1/4/20

Novidades Abril (II) / Novedades Abril (II)

LIBRO DO MES 

O Señor dos Aneis é un dos clásicos ineludibles da literatura universal do s. XX, sobre todo no terreo da narrativa fantástica, e foi obxecto dunha coidadosa e exitosa adaptación cinematográfica. A partir de agora, podemos lelo en galego na nosa Biblioteca, e nunha edición ben luxosa.

Para muchos de sus seguidores, 13, Rue del Percebe supone el momento cumbre de la creatividad de Francisco Ibáñez. Aquí presentamos la edición integral de esta historieta, en la que, en cada página hay, como mínimo, diez relatos y retratos cómicos de todo tipo de personas.

Novidades Abril (I) / Novedades Abril (I)

 


Duns anos a esta parte comeza a haber abondosa (e interesante) literatura científica divulgativa en galego. Neste volume, Daniel Soutullo axúdanos a entender o que é o ADN, e tamén a comprender as súas aplicacións biotecnolóxicas, que van estar moi presentes no noso futuro inmediato.


 



A lo largo de los cómics de la serie de Astérix, el latín es un idioma que está muy presente, a través de las citas de modismos y expresiones que llevan, en algunos casos, más de dos mil años acompañándonos. Este volumen nos permite averiguar su significado, y sumergirnos un poco más en la famosa saga.

1/3/20

Novidades Marzo (II) / Novedades Marzo (II)

LIBRO DO MES


Esta trilogía ha supuesto una irrupción irresistible en el mundo de la ciencia-ficción. En el marco de una aventura, por momentos trepidante, Cixin Liu nos invita a una reflexión sobre el papel de la ciencia en nuestra sociedad, además de ayudarnos a comprender la geopolítica actual.


1947. Vila ficticia de Ribadaínsua, una nena, Susana, namorada do cine, sérvese desta arte audiovisual para abrir os ollos ó opresivo mundo que a rodea, para intentar comprendelo, ó tempo que abandona a inocencia propia da idade infantil. Unha novela na que o autor investiu máis de quince anos.

Novidades Marzo (I) / Novedades Marzo (I)

 

Para toda una generación, las protestas de mayo de 1968 en Francia supusieron el despertar de su conciencia política y el punto de inflexión que llevó a muchos de sus componentes a cuestionar la herencia da la posguerra mundial. En este cómic se exponen las claves del movimiento.


 




A ensaísta Ester Nilsson comeza unha relación co artista Hugo Rask, logo de escoitalo impartir unha conferencia sobre a súa propia obra. Con este punto de partida, Lena Andersson fai que o lector matine sobre arte, filosofía, ideoloxía, pero, sobre todo, sobre o carácter dos sentimentos humanos.

1/2/20

Novidades Febreiro (II) / Novedades Febrero (II)

LIBRO DO MES


Máis de 70 anos ten xa este clásico inmortal da literatura, que, lonxe de ter significado só para lectores moi novos, leva engaiolando xeracións e xeracións de persoas. Desde a Biblioteca convidámosvos a descubrir, en galego, o canto á vida e ó amor que supón esta fermosa historia de Saint-Exupéry.

El drama de la emigración por motivos económicos y políticos afecta a una gran parte de la población mundial. A pesar de que está muy presente en los medios de comunicación, quizá este cómic, dunha factura extraordinaria, sea una buena vía para que tomemos conciencia de ella y comprendamos mejor a sus protagonistas.


Novidades Febreiro (I) / Novedades Febrero (I)

 

O mundo dos baixos fondos, relacionado coa droga e a prostitución, constitúe o ambiente no que se desenvolve este relato policíaco de Xabier P. Docampo, mestre e escritor galego de longa traxectoria na narrativa orientada ó público xuvenil, e que faleceu no ano 2018.

 


 


La psicología es un ámbito de conicimiento humano al que mucha gente se declara aficionado. Este libro es una introducción a esta disciplina, encargada de analizar la conducta humana: orígenes, dudas, escuelas… Todo presentado y redactado de una manera cercana y amena, según sus autores.

1/1/20

Novidades Xaneiro (II) / Novedades Enero (II)

LIBRO DEL MES
 
Estamos en 2014 y comienzan a aparecer muertos varios altos cargos de entidades financieras. Miguelanxo Prado, con un dibujo sombrío pero eficaz, nos cuenta en esta novela gráfica una historia de venganza en el clima de corrupción y deshaucios que creó la crisis iniciada en 2008.


Lola chega a Santiago de Compostela para estudar Historia. Alí verá como os efectos combinados da súa primeira paixón amorosa, o agromar da súa vocación literaria e a investigación dun asasinato provocarán un cambio decisivo na súa personalidade.

Novidades Xaneiro (I) / Novedades Enero (I)



Quizais non somos moi conscientes, pero no Parlamento Galego elabóranse leis que afectan á nosa vida cotiá. Mediante este breve manual, de texto e gráficos moi accesibles, aprenderemos como funciona a institución na que reside a base do actual autogoberno de Galicia.

 
 





Desde Einstein, el tiempo ya nunca volvió a ser igual. Este libro aborda, desde una perspectiva divulgativa y humorística, los conceptos básicos del tiempo como magnitud de la Física: la distancia a la que están las estrellas, los agujeros negros, los “viajes” en el tiempo...

1/12/19

Novidades Decembro (II) / Novedades Diciembre (II)

LIBRO DO MES


Esta novela de Albert Camus é un dos fitos do movemento existencialista. A súa descrición dunha abafante peste que se estende pola cidade alxeriana de Orán convídanos a tomar conciencia das ameazas ás que á vida humana se ve exposta e de como as pode superar.






 Diario de un killer sentimental y Yacaré son dos novelas cortas en las que Luis Sepúlveda explora el género policíaco. La primera indaga en la mente de un asesino a sueldo, mientras la segunda nos muestra a un agente de seguros que intuye un misterio en un caso en el que trabaja.

Novidades Decembro (I) / Novedades Diciembre (I)

 










Éstos son dos de los tres tomos de que acabará constando La balada del Norte, una novela gráfica de Alfonso Zapico ambientada en la revolución de Asturias de 1934. Política, amores contrariados y rivalidades personales se mezclan en una historia que atrapa desde la primera página.

Xacobe atopa un antigo manuscrito na súa casa e, de súpeto, lánzase a unha investigación histórica que o leva ós tempos da batalla de Rande, na que tomara parte un antepasado seu. As súas pescudas guiarano cara a unha clave mediante a que se pode atopar un tesouro...


1/11/19

Novidades Novembro (II) / Novedades Noviembre (II)

LIBRO DEL MES


Sabemos quiénes fueron Inge Lehmann o Grace Hopper? Ellas son dos de las 25 mujeres científicas de las que trata este libro, que han realizado aportaciones importantes en sus campos de estudio y que hasta ahora no han sido debidamente reconocidas.

Willa Cather, gañadora dun premio Pulitzer, realiza nesta novela un notable estudo do paso do tempo, mentres nos conta unha historia decadente: a da progresiva desaparición dun certo estilo de vida, propio do Vello Oeste estadounidense.

Novidades Novembro (I) / Novedades Noviembre (I)


Por que se derrete a manteiga? Existe o outro lado do espello? Como logra saír da Terra un foguete? Ata 140 preguntas coma estas responde, de maneira sinxela e directa, este libro destinado ós estudantes dos primeiros cursos da ESO que sintan curiosidade científica.




 

 Se dice que la Física cuántica es tan difícil de entender (y de explicar) que no la entienden ni los propios físicos cuánticos. Este cómic aborda la compleja tarea de hacer accesible ese ámbito de la ciencia, que está en la base de nuestra comprensión de las leyes de la Naturaleza.

1/10/19

Novidades Outubro (II) / Novedades Octubre (II)

LIBRO DO MES

Chega á nosa Biblioteca, na súa versión en galego, esta ampla reportaxe periodística sobre o mundo do narcotráfico en Galicia. Como é ben sabido, o libro estivo rodeado de polémica e deu lugar a unha exitosa serie de TV(que se pode ver neste sitio web: Serie Fariña) Agora os nosos lectores poderán formar a súa propia idea.


Hace poco que ha desaparecido de Euskadi la violencia política. En este contexto, Alfonso Zapico organizó unos encuentros con el diputado socialista Eduardo Madina y el músico Fermín Muguruza, y este cómic es el resultado: toda una invitación a la necesidad de respetarse.

Novidades Outubro (I) / Novedades Octubre (I)

 

Este é o máis recente cómic da serie Astérix. Hai xa algúns anos que deixou os pinceis o debuxante orixinal, Albert Uderzo, que continuara en solitario tras a morte do guionista René Goscinny. A chama pasou a Jean-Yves Ferri e Didier Conrad, que prolongan o universo Astérix con moito respecto.

 
 
 

Esta novela la disfrutarán tanto los nostálgicos de los años 80 como los que en la actualidad siguen el revival de aquella década. El relato es una aventura trepidante en un mundo virtual con ramificaciones, algunas veces peligrosas, en una realidad futura poco halagüeña. La novela ha sido llevada al cine recientemente por Steven Spielberg.

10/6/19

Recomendacións para as vacacións de verán

Está a piques de rematar o curso, e quizais nestas próximas semanas atopemos un oco para dedicarllo á lectura.

Por se ese é o caso, desde a Biblioteca facémosvos unhas recomendacións, organizadas por sectores da nosa comunidade educativa.

Lembrámosvos que podedes levar en préstamo para o verán calquera título dos nosos fondos (non só os que recomendamos aquí), co compromiso de devolvelo nos primeiros días de setembro.

Con isto rematan as actividades da Biblioteca por este curso. Desexámosvos que teñades un lecer pracenteiro e produtivo.

1/6/19

Novidades Xuño (II) / Novedades Junio (II)

LIBRO DO MES

Hace ya años que el Mediterráneo ve cómo miles de personas huyen de la guerra y de la precariedad económica esperando encontrar en Europa un lugar seguro en el que vivir. Este libro, de extraordinaria calidad gráfica y periodística, nos hace tomar conciencia de ello.


Corea do Norte é un dos países que Occidente mira con máis desconfianza e intriga, debido ás peculiaridades do seu réxime político. O especialista en animación audiovisual Guy Delisle viviu nel algúns meses, e escribiu este cómic como testemuño da súa experiencia.

Novidades Xuño (I) / Novedades Junio (I)


Si creemos que cuando navegamos por la red somos totalmente libres y elegimos en todo momento lo que queremos ver y conocer, estamos equivocados… O al menos es lo que pretende hacernos ver este libro, de lectura recomendable para los que intentan dedicir por sí mismos.



Esta novela cóntanos, ó longo de varias décadas do século XX, a historia dunha familia grega abaneada por amores contrariados e polas obrigas que a sociedade tradicional lles impón. Toda unha travesía vital, co mar e as illas gregas como pano de fondo.

12/5/19

Día das Letras Galegas: Antonio Fraguas

Durante esta quincena, a nosa Biblioteca quérese sumar á homenaxe que a cultura galega fai á figura de Antonio Fraguas, a quen se dedica este ano o Día das Letras Galegas.

Con tal motivo, e como cada ano por estas datas, elaboramos unha presentación divulgativa sobre o homenaxeado, que proxectaremos durante os recreos.

Tamén expoñeremos, nunha mesa situada nun lugar preferente, varias das obras de Fraguas coas que contamos entre os nosos fondos.

Aquí deixamos a presentación:


1/5/19

Novidades Maio (II) / Novedades Mayo (II)

LIBRO DO MES

Antonio Fraguas, autor homenaxeado no Día das Letras Galegas, dedicou a súa vida ó estudo da cultura galega. Neste pequeno volume recóllense algúns artigos e conferencias sobre varios temas: literatura oral, lendas, o culto ós mortos, ou festas populares.


Presentamos aquí la última novela de Eduardo Mendoza, un autor que maneja con destreza la prosa humorística, cargándola de ironía y utilizándola como comentario de la realidad social, en este caso la de la década de los setenta del siglo pasado.

Novidades Maio (I) / Novedades Mayo (I)


Nesta novela, Manuel Gago argalla unha trama de intriga arredor da talla dunha Santa Mariña, que lle permite desenlear un misterio e acabar por revelar un sistema corrupto, con ramificacións insospeitadas nun momento decisivo da historia de Europa.






La Filosofía, tan maltratada en los últimos planes de estudio, es fundamental para entender al ser humano. Este cómic explica con humor y habilidad las diversas escuelas de pensamiento que más han influido en la historia de nuestra especie desde el origen del logos.