30/9/14

Novidades Outubro / Novedades Octubre (II)

 LIBRO DEL MES

Henning Mankell ha convertido al inspector Kurt Wallander en una referencia imprescindible de la novela policíaca actual. En este caso, cuando Wallander ya se considera retirado de su actividad como investigador, se tropieza con un caso que podría cambiar la versión oficial de la historia de Suecia desde la II Guerra Mundial.

 




El Patito Editorial, a través da traducción ó galego de Isabel Soto, achéganos este comic de Carlos Giménez, ambientado no Madrid sitiado polas tropas rebeldes do xeneral Franco durante a Guerra Civil. O autor válese de feitos reais para debuxar un cadro, por veces arrepiante, da vida dunha gran cidade en guerra.

Novidades Outubro / Novelties for October (I)



Surely you are aware of the importance of English in today’s world. Our Library wants to help you advance your knowledge of this language. Víctor is a course that contains 40 lessons in traditional, written format, 10 DVDs and 6 Cds. It’s a very comprehensive English course. Progressive, entertaining, useful: you have no excuse.








Nila é unha adolescente que vive instalada na inestabilidade emocional. Certo día, compra un diccionario de latín de segunda man e, despois de ler a enorme cantidade de anotacións que nel se atopan, a súa mente adquire unha obsesión por atopar á anterior propietaria do libro. Un inquietante relato de Carmen Gómez Ojea.

25/9/14

Inicio do Curso 2014-15

Comezamos un novo curso académico, e nunhas condicións que non variaron respecto do anterior: seguimos a ser moi poucos no Equipo de Biblioteca, e  con moi poucas horas para dedicarlle.

A Administración educativa galega segue sen poñerse de acordo consigo mesma: por unha banda recurta persoal, e por outra emite ordes que pretenden fomentar e abeirar o traballo que desde as Bibliotecas Escolares se fai en beneficio da Comunidade Educativa.

Así as cousas, e igual que o curso pasado, faremos o que poidamos, que forzosamente será pouco. Dedicaremos o pouco tempo que temos, en primeiro lugar, á xestión de fondos e préstamo. Intentaremos que as actividades dinamizadoras pasen a un segundo plano, e non a un terceiro ou un cuarto, ou mesmo que aparezan esvaídas no horizonte.

Mais non todo van ser queixas nin malos augurios. Contra o final do curso pasado, a nosa compañeira María Mansilla, do Departamento de Lingua e Literatura Galegas, doounos unha cincuentena de libros que enriquecen os fondos da nosa Biblioteca, sobre todo no tocante a clásicos da Literatura Universal.


Graciñas, María. Esperemos que pasen por moitas e boas mans.