30/1/13

Entrega de agasallos da V Recollida de Nanocontos

Pasado mañá, venres día 1 de febreiro, celebraremos na nosa Biblioteca o acto de entrega de agasallos ós mellores Nanocontos da V Recollida, correspondente a este curso 2012-13.

Como lembraredes, o concurso estivo aberto ó longo do pasado mes de novembro. Despois da deliberación do xurado, xa temos os dous gañadores en cada categoría (1º Ciclo da ESO por unha banda, e 2º Ciclo da ESO, Bacharelato e Adultos pola outra).

Quedades todos convidados a asistir


28/1/13

Concurso sobre "Les Misérables"

Aproveitando a visita que a pasada semana fixeron os alumnos e alumnas de 3º e 4º da ESO e de 1º de BAC a Santiago, para asistir á representación da obra teatral “Les Misérables”, o Departamento de Francés en colaboración coa Biblioteca organiza un concurso de preguntas sobre a mesma.

Trátase de respostar a una serie de cuestións relacionadas coa obra, o seu autor e época…


O alumnado deberá coller dos diferentes taboeiros do Centro, ou na Biblioteca, unha ficha coas cuestións; logo de cubrila, sen olvidar poner nome e grupo, deberá depositala na Caixa que se atopa no corredor central da Biblioteca. Nun prazo aproximado de dúas semanas, establecerase un recreo para a ENTREGA DE AGASALLOS (habrerá tres premios)

14/1/13

Presentacións nos recreos: Historias da mitoloxía e a lingua gregas

Durante esta semana, nos recreos da nosa Biblioteca, proxectaremos unha presentación sobre algunhas historias da mitoloxía e a lingua gregas, elaborada polos alumnos de Historia e Cultura das Relixións (2º ESO B) baixo a dirección do profesor Pepe Cabido.

Quedades todos convidados a vila ver, e lembrámosvos que na Biblioteca estamos sempre abertos a proxectar e expoñer os traballos que resultan das actividades que se realizan nas diferentes materias que se imparten no noso Centro.
Aquí vola deixamos:


9/1/13

Libro del Mes

LIBRO DEL MES





El argumento ha sido muy utilizado: un niño que se cría sin madre, solo con su padre, un alcohólico. En estas condiciones, Joel conocerá el amor y el odio en su tránsito a la adolescencia. Y Henning Mankell nos lo cuenta de la manera más difícil: sin sentimentalismo, pero con un sentimiento que es imposible no compartir. Gracias a Daniel Castreño, del Departamento de Dibujo, por la recomendación.

Novidades Xaneiro / Novidades Enero

 

Antón Cortizas escolle o xénero da novela romántica para narrar as lembranzas de Pedro, un rapaz namorado de Xulia, coa que viaxa a Estocolmo para que ela se someta a unha operación co fin de recuperar a vista. Amor e misterio combínanse neste relato que abrangue un período de catorce días moi intensos.





 
Llegan a nuestra Biblioteca dos diccionarios de Geografía Física y Humana, editados por Alianza. Cualquier obra de este tipo es una herramienta siempre útil, y además los diccionarios temáticos tienen el añadido de solucionar rápidamente dudas concretas. Esperamos que os sean útiles para vuestro trabajo diario.







Como é sabido, o celtismo tivo un importante papel na construcción cultural e ideolóxica dos galeguistas do s. XIX e primeiras décadas do XX. É un exercicio útil revisar os mitos, e dentro dese contexto Marcel Brasseur analiza unha faceta importante na vida dos antigos celtas: a súa forma de facer a guerra a propios e estranxeiros.