12/5/19

Día das Letras Galegas: Antonio Fraguas

Durante esta quincena, a nosa Biblioteca quérese sumar á homenaxe que a cultura galega fai á figura de Antonio Fraguas, a quen se dedica este ano o Día das Letras Galegas.

Con tal motivo, e como cada ano por estas datas, elaboramos unha presentación divulgativa sobre o homenaxeado, que proxectaremos durante os recreos.

Tamén expoñeremos, nunha mesa situada nun lugar preferente, varias das obras de Fraguas coas que contamos entre os nosos fondos.

Aquí deixamos a presentación:


1/5/19

Novidades Maio (II) / Novedades Mayo (II)

LIBRO DO MES

Antonio Fraguas, autor homenaxeado no Día das Letras Galegas, dedicou a súa vida ó estudo da cultura galega. Neste pequeno volume recóllense algúns artigos e conferencias sobre varios temas: literatura oral, lendas, o culto ós mortos, ou festas populares.


Presentamos aquí la última novela de Eduardo Mendoza, un autor que maneja con destreza la prosa humorística, cargándola de ironía y utilizándola como comentario de la realidad social, en este caso la de la década de los setenta del siglo pasado.

Novidades Maio (I) / Novedades Mayo (I)


Nesta novela, Manuel Gago argalla unha trama de intriga arredor da talla dunha Santa Mariña, que lle permite desenlear un misterio e acabar por revelar un sistema corrupto, con ramificacións insospeitadas nun momento decisivo da historia de Europa.






La Filosofía, tan maltratada en los últimos planes de estudio, es fundamental para entender al ser humano. Este cómic explica con humor y habilidad las diversas escuelas de pensamiento que más han influido en la historia de nuestra especie desde el origen del logos.