Hai unhas semanas, en colaboración coas titorías de 1º ESO, o Equipo de Biblioteca realizou unha actividade de formación de novos usuarios.
En cadansúa sesión, o alumnado de 1º ESO A e mais 1º ESO B foi instruído na organización da Biblioteca, os servizos que presta e o seu funcionamento, e mais nas normas de comportamento que rexen nela.
Como colofón da actividade, levouse a cabo un pequeno xogo no que os rapaces debían demostrar a correcta asimilación dos contidos que se impartiron, e que consistiu na localización, mediante pistas, de diversos títulos nos andeis.
Aquí deixamos unha breve presentación que testemuña a actividade:
Benvidos ó noso blog. É un espazo aberto para compartir o pracer da lectura e o amor pola cultura en xeral. -///- Bienvenidos a nuestro blog. Es un espacio abierto para compartir el placer de la lectura y el amor por la cultura en general -///- Welcome to our blog. It is an open space for those who want to share their pleasure in reading and their love for culture -///- Bienvenus à notre blog. C’est un espace ouvert pour partager le plaisir de la lecture et de l'amour par la culture en général
19/11/18
12/11/18
Presentacións nos recreos: A íntima relación entre o libro e o cerebro
O noso compañeiro do Equipo de Bibloteca e profesor do Departamento de Xeografía e Historia, Ramón Xosé Beltrán Carballeira, preparou unha presentación para facernos reflexionar sobre a íntima relación que un cerebro sanamente exercitado ten coa lectura, desde varios puntos de vista.
Esta presentación será proxectada durante os recreos da nosa Biblioteca nesta quincena.
Convidámosvos a vir vela, ou, se non, aquí a tedes:
1/11/18
Novidades Novembro (II) / Novedades Noviembre (II)
LIBRO DEL MES
En este libro conoceremos las historias de quince mujeres que, como dice su subtítulo, “solo hacen lo que ellas quieren”. Una lectura estimulante y necesaria para concienciarnos de que la lucha por la igualdad entre los sexos dista mucho de haber terminado.
O
escultor Lombardini, residente en Compostela, está a elaborar unha
peza para un certame convocado polo Concello, cando recibe a
sorprendente visita… dun extraterrestre. Así comeza esta creación
de Fausto para serie de aventuras de Simón Martel.
Novidades Novembro (I) / Novedades Noviembre (I)
Velázquez,
unha figura imprescindible da arte pictórica universal, é o fío
condutor de cinco relatos imaxinados por cinco escritores diferentes
sobre outros tantos cadros do pintor sevillano. Historia, literatura
e arte reunidos nuns textos moi agradables de ler.
El
fútbol es un deporte y, aunque cada vez es más evidente su
componente comercial (por lo menos en la alta competición), ha
producido personajes y generado hechos que, según Eduardo Galeano
nos hace ver, están en un lugar impreciso, pero muy sugerente, entre la épica y la
lírica.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)