30/9/14

Novidades Outubro / Novelties for October (I)



Surely you are aware of the importance of English in today’s world. Our Library wants to help you advance your knowledge of this language. Víctor is a course that contains 40 lessons in traditional, written format, 10 DVDs and 6 Cds. It’s a very comprehensive English course. Progressive, entertaining, useful: you have no excuse.








Nila é unha adolescente que vive instalada na inestabilidade emocional. Certo día, compra un diccionario de latín de segunda man e, despois de ler a enorme cantidade de anotacións que nel se atopan, a súa mente adquire unha obsesión por atopar á anterior propietaria do libro. Un inquietante relato de Carmen Gómez Ojea.

25/9/14

Inicio do Curso 2014-15

Comezamos un novo curso académico, e nunhas condicións que non variaron respecto do anterior: seguimos a ser moi poucos no Equipo de Biblioteca, e  con moi poucas horas para dedicarlle.

A Administración educativa galega segue sen poñerse de acordo consigo mesma: por unha banda recurta persoal, e por outra emite ordes que pretenden fomentar e abeirar o traballo que desde as Bibliotecas Escolares se fai en beneficio da Comunidade Educativa.

Así as cousas, e igual que o curso pasado, faremos o que poidamos, que forzosamente será pouco. Dedicaremos o pouco tempo que temos, en primeiro lugar, á xestión de fondos e préstamo. Intentaremos que as actividades dinamizadoras pasen a un segundo plano, e non a un terceiro ou un cuarto, ou mesmo que aparezan esvaídas no horizonte.

Mais non todo van ser queixas nin malos augurios. Contra o final do curso pasado, a nosa compañeira María Mansilla, do Departamento de Lingua e Literatura Galegas, doounos unha cincuentena de libros que enriquecen os fondos da nosa Biblioteca, sobre todo no tocante a clásicos da Literatura Universal.


Graciñas, María. Esperemos que pasen por moitas e boas mans.

5/6/14

Novidades Xuño (II) / Novedades Junio (II)

 LIBRO DO MES



Fran Pérez “Narf” é un músico que compuxo unha serie de temas baseados en poesías de Rosalía de Castro, unha autora que xa ten sido musicada noutras ocasións por xente como Amancio Prada. Iso proba que Rosalía é unha perenne fonte de inspiración para artistas alleos ó eido literario, pero que o aman.

José María Latorre es crítico cinematográfico, lo que lo convierte en un gran aficionado a la narrativa literaria. No solo eso: también trabaja con su imaginación para crear sus propias historias. En ésta, un egiptólogo decide llevar una vida retirada tras la pérdida de su esposa, pero unos hechos sobrenaturales se lo impiden.

Novidades Xuño (I) / Novedades Junio (I)

 

Xornalista, escritor, mineiro, gran viaxeiro... Todas estas actividades encheron a rica vida de Mark Twain para permitirlle crear narracións cheas de vigor e axilidade. Neste clásico, agora traducido ó galego, conta a historia de Hank Morgan, un estadounidense que realiza unha fantástica viaxe no tempo cara a Alta Idade Media inglesa.







Consumado escritor de literatura para jóvenes, Jordi Sierra i Fabra cuenta en este libro la historia de Montse, a quien un hecho imprevisible la ha puesto a las puertas de la muerte. Esa profunda experiencia la obliga a replantear su vida e intentar recuperar la felicidad, quizá de la mano de Sergio, un joven por el que se siente atraída.

15/5/14

Día das Letras Galegas 2014: Xosé María Díaz Castro

Durante os recreos do que queda desta semana e tamén na vindeira, proxectaremos na nosa Biblioteca unha presentación sobre Xosé María Díaz Castro, autor homenaxeado este ano no Día das Letras Galegas.

Tamén expoñeremos varios exemplares da súa obra Nimbos en lugar destacado.

Velaquí vos deixamos o documento:


5/5/14

Novidades Maio (II) / Novedades Mayo (II)

LIBRO DEL MES
Del Quijote se pueden decir muchas cosas. Alguno dirá, seguramente, que le asusta lanzarse a la lectura de un libro muy largo y escrito en una versión del idioma castellano demasiado antigua y elaborada para el uso común de la actualidad. ¿Quizá cambiaría de opinión con una edición adaptada? ¿Por qué no darle una oportunidad?

Neste ano de conmemoracións rosalianas ofrecémosvos unha edición facsimilar da obra coa que comeza o Rexurdimento literario da lingua galega, aló por 1863. Nunca está de máis voltar a Cantares Gallegos; e, nesta ocasión, para satisfacer, ademais, unha curiosidade: a do aspecto gráfico que tiñan os poemas no seu momento.


Novidades Maio (I) / Novedades Mayo (I)

 

Laura Gallego García es una famosa y reconocida narradora de literatura fantástica para público juvenil, que además ya conocemos bien en nuestra Biblioteca. En esta ocasión, nos cuenta la historia de Jonathan, un chico que debe encontrar un reloj para salvar el alma de su madrastra (sí: su madrastra) antes de que pasen doce horas.








César Mallorquí é un exitoso autor de literatura xuvenil. Os seus libros tamén foron acollidos en máis dunha ocasión pola nosa Biblioteca. Agora propoñémosvos a lectura en galego dunha das súas obras, ambientada no mundo do narcotráfico a cabalo entre Bolivia e España. É unha clásica novela de aventuras, mais nun decorado actual.