12/12/16

Recomendacións para as vacacións de inverno

Están xa preto as vacacións de inverno deste curso 2016-17 e, como cada ano por estas datas, facemos desde aquí unhas recomendacións de lectura, pois sempre o tempo de lecer nos dá oportunidade para descubrir novas historias e ideas a través dos libros.

Aquí volas deixamos, desexándovos, ademais, que teñades uns días ben ledos e unha venturosa entrada no ano 2017.

8/12/16

Formación de usuarios (II)

O pasado venres día 2 levamos a cabo na nosa Biblioteca a segunda actividade deste curso orientada á formación de usuarios.

O alumnado de 1º ESO B recibiu información sobre o xeito como está organizada a Biblioteca, a maneira correcta de comportarse nela, e o sistema de préstamo. Despois da explicación inicial, levamos a cabo un pequeno exercicio de busca de títulos nos andeis.

Dirixiron a actividade a profesora Manuela Carballude Blanco (titora de 1º ESO B) e Alfonso Blanco Quintela (Coordinador do Equipo de Biblioteca).

Aquí vos deixamos un arquivo que recolle algunhas das fotografías que tiramos durante a experiencia.


1/12/16

Novidades Decembro (II) / Novedades Diciembre (II)

LIBRO DO MES
A mestría de Rafael Dieste no relato curto queda patente neste clásico da literatura galega, que en 2016 cumpre 90 anos. Os vinte contos que conforman o volume están cheos de encanto e poesía, ademais de ter un título común dun atractivo innegable. Non se pode non ler.




Paco Roca, uno de los nombres indispensables del cómic español actual, se acerca a la Guerra Civil. De la mano del dibujante y guionista conocemos la azarosa vida de Miguel, un combatiente republicano que abandonó España pero que no dejó de luchar.




Novidades Decembro (I) / Novedades Diciembre (I)



O de Viladonga é un dos castros mellor coñecidos e traballados pola arqueoloxía, e é unha importante fonte de coñecemento sobre a vida dos habitantes da antiga Gallaecia. Esta obra pasa revista ós resultados da investigación sobre o castro, e que se expoñen no seu museo.



 

Estamos rodeados de símbolos. Y eso es así porque el ser humano siempre ha querido plasmar su realidad, sus emociones y los procesos de su mente a través de representaciones visuales. Este libro analiza esta expresión humana, que comienza ya con las pinturas rupestres.