28/9/12

Nova benvida

Xa rematou o verán, xa comezou o novo curso 2012-13 e... aquí estamos de novo.

Este curso vainos custar máis esforzo manter o ritmo de actividades, porque dispoñemos de menos persoal e menos horas dedicadas, pero cremos que paga a pena seguir a intentalo.

Repetiremos iniciativas de cursos anteriores que funcionaron, e tamén andamos a cavilar en novas propostas.

De todo teredes información puntual sempre neste blog.

A LER, A LER, A LER... E A LER MÁIS