Benvidos ó noso blog. É un espazo aberto para compartir o pracer da lectura e o amor pola cultura en xeral. -///- Bienvenidos a nuestro blog. Es un espacio abierto para compartir el placer de la lectura y el amor por la cultura en general -///- Welcome to our blog. It is an open space for those who want to share their pleasure in reading and their love for culture -///- Bienvenus à notre blog. C’est un espace ouvert pour partager le plaisir de la lecture et de l'amour par la culture en général
21/1/18
Falando co clima: Entrevista ó clima tropical
O pasado venres día 19, Marta e Andrea, dúas alumnas de 1º ESO, realizaron na nosa Biblioteca unha pequena dramatización: unha entrevista ó clima tropical.
Estas dúas rapazas elaboraron un traballo sobre o devandito clima dentro dunha actividade proposta dentro da materia de Ciencias Sociais polo seu profesor, Ramón X. Beltrán Carballeira.
Os traballos de Marta e Andrea, xunto cunha selección dos elaborados polo resto do alumnado de Sociais de 1º ESO están expostos nun dos corredores do primeiro andar do noso Centro.
Aquí deixamos o video que rexistramos con ocasión da actividade:
17/1/18
Préstamo interbibliotecario
Poñemos en marcha con ilusión unha nova iniciativa: o préstamo interbibliotecario.
En colaboración co IES Lamas de Castelo (Carnota), iremos poñendo con certa periodicidade (só para lectura en sala) libros a disposición dos usuarios. Do mesmo xeito, e coas mesmas condicións, da nosa Biblioteca tamén sairán libros para Carnota.
Esperamos que o público lector das dúas Bibliotecas aproveite esta posibilidade.
Etiquetas:
Actividades varias,
Recomendacións
15/1/18
Algúns dos nosos cómics
No Equipo de Biblioteca estamos convencidos de que a banda deseñada é un excelente vehículo cultural. Como calquera lectura, é ben capaz de entreter e, asemade, formar.
Durante este primeiro trimestre do curso orientamos as nosas compras a renovar e actualizar esta sección da nosa Biblioteca.
E, a xeito de invitación a que veñades á Biblioteca para botarlles unha ollada ós cómics que posuímos, tanto ós novos como ós que xa levan tempo vivindo entre nós, gravamos este pequeno video, que ademais será proxectado durante esta vindeira quincena na propia Biblioteca:
:
:
Os cómics que nel aparecen son os seguintes:
- La huella de Lorca, de Carlos Hernández e El Torres: reflexiona sobre o significado da vida, a morte e a obra de Federico García Lorca.
- Cuánta tierra necesita un hombre, adaptación dun relato de Lev Tólstoi a cargo de Martin Veyron: o título non precisa máis explicacións.
- En Italia son todos machos, de Luca de Santis e Sara Colaone: crónica, personalizada nun individuo, da represión da homosexualidade na Italia fascista.
- Burkamanía, de JacPé: selección de viñetas satíricas sobre o uso do burka por parte dalgunhas mulleres musulmanas.
- Valerosas (vol. 1), de Pénélope Bagieu: exemplos de mulleres que loitaron pola defensa dos seus dereitos.
- Arrugas, de Paco Roca: famoso cómic (adaptado ó cine de animación) sobre o drama do Alzheimer.
- Persépolis (4 vols.), de Marjane Satrapi: outro cómic ben coñecido, tamén adaptado ó cine, na que a autora conta as súas propias vivencias e, tamén, a súa pelexa polos dereitos das mulleres.
- El extranjero, adaptación da novela de Albert Camus por Jacques Ferrandez.
- Tres biografías: Marx, Freud, e Einstein, a cargo de Corinne Maier e Anna Simon.
7/1/18
Novidades Xaneiro (II) / Novedades Enero (II)
LIBRO DEL MES
Es
un libro extenso, es cierto, pero puede leerse por secciones. David
Crystal hace un estimulante estudio de todos los aspectos del
atributo distintivo de la especie humana: el lenguaje articulado. Nos
habla de su origen, estructura, su diversidad, sus representaciones…
Un referente.
Cada
día que pasa faise máis necesario tomar conciencia do grao de
deterioramento do noso planeta e da necesidade de tomar medidas,
individuais e colectivas, para contribuír á súa conservación.
Este breve manual ilustrado instrúenos sobre como podemos
contribuír.
Novidades Xaneiro (I) / Novedades Enero (I)
O
comic (ou banda deseñada) é unha expresión cultural que, desde o
seu nacemento, cada vez vén interesando a máis persoas. Con este
libro, tamén en forma de comic, coñeceremos os seus códigos e
aprendermos a lelo dun xeito máis conciente, para así gozar del.
Esta
novela gráfica forma parte de la serie “Las aventuras de Max
Fridman”: el protagonista, excombatiente de las Brigadas
Internacionales en la Guerra Civill, debe volver a España para
averiguar el paradero de un antiguo amigo, arriesgando en el empeño
su vida.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)