21/2/13

Recursos TIC na Aula Virtual do noso Centro


Entre outros materiais, podemos entrar nun curso que nos ensina a facer buscas eficientes na rede. Sen dúbida, este é un dos principais problemas ós que nos enfrontamos cando navegamos polo ciberespacio. Tanto alumnos como profesores debemos coñecer ben este mecanismo de busca de información: os primeiros para seguir un proceso correcto de aprendizaxe, e os segundos para observar ese mesmo proceso e corrixilo cando sexa necesario.

Por iso incorporaremos eses cursos da Aula Virtual á nosa lista permanente de enlaces (á dereita da nosa páxina), e felicitamos ós nosos compañeiros por esa iniciativa.

14/2/13

Videos da entrega dos Agasallos ós Nanocontos

Como anunciabamos, o venres día 1 entregamos os agasallos ós premiados na V Recollida de Nanocontos, que convocamos en novembro pasado.

Aquí vos deixamos uns enlaces a uns cantos vídeos que recolleron o acto. Proximamente colgaremos neste blog os textos premiados nas dúas categorías (1ª Ciclo da ESO por unha banda, e 2º Ciclo da ESO, Bacharelato, Ciclos e Adultos pola outra).

Vídeo 01
Vídeo 02
Vídeo 03
Vídeo 04
Vídeo 05
Vídeo 06
Vídeo 07

4/2/13

Novidades Febreiro / Novedades Febrero (II)

LIBRO DO MES


Antonio Tabucchi cóntanos a traxedia dun periodista que vive na Lisboa de 1938, dominada polo ambiente fascista. A súa vida tranquila vese alterada pola aparición duns personaxes comprometidos politicamente e que fan espertar el sentimentos e paixóns que non cría poder experimentar. E sempre o fai afirmando


Novidades Febreiro / Novedades Febrero (I)

 

A narración detectivesca resulta atractiva para multitude de lectores. Dentro desta clave, J. A. Xesteira dirixe o seu relato cara o territorio da novela negra: asasinatos, personaxes ambiciosos e dominados polas súas paixóns, negocios turbios... Todo co pano de fondo dunha cidade galega na beiramar







 

La Historia del Arte es un campo enormemente amplio, como saben los estudiantes de 2º de Bachillerato. Quizás en este libro, abundantemente ilustrado, puedan encontrar las claves básicas de la materia, y así poder lograr una cómoda visión de conjunto que les sirva de ayuda. En todo caso, es un libro para que la vista y la mente disfruten






Llevada a la televisión y al cine, esta novela de John Le Carré está considerada como una de las cumbres del género del espionaje. Ambientada en la época de la Guerra Fría entre el Bloque Occidental y el Soviético, narra con gran frialdad las dificultades de los Servicios de Inteligencia británicos para descubrir a un agente doble