10/6/19

Recomendacións para as vacacións de verán

Está a piques de rematar o curso, e quizais nestas próximas semanas atopemos un oco para dedicarllo á lectura.

Por se ese é o caso, desde a Biblioteca facémosvos unhas recomendacións, organizadas por sectores da nosa comunidade educativa.

Lembrámosvos que podedes levar en préstamo para o verán calquera título dos nosos fondos (non só os que recomendamos aquí), co compromiso de devolvelo nos primeiros días de setembro.

Con isto rematan as actividades da Biblioteca por este curso. Desexámosvos que teñades un lecer pracenteiro e produtivo.

1/6/19

Novidades Xuño (II) / Novedades Junio (II)

LIBRO DO MES

Hace ya años que el Mediterráneo ve cómo miles de personas huyen de la guerra y de la precariedad económica esperando encontrar en Europa un lugar seguro en el que vivir. Este libro, de extraordinaria calidad gráfica y periodística, nos hace tomar conciencia de ello.


Corea do Norte é un dos países que Occidente mira con máis desconfianza e intriga, debido ás peculiaridades do seu réxime político. O especialista en animación audiovisual Guy Delisle viviu nel algúns meses, e escribiu este cómic como testemuño da súa experiencia.

Novidades Xuño (I) / Novedades Junio (I)


Si creemos que cuando navegamos por la red somos totalmente libres y elegimos en todo momento lo que queremos ver y conocer, estamos equivocados… O al menos es lo que pretende hacernos ver este libro, de lectura recomendable para los que intentan dedicir por sí mismos.



Esta novela cóntanos, ó longo de varias décadas do século XX, a historia dunha familia grega abaneada por amores contrariados e polas obrigas que a sociedade tradicional lles impón. Toda unha travesía vital, co mar e as illas gregas como pano de fondo.