29/4/13

Aulas en Verso (I)

Mañá, de 11,20 a 12,10, un grupo de alumnos invadirá literariamente as aulas do noso Centro para ler unha serie de poesías escollidas por eles.

Agradecemos desde aquí a todo o profesorado a súa boa disposición cara esta actividade.

Aquí vos deixamos os poemas:



24/4/13

Donación de Mª José Mayo Maneiro no Día do Libro

Non se pode dicir que a nosa Biblioteca teña una gran cantidade de usuarios entre a nosa comunidade educativa que nos amosen amor pola lectura.

Pero hai unha persoa que, desde que chegou ó noso Centro, atopou un dos seus lugares na nosa Biblioteca. Mª José Mayo Maneiro é unha gran lectora, cun ben desenvolvido espírito crítico, e tamén unha boa coñecedora do mundo do libro. Máis dunha conversa con ela nos ten axudado a escoller novas adquisicións para os nosos fondos.

Mª José está a piques de rematar 2º de Bacharelato, e por iso estamos a punto de perdela como alumna. Mais na memoria desta Biblioteca sempre haberá sitio para ela, entre outras cousas polo agasallo que nos fixo onte, Día do Libro (mellor data, imposible): fíxonos entrega de 13 libros, entre os cales, se contan, por exemplo, cinco novelas da saga Xogo de tronos, na súa edición orixinal en inglés.

A esta mostra de agarimo queremos corresponder con esta entrada no blog. Ademais, e como veredes nunha das fotos que incluímos, cada un dos libros doados levará, xunto co número de rexistro correspondente, unha nota co seu nome, para que mesmo quen non a coñece, saiba dela e da súa paixón polos libros e a lectura.

Mª José: quedámosche moi agradecidos e que che vaia sempre moi ben. Lembra: vémonos nos libros


15/4/13

José Luis Sampedro

Durante as vindeiras dúas semanas faremos a nosa pequena homenaxe a José Luis Sampedro, con motivo do seu pasamento.

O Departamento de Economía, dirixido por María José Barco, elaborou unha breve semblanza biográfica, e tamén unha escolma de citas representativas do seu pensamento económico e filosófico. Tamén expoñemos, en lugar preferente, a súa obra El mercado y la globalización.

Aquí vos deixamos os documentos.


8/4/13

Proxeccións nos recreos: A relixiosidade no Neolítico galego

Esta semana, durante os recreos da nosa Biblioteca, proxectaremos a presentación A relixiosidade no Neolítico galego, elaborada polos alumnos de Historia e Cultura das Relixións (2º ESO), baixo a dirección do profesor Pepe Cabido.

Aquí a deixamos





2/4/13

Novidades Abril (II) / Novedades Abril (II)

LIBRO DO MES

Domingo Villar fixo nacer para a ficción ó inspector Leo Caldas con esta novela negra en galego que se converteu nun éxito de ventas. Combina unha intriga policíaca clásica con elementos da paisaxe e a paisanaxe da nosa terra. Publicada por primeira vez en 2006, nós facémonos, por fin, coa 10ª edición dunha obra traducida a varias linguas

Novidades Abril (I) / Novedades Abril (I)


 

El siglo XX fue muy abundante en acontecimientos trágicos para la especie humana. Pero también fue un hervidero de creatividar en muchos campos del saber humano. En este libro nos proponen cien libros para recorrer esos cien años pasados desde la perspectiva de la narrativa infantil y juvenil: una fuente de propuestas. Tenemos que agradecer a Daniel Castreño, del Departamento de Dibujo, esta donación.







A traxedia sufrida por un rapaz de doce anos que perde á súa nai, un trauma que está a piques de rematar coa súa propia vida. Mais unha serie de persoas (seu pai, Lourdes e, sobre todo, Marta), farán que recupere a alegría de vivir. Esta é a experiencia que Isabel-Clara Simó nos narra nesta ficción, que temos traducida do orixinal catalán.







Es considerada la obra que da inicio al liberalismo económico entendido como ideología y como disciplina de conocimiento: defiende que el trabajo es la fuente fundamental de riqueza, y que ésta puede aumentar siempre que se den las condiciones necesarias, centradas en la iniciativa individual como motor del progreso. Para debatir.