22/3/12

Exposición: "Os libros máis..."



Hoxe, 23 de marzo, principia a XXIII Semana Cultural do noso Centro, e a Biblioteca contribúe ás actividades cunha exposición que titulamos Os libros máis.... Trátase dunha serie de volumes que destacamos por algunha característica moi marcada: o libro máis alto, o máis groso, o máis lido...

Ó tempo, proxectarase a presentación Os libros máis caros, na que se amosan as tasacións máis altas que certos libros teñen alcanzado. Aquí vola deixamos, non sen convidarvos a pasar pola Biblioteca e botar unha ollada ás nosas dúas propostas:

19/3/12

A Escala do Universo


Esta é unha fantástica ferramenta para comprender e explicar os tamaños relativos dos elementos que compoñen o noso Universo.

Para velo, debedes facer click no enlace inferior. Logo de agardar un chisco a que a páxina cargue, teredes que mover a barra inferior de esquerda a dereita, e pasaredes, pouco a pouco, da espuma cuántica e a lonxitude de Planck (10 elevado a -35 m) ó tamaño máximo estimado do Universo (93.000 millóns de anos-luz). Ou sexa: o micro e o macro nuns poucos centímetros cadrados de monitor.

8/3/12

The Fantastic Flying Books of Mr. Morris Lessmore


Buster Keaton, o Mago de Oz e un atronador amor polos libros son o fío conductor desta curtametraxe de animación gañadora do Oscar de Hollywood. Preciosa, tanto para os creadores de historias como para os que só as consumen.

The Fantastic Flying Books of Mr. Morris Lessmore



5/3/12

LIBRO DEL MES

Haruki Murakami, probablemente el escritor japonés más leído en Occidente, ha alcanzado un gran éxito con esta novela, dividida en 3 libros y 2 volúmenes en su traducción al castellano. Se trata, podríamos decir, de narrativa fantástica tremendamente realista, con unos personajes de una extrañez irresistible.





Pancho Villa é un dos personaxes centrais desta novela de Marcos Calveiro, que constitúe unha aposta pola narrativa histórica. Nela sabemos das aventuras de Rafael, un rapaz que decide unirse á Revolución Mexicana, ó tempo que participa nunha rodaxe cinematográfica a cargo do director estadounidense Raoul Walsh.


Novidades Marzo (I) / Novedades Marzo (I)




A igualdade entre os dous sexos pasa por compartir labores que ata hai ben pouco estaban claramente asignados a un dos dous. Neste libro os homes poderán aprender a asumir roles diferentes dos tradicionalmente asociados ó sexo masculino, nomeadamente os relacionados coas responsabilidades do fogar.










No siempre nos acercamos al sexo con la apertura de mente que sería deseable y conveniente. Este libro habla de sexo sin ningún tipo de complejos ni tabúes, con el fin de enseñar a disfrutar de una sexualidad plena. Está dirigido al público adolescente, pero todos podemos aprender algo de lo que nos dicen sus páginas.