30/10/17

10ª Recollida de Nanocontos

Como cada ano por estas datas, a Biblioteca convoca un concurso de relato breve.

Trátase da (xa) 10ª Recollida de Nanocontos, entendendo por nanoconto unha narración de menos de 100 palabras.

Velaquí as bases da convocatoria deste ano.


17/10/17

Moble novo

Desde principio de curso contamos cun moble novo: un andel alto onde colocamos algúns fondos que consideramos especiais polo seu formato. Nos máis de 30 anos de vida do Centro, a Biblioteca foi acumulando algunha que outra xoia.


Convidámosvos a botarlle unha ollada, pois nel hai materiais que suscitan a curiosidade.

1º ESO A e B aprenden a usar a Biblioteca

Onte, luns 16 de outubro, levamos a cabo, aproveitando as horas de titoría, unha actividade de formación de usuarios co alumnado de 1º ESO A e B, na súa meirande parte novo no centro.

Deixamos aquí unha breve presentación cunha memoria gráfica da actividade e unha explicación da súa estrutura e desenvolvemento.



11/10/17

Carnés listos!


Como cada ano por estas datas, comunicamos que os carnés de usuario da nosa Biblioteca para este curso xa están dispoñibles.

Tamén coma sempre, só se fan os do alumnado que é novo no centro (maiormente, 1º da ESO e 1º BAC): OS CARNÉS DOS ALUMNOS QUE XA LEVAN ANOS NO INSTITUTO SEGUEN VIXENTES.

Para obtelos, só cómpre pasarse pola Biblioteca.
 
Lembramos, unha vez máis, que os carnés non son imprescindibles para beneficiarse do servizo de préstamo, pero facilitan o traballo do persoal xestor da Biblioteca.

2/10/17

Novidades Outubro (II) / Novedades Octubre (II)

LIBRO DO MES

A piques de cumprirse 90 anos da súa primeira publicación, De catro a catro segue a ser un fito ineludible na poesía galega, e unha demostración de que o noso idioma é quen de lucir en calquera tendencia literaria, mesmo as máis rompedoras, como foi o caso das avangardas. Glorioso.

El debate sobre la existencia de un ser sobrenatural responsable de todo lo existente es probablemente tan antiguo como el ser humano. Este libro nos invita a abordar el problema desde una perspectiva racional para evitar el afloramiento de pasiones que suelen causar males.


Novidades Outubro (I) / Novedades Octubre (I)

 

La gran investigadora y comunicadora Mary Beard compendia en este volumen divulgativo muchos años de trabajo y conocimiento sobre los antiguos romanos. Con él, entre otras cosas, aprenderemos que no somos tan diferentes de nuestros antepasados.






Ramón Carredano Cobas ofrécenos nesta novela un clásico relato policíaco ambientado na Idade Media galega, en pleno s. XIV, no contexto dos conflitos políticos que en Compostela xurdiron arredor da figura do bispo Berenguel de Landoire.