23/5/18

Outro moble novo

Debido ó incremento de fondos que vimos experimentando nos últimos cursos, maiormente neste que está a piques de rematar e mais o anterior, decidimos instalar un novo andel baixo.

Nel expoñeranse as recomendacións da Biblioteca, as dos Departamentos, a maior parte da sección dedicada ó cómic, e tamén as obras de lectura obrigada nas diferentes materias. Pensamos que a súa situación, preto do centro da sala e a carón do espazo de lectura informal, favorece o acceso dos fondos nel albergados, que son os de máis uso.

Esperamos que vos guste e, sobre todo, que vos atraia



14/5/18

Día das Letras Galegas: Mª Victoria Moreno

Durante esta vindeira quincena, a nosa Biblioteca homenaxea a María Victoria Moreno, autora á que este ano se dedica o Día das Letras Galegas.

Por unha banda, expoñeremos en lugar preferente unha escolma dos títulos que dela posuímos dentro dos nosos fondos.

Pola outra, proxectaremos, durante os recreos, unha presentación informativa sobre a súa figura.

1/5/18

Novidades Maio (II) / Novedades Mayo (II)

  LIBRO DO MES
O noso libro do mes é, probablemente, a novela máis coñecida de María Victoria Moreno, autora homenaxeada este ano no Día das Letras Galegas. Novela de amor, de viaxe e de descubrimento da personalidade, constitúe un fito da literatura galega recente.


La actividad física y deportiva es muy importante en nuestro desarrollo personal. Pero también es cierto que, antes y después de hacer cualquier ejercicio es conveniente estirar la musculatura. Este libro nos enseña a hacerlo con explicaciones simples y claras ilustraciones.

Novidades Maio (I) / Novedades Mayo (I)



A través de 25 hechos, esta obra nos hace recorrer la Historia de la Humanidad de una forma muy amena, desde el Paleolítico hasta el siglo XXI. Mientras no sea posible viajar en el tiempo, por lo menos podremos hacerlo en nuestra imaginación con libros como este.




O consumo e o tráfico de drogas, legais e ilegais, constitúe un serio problema desde hai moito tempo para os individuos e para a sociedade. Este libro infórmanos sobre os efectos das substancias estupefacientes, coa idea de que non nos estraguen a vida.