Como anunciabamos a semana pasada, a Biblioteca colaborou coa iniciativa do Equipo de Dinamización da Lingua Galega do noso Centro de sumarse á convocatoria da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega para conmemorar o día de Rosalía de Castro.
Así, catro rapazas (Mencía, Rosalía, Alba e Mariña) leron, no 2º recreo do venres pasado, o Manifesto elaborado pola AELG con motivo de tal celebración. Aquí deixamos unhas fotografías do acto.
Tamén poñemos a ligazón á reseña que sobre esta actividade elaborou o EDLG, e que está na páxina web do Centro: EDLG do IES Fontexería.
Longa vida á figura e á obra de Rosalía!