20/11/13

Presentacións nos recreos: O asasinato de John Fitzgerald Kennedy

A partir de mañá venres, con motivo do 50º aniversario do asasinato do Presidente dos EE.UU. John Fitzgerald Kennedy, durante os recreos da Biblioteca, proxectaremos unha presentación na que se analizan as circunstancias do magnicidio.

Durante a semana vindeira proxectaremos tamén un breve documental sobre o testemuño gráfico máis famoso do feito: a película tomada por Abraham Zapruder

Como sempre, estades todos convidados a vir vela; para os que non se acheguen, aquí a deixamos:



11/11/13

Presentacións nos recreos: René Maltête

Esta semana e máis a vindeira, nos recreos da nosa Biblioteca, proxectaremos unha presentación sobre o traballo do fotógrafo francés René Maltête.

Quedades todos convidados a vir vela. Para os que non asistan, aquí vola deixamos:


6/11/13

6ª Recollida de Nanocontos (I)

Por sexto ano consecutivo, desde a Biblioteca convocamos o concurso de relato breve (ou Nanoconto, como nos gusta chamarlle).

Nesta ocasión modificamos un chisco as condicións de participación, para que os aspirantes ós dous agasallos que ofrecemos en cada categoría teñan que darlle un pequeno pulo á súa imaxinación.

O prazo para presentar os Nanocontos remata o 5 do vindeiro mes de decembro.

Para depositalos hai dúas caixas na Biblioteca.

A ESCRIBIR!


5/11/13

Novidades Novembro (II) / Novedades Noviembre (II)

LIBRO DEL MES
Un libro, no para leer, sino para experimentar con nuestra vista. En él se ofrecen una serie de grandes láminas que nos permiten desarrollar la capacidad de transformar dos dimensiones en tres, sin necesidad de gafas especiales. Se necesita cierta técnica, pero Bodhan, el autor, la explica claramente en la introducción.


Varios autores e ilustradores cítanse neste libro para contarnos unha serie de historias protagonizadas por seres máxicos que poboan os relatos tradicionais galegos: mouros, ananos, xente cativa, pazos soterrados, silveiras, carballeiras... Todo un mundo cheo de herbas poderosas, receitas miragreiras e trasnadas varias.

Novidades Novembro (I) / Novedades Noviembre (I)

 


Hai abondosos estudios sobre Galicia desde o punto de vista etnográfico. Pero sempre é necesario ter unha ferramenta que resuma todo ese saber para facilitarnos a entrada nun mundo que, a forza de ser moi noso, para moita xente é ben descoñecido. Xosé Ramón Mariño Ferro e Xosé Manuel González Reboredo cumpriron ese necesario labor.






 

Esta es la segunda novela en la que Eduardo Mendoza trabaja su famoso personaje del detective anónimo (e imposible) que, contra su voluntad (como siempre la pasa), se ve envuelto en una trama delictiva que, a pesar de su absurdo modo de actuar, consigue resolver. Literatura para sonreír, reírse y hasta desternillarse.

1/10/13

Novidades Outubro / Novedades Octubre (II)

LIBRO DO MES

Esta é a segunda entrega das aventuras do inspector Leo Caldas, xa famoso en Galicia desde a súa aparición en Ollos de auga. Domingo Villar continúa con este libro a súa contribución a construír en galego (e con ambiente galego) un dos xéneros máis queridos polos lectores de todo o mundo desde a súa aparición no s. XX: a novela negra.



 

Henning Mankell, siguiendo una gran tradición de la novela policíaca, ha creado un personaje que le ha dado mucho rendimiento: el inspector Kurt Wallander. En esta ocasión, el protagonista se hará cargo de una investigación del suicidio, quemándose a lo bonzo, de una joven extranjera en la provincia sueca de Escania.

Novidades Outubro / Novedades Octubre (I)

 

Segundo algúns críticos trátase do mellor texto dramático do Mestre. O argumento xira arredor das escavacións levadas a cabo na Catedral de Santiago durante o arcebispado do Cardeal Payá e Rico, entre 1878 e 1879, para recuperar as cinzas do Apóstolo. A obra foi distinguida co primeiro premio do certame Camiño de Santiago de Teatro Profesional (1994).








La Arquitectura es un arte en el que la capacidad humana ha alcanzado logros impresionantes. Este libro ofrece explicaciones breves y concisas que permiten comprender sus elementos y cómo se han ido desarrollando, exponiendo los diferentes estilos y escuelas por orden cronológico. Para disfrutar y aprender.