24/2/15

Falardlibros (I): Oliver Sacks e "El tío Tungsteno"

O vindeiro venres inauguramos unha nova actividade na nosa Biblioteca.

Chamámoslle FALARDLIBROS

Con ela queremos invitar a calquera membro da nosa Comunidade Educativa a que veña nun recreo (de 10,10 a 10,30 e de 12,10 a 12,30, de luns a venres), a falarnos dun libro que fose especial para el como persoa, e que por iso considera recomendable para os demais. Se o libro en cuestión está xa nos fondos da Biblioteca, mellor que mellor; en caso contrario, será adquirido con anterioridade á charla, para que todos podamos disfrutar del.

O primeiro en abrirnos esta porta cultural será Antón Díaz Blanco, profesor de Tecnoloxía do noso Centro, que nos falará sobre El tío Tungsteno, do médico e escritor estadounidense Oliver Sacks.

Quedades convidados.


11/2/15

Fotos da entrega de agasallos da VII Recollida de Nanocontos

O mércores pasado fixemos entrega dos agasallos ós catro premiados da VII Recollida de Nanocontos, en cada unha das súas dúas categorías.

O Equipo de Biblioteca quere agradecer a participación neste certame de todos os rapaces que así o fixeron. Tamén estamos moi agradecidos pola asistencia ó acto, tanto de alumnos como de profesores. Levamos sete anos consecutivos con esta iniciativa, e a resposta obtida ó longo de todo este tempo anímanos a continuar nos vindeiros cursos.

Como testemuño do acto, aquí vos deixamos unha pequena presentación con algunhas das fotografías que se tiraron (graciñas a Chus e Chindo).


10/2/15

Presentacións nos recreos: Nanocontos premiados

Esta semana e os dous días lectivos da vindeira, durante os recreos da nosa Biblioteca, proxectaremos unha presentación na que se poden ver os catro relatos premiados na VII Recollida de Nanocontos.

Próximamente subiremos a este blog unhas fotos do acto de entrega de agasallos, que tivo lugar, como estaba anunciado, o pasado mércores día 4.

Velaquí os Nanocontos:


2/2/15

Novidades Febreiro (II) / Novedades Febrero (II)

LIBRO DEL MES
Es el primer volumen de una colección dedicada a los cuentos de Oscar Wilde, uno de los escritores más imaginativos e ingeniosos en lengua inglesa, ilustrado por P. Craig Russell. El gigante egoísta es una emocionada defensa de la infancia, mientras que El niño de las estrellas representa las dificultades de un niño para formar su personalidad.

A relixión é un feito indisociable da realidade humana. O intento por comprender a propia existencia e a do que nos arrodea levou a moitas civilizacións a atopar explicacións no sobrenatural. Este breviario ofrece un útil repaso ás relixións máis importantes da actualidade, desde o punto de vista do número de seguidores que teñen.

Novidades Febreiro (I) / Novedades Febrero (I)

 

Vivimos nunha bisbarra mariña e mariñeira. Por iso a variante do idioma galego que empregamos está chea de referencias ó mar. Así, un libro como este debería resultar atractivo para as persoas interesadas nese eido. Aínda sendo un dicionario -e polo tanto, pensado para consulta-, resulta atractivo como lectura convencional.








¿Derrotar vampiros con ecuaciones? ¿Destruir asteroides con la Geometría? Este libro ofrece un acercamiento ameno y divertido a las Matemáticas. Sean Connolly presenta 24 desafíos para mentes ávidas de resolver misterios y acertijos. Para ello solo serán necesarias herramientas matemáticas fundamentales.