debe encontrar un reloj para salvar el alma de su madrastra (sí: su madrastra) antes de que pasen doce horas.
César Mallorquí é un exitoso autor de literatura xuvenil. Os seus libros tamén foron acollidos en máis dunha ocasión pola nosa Biblioteca. Agora propoñémosvos a lectura en galego dunha das súas obras, ambientada no mundo do narcotráfico a cabalo entre Bolivia e España. É unha clásica novela de aventuras, mais nun decorado actual.
23/4/14
Exposición sobre Miguel Anxo Buonarroti
Durante este ano 2014 cúmprese o 450º aniversario da morte de Miguel Anxo Buonarroti, probablemente o artista de maior talla que ten dado a Humanidade.
Con tal motivo, a Biblioteca preparou unha exposición de 37 paneis en tamaño SuperA3 que fai unha panorámica, en orde cronolóxica, de toda a súa obra pictórica, escultórica e arquitectónica.
Podédela ver no corredor longo do segundo andar do noso Centro.
Que a disfrutedes.
22/4/14
Presentacións nos recreos: A Revolución dos Caraveis
Durante esta semana e a vindeira proxectaremos, nos recreos da nosa Biblioteca, unha presentación sobre o 40º aniversario da Revolución dos Caraveis, que puxo fin en Portugal a unha dictadura militar de máis de catro décadas.
Como é previsible, soará de fondo a canción Grândola Vila Morena, de José Afonso.
Aquí vos deixamos o documento:
Como é previsible, soará de fondo a canción Grândola Vila Morena, de José Afonso.
Aquí vos deixamos o documento:
Etiquetas:
Proxeccións nos recreos
1/4/14
Novidades Abril (II) / Novedades Abril (II)
LIBRO DO MES
Morto hai xa anos René Goscinny e retirado Albert Uderzo, moitos supuñAstérix tocaba ó seu fin. Mais errabamos, por Tutatis! Con Jean-Yves Ferri no texto e Didier Conrad nos debuxos, as aventuras dos galos van ter continuidade. E a primeira aventura non descasta, pois todos os elementos da saga seguen aí
amos que a serie de
La Filosofía en el actual currículo educativo se ve obligada a decir mucho en muy poco tiempo. Por eso este libro puede resultar muy útil para orientarse en un campo tan amplio como el de las diferentes escuelas filosóficas: explicaciones breves, referencias a las biografías de los pensadores y textos ilustrativos. Vale la pena
Novidades Abril (I) / Novedades Abril (I)
Un lobo ferido por un lazo de aceiro e un home ferido pola vida alíanse neste relato co fin de sobrevivir. Cun aire que lembra ás narracións de Jack London, Xavier López Rodríguez lévanos a vivir de preto a natureza, e tamén a reflexionar sobre os motivos que empurran ós humanos a despoboar o campo para masificar as cidades.
César Mallorquí cuenta las aventuras de Jaime Mercader, un tahúr que prospera en la ciudad colombiana de Cartagena de Indias, hasta que se cruza en su camino una seductora mujer que lo convence para buscar la Cruz de El Dorado, un tesoro de la época colonial. Todo en la línea más clásica de la novela de aventuras.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)

