31/10/12

Nanocontos 2012

Una ano máis, recuncamos na convocatoria deste concurso de microrrelatos, que xa vai pola súa 5ª edición.

Velaquí o anuncio:

Próximamente faremos a presentación do caderno coa escolma dos Nanocontos presentados á edición do curso anterior.

28/10/12

Como chegar a Marte

A través deste video podemos comprender doadamente como se realiza unha misión de exploración non tripulada a Marte.

É unha proba máis da capacidade da mente humana para romper barreiras de coñecemento e aplicar o aprendido ó desenvolvemento tecnolóxico.

Agardamos que o disfrutedes.

18/10/12

Lecturas recomendadas polo Departamento de Economía


O Departamento de Economía do noso Centro achéganos a súa lista de lecturas recomendadas, entre as que se inclúen libros, revistas e enlaces.
Entre os libros aparecen o comic Obélix y Compañía (da serie Astérix) ou, o xa clásico en España, El mercado y la globalización, de José Luis Sampedro. E algunhas das webs que se ofrecen ofrecen artigos dos Premios Nobel de Economía Paul Krugman e Joseph E. Stiglitz, xunto con enlaces ás páxinas de revistas como Emprendedores, Cinco Días ou Expansión.

Están dispoñibles aquí:

Agardamos que sigades algunha ou algunhas destas recomendacións. Desde agora, esta entrada do blog queda incorporada á nosa lista de enlaces (á dereita da páxina).

5/10/12

Presentacións nos recreos: The Beatles

Nas dúas semanas vindeiras, nos recreos da nosa Biblioteca, proxectaremos unha presentación audiovisual sobre a traxectoria da banda británica The Beatles, con motivo de cumprirse, hoxe venres día 5 de outubro, 50 anos da publicación do seu primeiro single, Love Me Do.

Por suposto, tamén escoitaremos a canción.

Quedades todos convidados a ir, e aquí vos deixamos a presentación:

1/10/12

Libro do Mes (Outubro)

Neste conxunto de narrativa breve, Ánxel Fole presenta a xeografía dos lugares de montaña nos que viviu, así como os traballos, costumes, diversións, etc. dos seus habitantes a mediados do século XX. Os contos de Fole caracterízanse polo seu humor e polos temas esotéricos e misteriosos, ó xeito da narrativa oral tradicional galega.

Novidades Outubro / Novedades Octubre



En 1995 unha iniciativa conxunta de Caixa Galicia, a Xunta de Galicia e Renfe deu en publicar un volume de relatos curtos. Neste que vos ofrecemos atópanse tres deles, por Darío Xohán Cabana (O mestre de Silvarrei), Marilar Aleixandre (A verdadeira historia do rato de biblioteca, moi acaído) e X. Antonio Neira Cruz (Castelao no mar do tempo).


 


Un clásico inevitable del s. XIX, llevado al cine en varias ocasiones. Una novela que lo tiene todo para atraparnos: el trasfondo de un París casi gótico, amores contrariados y dolorosos, desprecios injustos, misterios que poco a poco van conociendo los personajes y el lector... Y supone el registro nº 10.000 de nuestra Biblioteca.






Parsua Bashi escribe y dibuja su autobiografía, muy en la línea de la serie Persépolis, de Marjane Satrapi. Inmigrante iraní en Suiza, nos cuenta su aventura vital en la que ha sido simpatizante comunista, madre privada de una hija, estudiante de arte y mujer divorciada en un entorno islámico. Como lo ha vivido nos lo cuenta.