24/2/14

Ficcionario Fontexerío (I)

Desde a Biblioteca propoñémosvos un xogo linguístico para estimular a vosa creatividade.

Trátase de crear novas palabras ou de inventar novas definicións para palabras xa existentes. Con elas formaremos un FICCIONARIO, que chamaremos FONTEXERÍO porque vai nacer aquí. Con todo, compartirémolo co mundo a través da rede.

Recolleranse palabras en calquera idioma dos que se imparten no centro.

Para que (se cadra) vos inspire, aquí vos deixamos uns exemplos (que serán proxectados nos recreos da Biblioteca durante esta semana e na vindeira).

19/2/14

Entrega de Agasallos da VI Recollida de Nanocontos (II)

Tal como anunciaramos, hoxe, no 2º recreo, entregamos ós agasallos ós gañadores do VI Concurso de Nanocontos, que convocou a nosa Biblioteca aló polo mes de novembro pasado.

Os alumnos premiados, nas dúas categorías establecidas, foron os seguintes:

1º Premio Categoría A (1º e 2º ESO): Noemí Gutiérrez Ferrer
2º Premio Categoría A (1º e 2º ESO): Tatiana Mouriño Fernández

1º Premio Categoría B (3º e 4ª ESO, BAC, Ciclo e ESA): Aldara Formoso Gómez
2º Premio Categoría B (3º e 4ª ESO, BAC, Ciclo e ESA): Pablo Monteagudo Lago

Os agasallos consistiron, como é previsible nun concurso convocado por unha Biblioteca, en libros.

Próximamente publicaremos neste blog os Nanocontos premiados.

O Equipo de Biblioteca a participación dos rapaces no Concurso así como a asistencia ó acto, do que aquí vos deixamos algunhas fotos:

Entrega de Agasallos da VI Recollida de Nanocontos

13/2/14

Entrega de Agasallos da VI Recollida de Nanocontos

O vindeiro mércores día 19, no 2º recreo, entregaremos os agasallos ós gañadores, segundo a decisión do xurado, da VI Recollida de Nanocontos (relato de menos de 100 palabras) que realizamos entre novembro e decembro do pasado ano 2013.

Aquí vos agardamos.

10/2/14

Novidades Febreiro (II) / Novedades Febrero (II)

LIBRO DO MES

Lois Lowry nárranos nesta novela unha serie de feitos da vida de Annemarie, unha rapaza de dez anos, no contexto da invasión alemana de Dinamarca durante a Segunda Guerra Mundial. Con este trasfondo, a autora aborda temas como a amizade, o sacrificio dos seres humanos diante o perigo e a necesidade de supervivencia.




Las Matemáticas quedan lejos para mucha gente, bien porque ya hace tiempo que no las estudian, bien porque intelectualmente les resultan complicadas, Fernando Corbalán hace en este libro un esfuerzo por acercárnoslas a través de Números, Geometría, Azar y Estadística, Problemas, Curiosidades y Vida cotidiana.

Novidades Febreiro (I) / Novedades Febrero (I)

 
 
El francés Guy de Maupassant escribió, en el siglo XIX, uno de los relatos breves más interesantes y emotivos de la literatura universal: Bola de sebo es la historia, realsta y de gran profundidad psicológica, de una prostituta. En esta edición, además de las 56 páginas de este relato, encontramos otras dos muestras de la maestría del autor.


 



Gretchen é unha rapaza alemana de 14 anos que vive no seo dunha familia de obesos. Un día, a nai toma a decisión de adelgazar e poñerse a traballar. Este camnio provocará tamén unha serie de transformacións na vida de Gretchen, que a obrigarán a afrontar situacións de intransixencia e inxustiza, así como o medo ó cambio.