1/3/18

Novidades Marzo (II) / Novedades Marzo (II)

LIBRO DEL MES

Este libro reúne, en formato breve, 26 biografías de mujeres que, con su lucha, lograron avances importantes para el sexo femenino y para la sociedad en general. Injustamente, por ser mujeres, casi ninguna obtuvo el reconocimiento que merecían. Es hora de hacerles justicia.

Que contén un cigarro? Por que as persoas comezan a fumar? Por que moitas non son quen de deixar o hábito? Este breve manual intenta responder a estas cuestións e axudarnos a non iniciarnos nun costume que pode acabar sendo moi nocivo para a nosa saúde.

Novidades Marzo (I) / Novedades Marzo (I)

 
Latinista, profesor, tradutor e poeta. Estas son varias das facetas de Raúl Gómez Pato, quen con este poemario gañou o I Premio de Poesía Xosé María Díaz Castro. Son composicións breves, nas que o ritmo das sílabas e os versos están especialmente coidados.
 


 


Camelia es una joven preocupada por ciertas cuestiones y que, sobre todo, quiere saber. Y lo logrará gracias a la correspondencia que mantiene con su profesora de Filosofía, que tratará con ella de la búsqueda de la felicidad, la motivación, la racionalidad...

28/2/18

Día de Rosalía (II)

Como anunciabamos a semana pasada, a Biblioteca colaborou coa iniciativa do Equipo de Dinamización da Lingua Galega do noso Centro de sumarse á convocatoria da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega para conmemorar o día de Rosalía de Castro.

Así, catro rapazas (Mencía, Rosalía, Alba e Mariña) leron, no 2º recreo do venres pasado, o Manifesto elaborado pola AELG con motivo de tal celebración. Aquí deixamos  unhas fotografías do acto.

Tamén poñemos a ligazón á reseña que sobre esta actividade elaborou o EDLG, e que está na páxina web do Centro: EDLG do IES Fontexería.

Longa vida á figura e á obra de Rosalía!
#AbrideAFiestra



21/2/18

Día de Rosalía

Na Biblioteca sumámonos gustosos á iniciativa do Departamento de Lingua e Literatura Galegas e máis do Equipo de Dinamización da Lingua Galega de participar na convocatoria da AELG para conmemorar, o próximo venres día 23 (o 24 é o día propio, pero non é lectivo), o Día de Rosalía.

Con tal motivo, ese venres, no 1º recreo, representantes do alumnado lerán o manifesto elaborado pola devandita AELG.


19/2/18

Proxeccións nos recreos: Entroido muradán

Durante as dúas vindeiras semanas, nos recreos da nosa Biblioteca, proxectaremos unha reportaxe fotográfica sobre o desfile de comparsas que tivo lugar o Domingo de Entroido na vila de Muros.



6/2/18

Entrega de agasallos da 10ª Recollida de Nanocontos (decepción)


Como anunciabamos hai pouco, hoxe procedemos á entrega de agasallos ós participantes na 10ª Recollida de Nanocontos (relatos breves, de menos de 100 palabras), un concurso que cada ano organiza a nosa Biblioteca.

Cando pechou o prazo de entrega, a finais do mes de novembro, o Equipo de Biblioteca comprobou, con decepción, que o número de participantes era moi, moi escaso: un só en todo 1º e 2º da ESO, e unicamente catro entre o resto do alumnado.

Diante deste panorama tan pouco ilusionante, pareceunos lóxico declarar deserto o concurso, pero entregar un agasallo a cada unha das persoas que concorreu ó certame, en agradecemento á súa participación.

Pero o desencanto chegou a máis cando comprobamos que hoxe, á hora establecida e anunciada, só apareceu unha alumna concursante, Marta León, xunto con algúns dos seus amigos. Procedemos a entregarlle o correspondente agasallo e pechamos o deslucido acto.

O Equipo de Biblioteca comunica que, dada a minguante resposta que ven recibindo nos últimos anos esta iniciativa, que vimos levando adiante con ilusión dende hai xa 10 cursos, estamos valorando seriamente non convocala máis.

Seguimos estando, iso si, por completo dispoñibles para o servizo.

1/2/18

Novidades Febreiro (II) / Novedades Febrero (II)

  LIBRO DO MES
Con esta obra, aparecida en 1985, Paco Martín adaptou o chamado “realismo máxico”, cultivado na nosa literatura por Álvaro Cunqueiro, ó público xuvenil, creando o inesquecible personaxe de Ramón Lamote, profesor de chairego e debuxante de soños por encarga.


En este volumen se comentan y analizan dos películas imprescindibles en sus respectivos géneros: la trepidante comedia Con faldas y a lo loco (Billy Wilder, 1959) y la policíaca Encadenados (Alfred Hitchcock, 1946). Dos fantásticos ejemplos del cine del Hollywood clásico.