2/12/13

Novidades Decembro (II) / Novedades Diciembre (II)

LIBRO DO MES

Primeira parte da chamada “triloxía dos seres inexistentes”, O barón rampante é unha fermosa novela de autoafirmación da personalidade: o seu protagonista, Cosimo de Rondò, decide vivir nas ramas das árbores, desde onde terá unha nova perspectiva sobre si mesmo e sobre os demais, nos tempos da campaña napoleónica no norte de Italia.

Aunque los hechos históricos no se explican únicamente por la intervención de personas individuales, hay ocasiones en las que una figura concreta es capaz de marcar una época, influyendo sobre amplios colectivos. En este libro se tratan, con textos breves y abundantes ilustraciones, 10 líderes de importancia mundial durante el siglo XX.


Novidades Decembro (I) / Novedades Diciembre (I)

 

¿Qué ocurrió en la Primera Edad? O, lo que es lo mismo: ¿qué sucedió en el Universo Tolkien antes de El Señor de los Anillos? La respuesta se encuentra en este libro, concebido por su autor mucho antes de la trilogía que le dio fama, pero que no se decidió a desarrollar por completo y publicar hasta después de ella.








A Economía, tal como é tratada nos medios de comunicación, parece moitas veces unha disciplina próxima ás ciencias ocultas, pero é un factor que afecta de xeito decisivo ás nosas vidas. Nesta obra, Belén Fernández-Feijóo fainos tomar conciencia da influencia real da actividade económica sobre nós, que tamén facemos Economía

20/11/13

Presentacións nos recreos: O asasinato de John Fitzgerald Kennedy

A partir de mañá venres, con motivo do 50º aniversario do asasinato do Presidente dos EE.UU. John Fitzgerald Kennedy, durante os recreos da Biblioteca, proxectaremos unha presentación na que se analizan as circunstancias do magnicidio.

Durante a semana vindeira proxectaremos tamén un breve documental sobre o testemuño gráfico máis famoso do feito: a película tomada por Abraham Zapruder

Como sempre, estades todos convidados a vir vela; para os que non se acheguen, aquí a deixamos:



11/11/13

Presentacións nos recreos: René Maltête

Esta semana e máis a vindeira, nos recreos da nosa Biblioteca, proxectaremos unha presentación sobre o traballo do fotógrafo francés René Maltête.

Quedades todos convidados a vir vela. Para os que non asistan, aquí vola deixamos:


6/11/13

6ª Recollida de Nanocontos (I)

Por sexto ano consecutivo, desde a Biblioteca convocamos o concurso de relato breve (ou Nanoconto, como nos gusta chamarlle).

Nesta ocasión modificamos un chisco as condicións de participación, para que os aspirantes ós dous agasallos que ofrecemos en cada categoría teñan que darlle un pequeno pulo á súa imaxinación.

O prazo para presentar os Nanocontos remata o 5 do vindeiro mes de decembro.

Para depositalos hai dúas caixas na Biblioteca.

A ESCRIBIR!


5/11/13

Novidades Novembro (II) / Novedades Noviembre (II)

LIBRO DEL MES
Un libro, no para leer, sino para experimentar con nuestra vista. En él se ofrecen una serie de grandes láminas que nos permiten desarrollar la capacidad de transformar dos dimensiones en tres, sin necesidad de gafas especiales. Se necesita cierta técnica, pero Bodhan, el autor, la explica claramente en la introducción.


Varios autores e ilustradores cítanse neste libro para contarnos unha serie de historias protagonizadas por seres máxicos que poboan os relatos tradicionais galegos: mouros, ananos, xente cativa, pazos soterrados, silveiras, carballeiras... Todo un mundo cheo de herbas poderosas, receitas miragreiras e trasnadas varias.

Novidades Novembro (I) / Novedades Noviembre (I)

 


Hai abondosos estudios sobre Galicia desde o punto de vista etnográfico. Pero sempre é necesario ter unha ferramenta que resuma todo ese saber para facilitarnos a entrada nun mundo que, a forza de ser moi noso, para moita xente é ben descoñecido. Xosé Ramón Mariño Ferro e Xosé Manuel González Reboredo cumpriron ese necesario labor.






 

Esta es la segunda novela en la que Eduardo Mendoza trabaja su famoso personaje del detective anónimo (e imposible) que, contra su voluntad (como siempre la pasa), se ve envuelto en una trama delictiva que, a pesar de su absurdo modo de actuar, consigue resolver. Literatura para sonreír, reírse y hasta desternillarse.

1/10/13

Novidades Outubro / Novedades Octubre (II)

LIBRO DO MES

Esta é a segunda entrega das aventuras do inspector Leo Caldas, xa famoso en Galicia desde a súa aparición en Ollos de auga. Domingo Villar continúa con este libro a súa contribución a construír en galego (e con ambiente galego) un dos xéneros máis queridos polos lectores de todo o mundo desde a súa aparición no s. XX: a novela negra.



 

Henning Mankell, siguiendo una gran tradición de la novela policíaca, ha creado un personaje que le ha dado mucho rendimiento: el inspector Kurt Wallander. En esta ocasión, el protagonista se hará cargo de una investigación del suicidio, quemándose a lo bonzo, de una joven extranjera en la provincia sueca de Escania.

Novidades Outubro / Novedades Octubre (I)

 

Segundo algúns críticos trátase do mellor texto dramático do Mestre. O argumento xira arredor das escavacións levadas a cabo na Catedral de Santiago durante o arcebispado do Cardeal Payá e Rico, entre 1878 e 1879, para recuperar as cinzas do Apóstolo. A obra foi distinguida co primeiro premio do certame Camiño de Santiago de Teatro Profesional (1994).








La Arquitectura es un arte en el que la capacidad humana ha alcanzado logros impresionantes. Este libro ofrece explicaciones breves y concisas que permiten comprender sus elementos y cómo se han ido desarrollando, exponiendo los diferentes estilos y escuelas por orden cronológico. Para disfrutar y aprender.

26/9/13

Reinicio da actividade

Ola de novo.

Un curso máis, reiniciamos a actividade da nosa Biblioteca e tamén do noso blog. Xa sabedes: nel informamos de novidades librarias e culturais en xeral, e tamén das actividades que levamos a cabo.

Nesta ocasión terémolo máis complicado: malia que a Consellería de Educación enviou unhas instruccións a todos os centros para potenciar ás Bibliotecas e os seus equipos, a mesma Administración, coas minguas de persoal que pon en práctica, fai imposible o cumprimento das súas propias disposicións.

O Equipo de Biblioteca do noso Centro víuse reducido en membros (que eran ademais xente que levaba xa anos traballando e que tiña unha certa dinámica) e en horas, polo que difícilmente poderemos facer demasiadas cousas aparte da xestión (catalogación, préstamo, mantemento do ambiente de estudio...).

Isto, máis alá dunha protesta (que o é), é unha constatación dun feito. Lamentablemente, non parece que lle importe a demasiada xente.

Por todo isto, faremos o que poidamos, que será menos do que nos gustaría. É o que hai

18/6/13

Recomendacións de lectura para o verán

Velaquí vos deixamos as nosas recomendacións de lectura para este verán que está a piques de comezar (polo menos así o di o calendario).



Desexámosvos un feliz fin de curso e un verán cheo de experiencias agradables e interesantes... e non esquezades LER

4/6/13

Novidades Xuño (II) / Novedades Junio (II)



LIBRO DEL MES
Maus fue, desde el mismo momento de su publicación, un gran éxito de ventas. Y es uno de esos casos en los que el público y la crítica están plenamente de acuerdo. La visión que Spiegelman nos da del holocausto judío, recurriendo a recuerdos familiares, es aterradora, y más si cabe, por emplear el conocido tópico de los perros y los ratones.

Calquera idioma necesita, para o seu pleno desenvolvemento, ferramentas que axuden ós seus usuarios, e sobre todo nos campos máis técnicos, dos que a lingua galega estivo demasiado tempo ausente. Por iso este diccionario, elaborado por Felipe Arias Vilas e Ana Romero Masiá, constitúe unha importante contribución.

Novidades Xuño (I) / Novedades Junio (I)



O castro de Viladonga é un dos xacementos arqueolóxicos máis importantes de Galicia e unha importantísima fonte de coñecemento dos costumes da poboación do noroeste peninsular na época na que os romanos ocuparon e administraron este territorio. Por iso o visionado deste DVD (e a visita ó castro) é moi recomendable.






En este libro se describe, con ironía y buen humor, una situación triste: la de la mujer en la sociedad española durante el franquismo, una época en la que la subordinación de las mujeres a los intereses del varón era casi absoluta. Un estereotipo, el de la mujer sumisa y a merced de la voluntad masculina, que aún es necesario combatir.

9/5/13

Letras Galegas: Roberto Vidal Bolaño

Desde mañá venres, e ata o xoves da vindeira semana, nos recreos da nosa Biblioteca proxectaremos unha presentación homenaxe á figura de Roberto Vidal Bolaño, a quen se dedica este ano o Día das Letras Galegas.

Aquí vola deixamos:


Roberto Vidal Bolaño from fontexeriabib

Ademais, expoñeremos en lugar preferente varios exemplares das súas obras

6/5/13

Novidades Maio (II) / Novedades Mayo (II)

 LIBRO DO MES


Miguelanxo Prado fainos o agasallo dunha nova novela gráfica do xénero fantástico no que se abre unha fiestra a varios ambientes: o rural galego, as viaxes por mar, o mundo da emigración, o territorio da ancianidade... Paseniñamente vai tomando forma unha intriga na que as fronteiras entre o real e o irreal non están claras.

Para muchos, la escuela es un lugar donde, más allá de proporcionar instrucción sobre campos concretos del saber, se trata de construir ciudadanos conscientes y responsables. Esa misión que nos autoimponemos los docentes es difícil, por lo que la lectura de este libro puede darnos alguna pauta para reenfocar, quizás, nuestra profesión.

Novidades Maio (I) / Novedades Mayo (I)

 


Neste mes das nosas letras, incluímos unha das obras de Roberto Vidal Bolaño. Comeza coa investigación, por un suposto xornalista, dunha morte acontecida dous anos atrás; inclúese un flashback no que alguén nos vai contar o que pasou e por que pasou. Se fose unha novela, sería do xénero negro; mais é teatro, teatro galego do bo.







Las circunstancias actuales del Vaticano han puesto de actualidad la figura de los papas y el mecanismo para su elección. En esta obra, E. R. Chamberlin realiza un recorrido muy ameno por los momentos más convulsos de la historia de los Papas, entre los siglos X y XVI: Médicis, Borgias, Teofilatos... forman un desfile digno de verse.

29/4/13

Aulas en Verso (I)

Mañá, de 11,20 a 12,10, un grupo de alumnos invadirá literariamente as aulas do noso Centro para ler unha serie de poesías escollidas por eles.

Agradecemos desde aquí a todo o profesorado a súa boa disposición cara esta actividade.

Aquí vos deixamos os poemas:



24/4/13

Donación de Mª José Mayo Maneiro no Día do Libro

Non se pode dicir que a nosa Biblioteca teña una gran cantidade de usuarios entre a nosa comunidade educativa que nos amosen amor pola lectura.

Pero hai unha persoa que, desde que chegou ó noso Centro, atopou un dos seus lugares na nosa Biblioteca. Mª José Mayo Maneiro é unha gran lectora, cun ben desenvolvido espírito crítico, e tamén unha boa coñecedora do mundo do libro. Máis dunha conversa con ela nos ten axudado a escoller novas adquisicións para os nosos fondos.

Mª José está a piques de rematar 2º de Bacharelato, e por iso estamos a punto de perdela como alumna. Mais na memoria desta Biblioteca sempre haberá sitio para ela, entre outras cousas polo agasallo que nos fixo onte, Día do Libro (mellor data, imposible): fíxonos entrega de 13 libros, entre os cales, se contan, por exemplo, cinco novelas da saga Xogo de tronos, na súa edición orixinal en inglés.

A esta mostra de agarimo queremos corresponder con esta entrada no blog. Ademais, e como veredes nunha das fotos que incluímos, cada un dos libros doados levará, xunto co número de rexistro correspondente, unha nota co seu nome, para que mesmo quen non a coñece, saiba dela e da súa paixón polos libros e a lectura.

Mª José: quedámosche moi agradecidos e que che vaia sempre moi ben. Lembra: vémonos nos libros


15/4/13

José Luis Sampedro

Durante as vindeiras dúas semanas faremos a nosa pequena homenaxe a José Luis Sampedro, con motivo do seu pasamento.

O Departamento de Economía, dirixido por María José Barco, elaborou unha breve semblanza biográfica, e tamén unha escolma de citas representativas do seu pensamento económico e filosófico. Tamén expoñemos, en lugar preferente, a súa obra El mercado y la globalización.

Aquí vos deixamos os documentos.


8/4/13

Proxeccións nos recreos: A relixiosidade no Neolítico galego

Esta semana, durante os recreos da nosa Biblioteca, proxectaremos a presentación A relixiosidade no Neolítico galego, elaborada polos alumnos de Historia e Cultura das Relixións (2º ESO), baixo a dirección do profesor Pepe Cabido.

Aquí a deixamos





2/4/13

Novidades Abril (II) / Novedades Abril (II)

LIBRO DO MES

Domingo Villar fixo nacer para a ficción ó inspector Leo Caldas con esta novela negra en galego que se converteu nun éxito de ventas. Combina unha intriga policíaca clásica con elementos da paisaxe e a paisanaxe da nosa terra. Publicada por primeira vez en 2006, nós facémonos, por fin, coa 10ª edición dunha obra traducida a varias linguas

Novidades Abril (I) / Novedades Abril (I)


 

El siglo XX fue muy abundante en acontecimientos trágicos para la especie humana. Pero también fue un hervidero de creatividar en muchos campos del saber humano. En este libro nos proponen cien libros para recorrer esos cien años pasados desde la perspectiva de la narrativa infantil y juvenil: una fuente de propuestas. Tenemos que agradecer a Daniel Castreño, del Departamento de Dibujo, esta donación.







A traxedia sufrida por un rapaz de doce anos que perde á súa nai, un trauma que está a piques de rematar coa súa propia vida. Mais unha serie de persoas (seu pai, Lourdes e, sobre todo, Marta), farán que recupere a alegría de vivir. Esta é a experiencia que Isabel-Clara Simó nos narra nesta ficción, que temos traducida do orixinal catalán.







Es considerada la obra que da inicio al liberalismo económico entendido como ideología y como disciplina de conocimiento: defiende que el trabajo es la fuente fundamental de riqueza, y que ésta puede aumentar siempre que se den las condiciones necesarias, centradas en la iniciativa individual como motor del progreso. Para debatir.

1/3/13

Novidades Marzo / Novedades Marzo (II)

LIBRO DEL MES

Si hay alguna novela que cualquier pacifista puede leer para reafirmar sus creencias (y un belicista para cuestionarlas), es esta obra de Dalton Trumbo, estupendo guionista de cine (vetado en la industria estadounidense por sus opiniones políticas). Al lector le recomendamos la película, dirigida por el propio autor

 


Propoñemos a lectura deste clásico da poesía galega do século XX, nunha nova edición, ilustrada polo artista Sucasas. Este poemario de Méndez Ferrín, publicado por primeira vez aló polo ano 1976, artéllase en torno a catro eixos temáticos: o compromiso político, o paso do tempo, o amor e a morte; ningún deles ten perdido actualidade. 

Novidades Marzo / Novedades Marzo (I)

 

Aproveitando a súa recente incorporación á Real Academia Galega da Lingua como quinta muller que ocupa un posto nesa institución, destacamos como novidade esta narración de Fina Casalderrey, ambientada nun entorno que nos é moi próximo: os acontecementos da vida dun rapaz nun Instituto de Secundaria.

 







Aunque es un novelista de larga trayectoria en el género de la narrativa fantástica, George R. R. Martin está siendo conocido por el gran público en los últimos años gracias al éxito de su saga Canción de Hielo y Fuego, popularmente conocida por el título de su primera parte, llevada a la TV, y que ahora llega a nuestra Biblioteca.

21/2/13

Recursos TIC na Aula Virtual do noso Centro


Entre outros materiais, podemos entrar nun curso que nos ensina a facer buscas eficientes na rede. Sen dúbida, este é un dos principais problemas ós que nos enfrontamos cando navegamos polo ciberespacio. Tanto alumnos como profesores debemos coñecer ben este mecanismo de busca de información: os primeiros para seguir un proceso correcto de aprendizaxe, e os segundos para observar ese mesmo proceso e corrixilo cando sexa necesario.

Por iso incorporaremos eses cursos da Aula Virtual á nosa lista permanente de enlaces (á dereita da nosa páxina), e felicitamos ós nosos compañeiros por esa iniciativa.

14/2/13

Videos da entrega dos Agasallos ós Nanocontos

Como anunciabamos, o venres día 1 entregamos os agasallos ós premiados na V Recollida de Nanocontos, que convocamos en novembro pasado.

Aquí vos deixamos uns enlaces a uns cantos vídeos que recolleron o acto. Proximamente colgaremos neste blog os textos premiados nas dúas categorías (1ª Ciclo da ESO por unha banda, e 2º Ciclo da ESO, Bacharelato, Ciclos e Adultos pola outra).

Vídeo 01
Vídeo 02
Vídeo 03
Vídeo 04
Vídeo 05
Vídeo 06
Vídeo 07

4/2/13

Novidades Febreiro / Novedades Febrero (II)

LIBRO DO MES


Antonio Tabucchi cóntanos a traxedia dun periodista que vive na Lisboa de 1938, dominada polo ambiente fascista. A súa vida tranquila vese alterada pola aparición duns personaxes comprometidos politicamente e que fan espertar el sentimentos e paixóns que non cría poder experimentar. E sempre o fai afirmando


Novidades Febreiro / Novedades Febrero (I)

 

A narración detectivesca resulta atractiva para multitude de lectores. Dentro desta clave, J. A. Xesteira dirixe o seu relato cara o territorio da novela negra: asasinatos, personaxes ambiciosos e dominados polas súas paixóns, negocios turbios... Todo co pano de fondo dunha cidade galega na beiramar







 

La Historia del Arte es un campo enormemente amplio, como saben los estudiantes de 2º de Bachillerato. Quizás en este libro, abundantemente ilustrado, puedan encontrar las claves básicas de la materia, y así poder lograr una cómoda visión de conjunto que les sirva de ayuda. En todo caso, es un libro para que la vista y la mente disfruten






Llevada a la televisión y al cine, esta novela de John Le Carré está considerada como una de las cumbres del género del espionaje. Ambientada en la época de la Guerra Fría entre el Bloque Occidental y el Soviético, narra con gran frialdad las dificultades de los Servicios de Inteligencia británicos para descubrir a un agente doble

30/1/13

Entrega de agasallos da V Recollida de Nanocontos

Pasado mañá, venres día 1 de febreiro, celebraremos na nosa Biblioteca o acto de entrega de agasallos ós mellores Nanocontos da V Recollida, correspondente a este curso 2012-13.

Como lembraredes, o concurso estivo aberto ó longo do pasado mes de novembro. Despois da deliberación do xurado, xa temos os dous gañadores en cada categoría (1º Ciclo da ESO por unha banda, e 2º Ciclo da ESO, Bacharelato e Adultos pola outra).

Quedades todos convidados a asistir


28/1/13

Concurso sobre "Les Misérables"

Aproveitando a visita que a pasada semana fixeron os alumnos e alumnas de 3º e 4º da ESO e de 1º de BAC a Santiago, para asistir á representación da obra teatral “Les Misérables”, o Departamento de Francés en colaboración coa Biblioteca organiza un concurso de preguntas sobre a mesma.

Trátase de respostar a una serie de cuestións relacionadas coa obra, o seu autor e época…


O alumnado deberá coller dos diferentes taboeiros do Centro, ou na Biblioteca, unha ficha coas cuestións; logo de cubrila, sen olvidar poner nome e grupo, deberá depositala na Caixa que se atopa no corredor central da Biblioteca. Nun prazo aproximado de dúas semanas, establecerase un recreo para a ENTREGA DE AGASALLOS (habrerá tres premios)

14/1/13

Presentacións nos recreos: Historias da mitoloxía e a lingua gregas

Durante esta semana, nos recreos da nosa Biblioteca, proxectaremos unha presentación sobre algunhas historias da mitoloxía e a lingua gregas, elaborada polos alumnos de Historia e Cultura das Relixións (2º ESO B) baixo a dirección do profesor Pepe Cabido.

Quedades todos convidados a vila ver, e lembrámosvos que na Biblioteca estamos sempre abertos a proxectar e expoñer os traballos que resultan das actividades que se realizan nas diferentes materias que se imparten no noso Centro.
Aquí vola deixamos:


9/1/13

Libro del Mes

LIBRO DEL MES





El argumento ha sido muy utilizado: un niño que se cría sin madre, solo con su padre, un alcohólico. En estas condiciones, Joel conocerá el amor y el odio en su tránsito a la adolescencia. Y Henning Mankell nos lo cuenta de la manera más difícil: sin sentimentalismo, pero con un sentimiento que es imposible no compartir. Gracias a Daniel Castreño, del Departamento de Dibujo, por la recomendación.

Novidades Xaneiro / Novidades Enero

 

Antón Cortizas escolle o xénero da novela romántica para narrar as lembranzas de Pedro, un rapaz namorado de Xulia, coa que viaxa a Estocolmo para que ela se someta a unha operación co fin de recuperar a vista. Amor e misterio combínanse neste relato que abrangue un período de catorce días moi intensos.





 
Llegan a nuestra Biblioteca dos diccionarios de Geografía Física y Humana, editados por Alianza. Cualquier obra de este tipo es una herramienta siempre útil, y además los diccionarios temáticos tienen el añadido de solucionar rápidamente dudas concretas. Esperamos que os sean útiles para vuestro trabajo diario.







Como é sabido, o celtismo tivo un importante papel na construcción cultural e ideolóxica dos galeguistas do s. XIX e primeiras décadas do XX. É un exercicio útil revisar os mitos, e dentro dese contexto Marcel Brasseur analiza unha faceta importante na vida dos antigos celtas: a súa forma de facer a guerra a propios e estranxeiros.