10/12/18

Recomendacións de lectura para as vacacións de inverno

Como cada ano por estas datas, desde a Biblioteca propoñémosvos unha serie de lecturas para os días de lecer que estamos a piques de comezar.

Tamén coma sempre, recomendamos dous libros (un en galego e outro en castelán) para os diversos sectores da nosa Comunidade Educativa, tendo en conta, maiormente, a súa idade: 1º e 2º ESO, 3º e 4 ESO, Bacharelato e Adultos, e mais Profesorado e P.A.S.

Por suposto, serven tamén como recomendacións para calquera que se achegue a este blog.

Con elas van, ademais, os nosos mellores desexos para estas datas.


3/12/18

Novidades Decembro (II) / Novedades Diciembre (II)

  LIBRO DO MES


Unha das facetas nas que Castelao máis destacou foi na de creador de narracións curtas. A súa mestría neste xénero literario queda ben clara en Un ollo de vidro e nos diferentes relatos de que se compón Retrincos: hai xa tempos que teñen a categoría de clásicos da nosa literatura.

Durante siglos, un poderoso hechizo ha protegido el Valle de la invasión de las tribus salvajes y del dominio del Emperador. Pero ahora la magia está perdiendo fuerza y la joven Tilja debe encontrar a Faheel, el hombre que, tiempo atrás, dio poderes mágicos a sus antepasados.

Novidades Decembro (I) / Novedades Diciembre (I)

A Cova da Moura é buscada sen descanso por dous especialistas en Historia que traballan na restauración do castelo de Soutomaior, logo de atopar alí un manuscrito asinado por Cleofar, unha moza do s. XVI que sufriu abusos por parte do señor do castelo.

Incomprensiblemente, ha caído en el olvido la persecución de que los homosexuales fueron objeto en la Italia fascista, donde Mussolini defendía que en su país eran “todos machos”, y optó por confinar a los homosexuales en islas, sin juicio ni condena. Un cómic que estremece.