24/2/19

Día de Rosalía

O pasado venres, o Equipo de Dinamización da Lingua Galega do noso Centro organizoou a celebración do Día de Rosalía, e decidiu que unha das actividades tivese lugar na nosa Biblioteca.

Dúas rapazas de 1º BAC, Maruxa Formoso e Lara Reimúndez, interpretaron unha versión musical do poema "Adiós ríos, adiós fontes" (número 15 de Cantares gallegos).

Aquí deixamos un pequeno vídeo como testemuña da actividade.

10/2/19

Presentacións nos recreos: Arte urbana (II)

Recuperando un tema ó que prestamos atención hai xa algúns anos, imos dedicar os recreos da nosa Biblioteca, durante unha quincena, á arte que se pode ver nalgúns entornos urbanos, e que é elaborada por persoas que, comunmente, chamamos grafiteiros.

Aquí deixamos a presentación que imos proxectar estes próximos quince días. Vese ben, pero na pantalla da Biblioteca vese moitísimo mellor.

3/2/19

Novidades Febreiro (II) / Novedades Febrero (II)

LIBRO DO MES

Considerada a primeira novela gráfica, Contrato con Deus proponnos unha inmersión nas máis fortes paixóns do ser humano, algunhas das cales o levan a desprezar os seus semellantes, e mesmo abusar deles. Toda unha traxedia contemporánea.


Esta obra de Concepción Arenal (1820-1893) se centra en la situación de la mujer en el seno de una sociedad que negaba sus derechos. La autora defiende que la mujer debe alcanzar su libertad a través del conocimiento, y que la sociedad debe caminar hacia la igualdad.

Novidades Febreiro (I) / Novedades Febrero (I)

Nesta ficción do xénero fantástico, os libros dunha biblioteca, fartos de que ninguén os lea, deciden elixir entre eles uns cantos para que vaian explorar o mundo exterior. Con este punto de partida, o autor desenvolve unha clásica novela de aventuras, literaria en todos os sentidos.

Los Beatles son un icono, no ya de la música de nuestra época, sino también de la cultura popular. Este libro, escrito y dibujado desde la perspectiva de un fan muy bien informado, nos acerca a las personalidades, los discos y las canciones de los Fab Four.