16/1/17

Proxeccións nos recreos: "Donald In Mathmagic Land"

Durante esta vindeira quincena, nos recreos da nosa Biblioteca, proxectaremos a curtametraxe animada titulada, orixinalmente, Donald In Mathmagic Land, que se pode atopar cos títulos casteláns de "Donald en el País de las Matemáticas" e "Donald en el País de las Matemágicas".

Foi producido en 1959 polos estudos cinematográficos de Walt Disney, con guión de Milt Banta, Bill Berg e Heinz Haber, e dirixido por Les Clark, Joshua Meador, Wolfgang Reitherman e Hamilton Luxke.

A pesar de que ten case 60 anos, aínda resulta un espectáculo ameno e instrutivo, co que nos podemos achegar a unha disciplina tan abraiante como a das Matemáticas. E, polo que sabemos, leva moito tempo sendo empregada por un eito de docentes dese ámbito de coñecemento.

Aquí vola deixamos:


12/1/17

Os nosos fondos audiovisuais: As coleccións "A auga e a vida"



Entre os nosos fondos audiovisuais contamos cunha espléndida colección de blu-rays titulada A auga e a vida, editada por Planeta.

Esta serie de documentais (de aproximadamente 55 minutos de duración) está dirixida especialmente ás áreas de Bioloxía e Ciencias Naturais, céntrase na importancia da auga para a vida do noso planeta, desde unha perspectiva divulgativa e conservacionista.


Cada disco contén un documental con gran calidade de imaxe, e entre as opcións de audio para a locución inclúe o galego.

A colección está estruturada arredor de dous eixos temáticos:

     I. A auga no planeta, que abrangue os seguintes documentais:
          - Planeta auga
          - Ríos de auga
          - Augas tranquilas
          - Augas invisibles
          - Entre dúas augas
          - A auga fugaz
          - Augas tropicais
          - O vaivén das ondas
          - A fronteira do mar
          - A costa somerxida
          - As cores da auga
          - Diversidade en perigo
          - As voces da auga

     II. A vida no océano, que inclúe estes documentais:
          - Planeta azul
          - Viaxe ás profundidades
          - Océanos infinitos
          - Mares de xeo
          - As estacións do mar
          - Mar de coral
          - Mareas vivas
          - Litorais mariños
          - Profundidades en perigo

7/1/17

Novidades Xaneiro (II) / Novedades Enero (II)

LIBRO DEL MES

Escrita en las postrimerías del franquismo y publicada fuera de España, esta novela de Juan Marsé retrata un país duro y amargo, en el que la lucha por la vida y la satisfacción de las necesidades y pas pasiones propias ocupan un primer plano, por momentos, muy doloroso.




A colección Contos Climánticos acolle narracións orientadas a concienciarnos da necesidade de coidar o noso medio ambiente. Agustín Agra, que é profesor de Bioloxía, contribúe a este obxectivo con esta serie de relatos breves, moi útiles para a lectura na aula.

Novidades Xaneiro (I) / Novedades Enero (I)

A violencia escolar acompaña en ocasións o desenvolvemento da vida académica, e é algo que debemos combater entre todos. Este libro pode axudarnos a detectar os inicios dos comportamentos violentos e a aprendermos o medio de atallalos. Contra a violencia, tolerancia cero.


Esta revista vivió entre 1974 y 1978, años en los que fue testigo de los acontecimientos que han marcado la historia española reciente. Grandes periodistas y humoristas trabajaron en Por Favor para, entre todos ellos, ofrecer una mirada ácida de aquel momento histórico.