29/4/15

Nova donación de libros: Daniel Castreño

Daniel Castreño, profesor do Departamento de Debuxo do noso Centro, vén de nos facer un agasallo en forma de 12 libros.

A maior parte deles son guías de viaxe, moi útiles para informarnos de posibles destinos que queiramos visitar e coñecer.

Polo tanto, constitúen un novo enriquecemento dos fondos na nosa Biblioteca.

Graciñas, Daniel: boas viaxes e boas lecturas!


16/4/15

Na morte de Eduardo Galeano

Non cremos que haxa que esperar á morte dun autor para declarar a súa importancia para a Literatura, se é que a ten. Por iso neste blog raramente nos facemos eco de acontecementos deste tipo.

Con todo, si cremos que Eduardo Galeano foi un escritor moi interesante, e por moitos motivos.

Por iso damos publicidade a un sitio de internet, onde se poden descargar legal e gratuitamente varias obras do autor uruguaio.




13/4/15

Os libros de Suso

O pasado 24 de marzo, dentro da Semana Cultural do noso Centro, na Biblioteca rendemos homenaxe a Xesús Fabeiro Gómez.

Suso Fabeiro foi propietario de máis de 5.000 libros que hoxe acollemos na nosa Biblioteca.

Durante o acto o coordinador do Equipo de Biblioteca, Alfonso Blanco, describíu o proceso mediante o cal eses libros chegaron a nós, así como o xeito como foron catalogados e ubicados; pola súa banda, o albacea testamentario de Xesús Fabeiro, Bernardino Fernández Lloréns, falou do seu perfil humano.

Como conmemoración, aquí deixamos unha presentación sobre Suso Fabeiro e os seus libros:

10/4/15

Novidades Abril (II) / Novedades Abril (II)

LIBRO DEL MES
Gracias a las tecnologías de la información y la comunicación, cada vez estamos más interconectados. Este hecho ofrece, como tantos otros, una cara positiva y una negativa. Dentro de esta última, es conveniente conocer los peligros a que nos exponemos a la hora de compartir en el mundo virtual lo que pensamos y creemos.




A fidalguía ou baixa nobreza ten xogado un papel importante na Historia de Galicia, e a súa acción foi fundamental á hora de conformar a nosa paisaxe social. Este libro describe as estratexias que tal clase social levou a cabo para manter a súa preeminencia, xeración tras xeración, durante a Idade Moderna (séculos XVI a XVIII).

Novidades Abril (I) / Novedades Abril (I)

 


Nos últimos anos vense prestando atención a este eido do noso patrimonio arqueolóxico. Na nosa bisbarra contamos con varios lugares nos que se poden ver petroglifos. Razón de máis, polo tanto, para botar unha ollada a este breviario sobre o tema, que nos fala de onde están, como son, e de cando son, entre outras cousas.





 
El ser humano ha transformado el paisaje del planeta. Una de las formas en que lo ha hecho ha sido mediante la práctica del arte de la Arquitectura. En este atlas podemos pasear la vista por múltiples edificios y técnicas a lo largo del espacio y el tiempo. Además, se incluye un repaso histórico y un glosario de términos técnicos.