8/3/19

Proxeccións nos recreos: Mulleres matemáticas

É ben sabido que, ó longo da Historia, o papel das mulleres en xeral, e no mundo da investigación científica en particular, non foi abondo recoñecido.

A nosa Biblioteca, mergullándose na rede, atopou unha presentación temática que incide, precisamente, neste aspecto, e nos axuda a coñecer mellor algunhas figuras femininas que contribuíron de xeito importante ó avance do saber matemático.

Logo de traducila ó galego e realizar algunha que outra adaptación, decidimos facela protagonista dunha proxección temática dentro dos recreos da nosa Biblioteca: a da quincena final deste mes de marzo.

Esperamos que vos agrade.

Velaquí:

1/3/19

Novidades Marzo (II) / Novedades Marzo (II)

  LIBRO DO MES


En 2015, cuando fue nombrado ministro de Economía de Grecia, el autor se convirtió en una figura querida y denostada a partes iguales por la opinión pública europea. En este libro expone con claridad su pensamiento económico. Para poder juzgar hay que conocer.



É esta unha novela histórica ambientada na época da presenza das tropas de Napoleón na Península Ibérica, e que cruza as vidas de dous mozos implicados na guerra: o galego Cristian e o portugués Manumá, que acabarán loitando en América, con Simón Bolívar.

Novidades Marzo (I) / Novedades Marzo (I)


Si: en Galicia tamén houbo mulleres que abriron camiños para que todas as demais puidesen reivindicar o seu xusto lugar na sociedade. Neste libro poderemos coñecer doce delas, para valoralas como merecen e apreciar o legado que nos deixaron.

Este cómic representa la continuación del esfuerzo de Penélope Bagieu por hablarnos de mujeres que rompieron moldes, que se enfrentaron a un entorno que les impedía ser ellas mismas, y que, de un modo u otro, salieron triunfantes. Por querer cumplir su voluntad.